"Construíndo relacións comerciais e investimentos con Tunes", por Wacef Chiha

A conferencia do embaixador tunisiano inaugura na Casa de Galicia o ciclo organizado pola Asociación de Empresarios Galegos en Madrid (AEGAMA) co que desexan establecer contactos con diversos países
Madrid, 18 de setembro de 2018

A Delegación da Xunta en Madrid/ Casa de Galicia acolleu esta tarde o relatorio "Construíndo relacións comerciais e investimentos con Tunes" que pronunciou o embaixador de Tunes no Reino de España, Wacef Chiha, primeira do ciclo organizado pola Asociación de Empresarios Galegos en Madrid, (AEGAMA) e cuxo obxectivo é profundar no coñecemento de diferentes países e propiciar contactos e relacións comerciais cos seus socios. Preto de medio centenar de asociados achegáronse á Casa para coñecer máis sobre Tunes.

A presentación da conferencia inaugural correu a cargo do delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega e nela interviñeron: o presidente de AEGAMA, Julio Lage; a responsable de comunicación e redes sociais de AEGAMA, Isabel Noriega; o embaixador tunisiano, Wacef Chiha; e o enxeñeiro e director da FIPA, axencia tunisiana con oficina en España de promoción do investimento exterior, Ibrahim Medini.

Ónega deu a benvida á Casa tanto aos integrantes da mesa como aos asistentes e desexou nas súas palabras unha frutífera tarde. "Sentar como no seu cas e que sexa unha sesión chea de éxitos", dixo.

Para Julio Lage "esta é unha oportunidade para que as empresas dos nosos socios, que abarcan múltiples sectores, e poden establecer diversas lineas de negocio". Engadiu ademais que "xa hai unhas cantas empresas galegas instaladas en Tunes polo que o embrión xa está en marcha".

Pola súa banda, a responsable medios de Aegama, Isabel Noriega, fixo a presentación do embaixador, que leva en España desde 2015 e desempeñou con anterioridade responsabilidades diplomáticas en Berlín e París, onde foi delegado permanente da Unesco durante cinco anos.

Wacef Chiha fixo unha exposición da situación actual do país que ha experimentando un importante auxe os últimos anos. "O novo modelo quere ser máis competitivo e exclusivo". Ademais do turismo, que aumentou un 23% no último ano e cuxas previsións son de que supere os 10 millóns (case a súa poboación) en 2020, están as exportacións que supoñen o 40% do PIB, fronte a só o 7% do turismo. Destaca polas súas exportacións en industria, compoñentes de automóbiles, aeronáuticos, produtos farmacéuticos, químicos, téxtiles, e enerxías, especialmente nas renovables. España é o 4º cliente de Tunes e 5º provedor.

Ibrahim Medini proxectou un audiovisual "Novo Tunes. Nova visión económica" con numerosos datos que deixaron patente o despegamento económico do país elixido para instalarse por 3500 empresas estranxeiras das cales só 64 son españolas. "Dado que é unha HUB rexional con acordos de libre comercio coa Unión Europea é un lugar cunhas condicións moi vantaxosas para os investidores", dixo Medini e mostrou exemplos de diversos sectores, coas vantaxes comparativas dos investimentos, as oportunidades e as actividades prometedoras. Especial fincapé fixo sobre, a nova lei de investimentos e os incentivos para os investidores estranxeiros xa que supón "moitas facilidades e grandes vantaxes" para quen decida facelo en Tunes.

Para finalizar serviuse un viño, tempo de networking, reservado para as presentacións, coñecerse, intercambiar impresións e cartóns, primeiro paso para calquera negocio.

Algúns datos do país: Tunes, aínda que árabe, posúe unha sociedade aberta e moderna, e está considerado como un dos poucos países árabes cunha democracia consolidada e a Constitución máis avanzada (aprobada en 2014). Durante moito tempo, foi un lugar elixido para viaxar polos europeos. Lvos 1300 km de costa dos cales a metade son praias, os museos, as medinas, a tradición artesá ou a gastronomía son razóns de peso para iso. O aspecto da seguridade cínguese ás fronteiras con Libia e Alxeria. Ten 160 mil quilómetros cadrados, -deles o 40% son deserto-, con 11 de millóns de personas. A súa economía diversificada e orientada para o mercado foi citada como un exemplo de éxito en África e no Oriente Medio. A consolidación da súa estabilidade política dentro do marco democrático xurdido tras a revolución do 2011, posicionan a Tunes como un país referente no Norte de África.

 

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes