DescargaMedios

  • (2848x4288px., 1087 Kb.)
  • (4288x2848px., 1129 Kb.)
  • (2848x4288px., 1116 Kb.)

Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

O catedrático Julián García falou na Casa de Galicia en Madrid das novidades diagnósticas y terapéuticas en Oftalmoloxía

Ofreceu a conferencia "Avances en Oftalmoloxía. O final dos actuais lentes? "
10 de novembro de 2011

 A introdución de láseres melloraron a cirurxía da córnea, tanto no campo da cirurxía refractiva coma nos transplantes de córnea

A cirurxía da catarata permite a máis rápida incorporación dos pacientes á súa vida normal, diminuíndo o risco de complicaciónsA introdución de láseres melloraron a cirurxía da córnea, tanto no

O glaucoma tamén se viu beneficiado polo desenvolvemento de novas técnicas cirúrxicas

A cirurxía dos defectos de refracción permitiu prescindir dos lentes en numerosos casos e actualmente ten o reto de solucionar a coñecida presbicia ou "vista cansa"

Madrid, 10 de novembro de 2011.- Os avances oftalmolóxicos e a posibilidade de que os lentes rematen sendo un artigo innecesario, un tema moi de actualidade, foron abordados esta tarde na Casa de Galicia-Delegación da Xunta de Galicia en Madrid polo catedrático de Oftalmoloxía da Universidade Complutense de Madrid Julián García Sánchez, na conferencia "Avances en Oftalmoloxía. O final dos actuais lentes? " que pronunciou dentro do Ciclo Medicina e Saúde, que se desenvolve na Casa.

O especialista foi presentado polo director e coordinador do Ciclo, o profesor xefe de Medicina Nuclear do Hospital Xeral Universitario Gregorio Marañón, José Manuel Pérez Vázquez, que destacou os seus moitos méritos profesionais do conferenciante, e por José Ramón Ónega, delegado da Xunta de Galicia en Madrid e director da Casa, quen fixo notar a importancia do tema que se abordaba.

García Sánchez explicou ante o número público que acudiu á convocatoria que ao longo das dúas últimas décadas foron moitas as novidades en Oftalmoloxía, tanto no que refire aos procedementos diagnósticos coma aos terapéuticos. No diagnóstico, detallou, incorporáronse os topógrafos corneais que permitiron un estudo detallado da córnea o que á súa vez permitiu o desenvolvemento da cirurxía refractiva da miopía, hipermetropía e astigmatismo. "Hoxe en día estes instrumentos, xunto ao paquímetro ultrasónico que mide o espeso corneal son imprescindibles para a planificación deste tipo de cirurxía. A biomicroscopía ultrasónica que permite facer un estudo case microscópico do segmento anterior do ollo axudounos a comprender o mecanismo de acción das nosas actuacións cirúrxicas e a causa de moitos dos fracasos da cirurxía", expuxo.

Destacou que o estudo da retina se viu extraordinariamente mellorado coa introdución da OCT "que permite facer estudos ´ in vivo ´ case a nivel microscópico", e que "o GDx e o HRT, nos permiten estudar a capa de fibras nerviosas da retina e a topografía da papila do nervio óptico, facilitando extraordinariamente o diagnóstico do Glaucoma,".

Tratamento

Na área do tratamento, o conferenciante sinalou que a introdución dos láseres excimer, e recentemente os láseres de fentosegundo, melloraron a cirurxía da córnea, "tanto no campo da cirurxía refractiva coma nos transplantes de córnea, especialmente os lamelares, así como a colocación dos aneis intracorneales para o tratamento dos queratoconos e as ectasias corneais,".

Segundo o profesor, "a cirurxía da catarata co perfeccionamento dos procedementos de facoemulsificación e o desenvolvemento de novas lentes intraoculares que poden ser implantadas a través de incisións cada vez menores, permite a máis rápida incorporación dos pacientes á súa vida normal, diminuíndo o risco de complicacións".

O Glaucoma, indicou, tamén se viu beneficiado polo desenvolvemento de novas técnicas cirúrxicas co desenvolvemento de microválvulas que permiten unha cirurxía "cada vez mais etiolóxica e a aparición de láseres cada vez mais selectivos para o tratamento dalgúns tipos de Glaucoma".

Por outra parte, falou da "cirurxía dos defectos de refracción que permitiu prescindir dos lentes en numerosos casos e que actualmente ten o reto de solucionar a coñecida presbicia ou "vista cansa", que tantos rompedeiros de cabeza produce ás persoas que despois de ter unha vista perfecta durante os primeiros 40 anos da súa vida, non son capaces de asumir a necesidade de usar lentes para a visión próxima". Un reto do que dixo que "está lonxe de alcanzarse a data de hoxe" pero engadiu que "quizais nun futuro próximo se poida resolver favorablemente".

 

 

 

 

 

 

 

 

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes