DescargaMedios

Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

A Fundación para as Relacións Internacionais e o Diálogo Exterior (FRIDE) celebrou na Casa de Galicia en Madrid a conferencia "O futuro incerto de Ucraína"

Os seus destacados relatores analizaron a situación en Ucraína, os seus desenvolvementos futuros e as implicacións para a Unión Europea
Madrid, 8 de abril de 2014.

A Fundación para as Relacións Internacionais e o Diálogo Exterior (FRIDE) celebrou hoxe na delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia a conferencia "O futuro incerto de Ucraína" na que os seus destacados relatores analizaron a situación de Ucraína, os seus posibles desenvolvementos futuros e as implicacións para a Unión Europea e os seus estados membros, especialmente España.

O delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, dió a benvida á Casa aos organizadores e participantes na conferencia, resaltando o valor da democracia e a política fronte ás armas. "Nesta Casa, a democracia florece, o diálogo frutífera e o contraste de pareceres ten a súa sede", asegurounos Ónega aos participantes. Máis tarde recibiu o vicepresidente de FRIDE, José Manuel Romero Moreno,conde de Fontao, que tamén estivo na conferencia.

Na conferencia, que se desenvolveu integramente en inglés, interviñeron como relatores Jos Boonstra, responsable de Europa do Leste e Asia Central de FRIDE; Oleksiy Haran, profesor da Universidade Nacional de Kiev-Mohyla Academia; Olga Dukhnich, profesora asociada na Universidade Taurida National V.I. Vernandski, Simferópol; Oleksandr Sushko, director de investigación do Institute for Euro-Atlantic co-operation, Kiev; Richard Youngs, investigador senior asociado en Carnegie Europe, Bruxelas; e Giovanni Grevi, director de FRIDE, que inaugurou o acto e respondeu ás palabras de benvida de Ónega.

Nela participaron ao redor de corenta persoas, entre elas os embaixadores de Letonia e Lituania, Janis Eichmanis e Audra Plepyte Jara, respectivamente; dous analistas ucraínos que viñeron a Madrid financiados pola Fundación Soros, especialistas europeos e españois, prensa especializada, representantes de embaixadas e académicos.

A revolución en Ucraína e a anexión de Crimea por parte de Rusia están a redeseñar o mapa político de Europa do Leste. Agora, segundo os relatores da conferencia, Ucraína debe levar a cabo unha serie de reformas estruturais, construír institucións responsables e sentar as bases necesarias para o crecemento económico. O éxito deste proceso será clave para o futuro do país e da rexión, auguraron.

FRIDE é un think tank europeo para a acción global, que proporciona ideas e análise sobre a principais cuestións das relacións internacionais. O seu obxectivo é influír nas políticas e prácticas públicas co fin de asegurar un papel máis eficaz da Unión Europea no seu apoio ao multilateralidmo, os valores democráticos, a seguridade e o desenvolvemento sostible.

O seu Padroado está composto por Diego Hidalgo, fundador e presidente honorario; Pedro Solbes, presidente; José Manuel Romero, vicepresidente; Benita Ferrero-Waldner; Silvia Hidalgo, Ana Palacio; Simon Maxwell, Jean-Fraçois Rischard e Belén Galindo, secretaria.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes