Ónega: "Un sinxelo acto, institucional e lúdico para o Día de Galicia en Madrid",

O delegado da Xunta na capital entregou diplomas a diferentes personalidades para recoñecer a súa "colaboración e afecto" á Casa
Madrid, 17 de xullo de 2012.

"Un sinxelo acto, institucional e lúdico ao mesmo tempo para conmemorar o Día de Galicia en Madrid", deste modo definiu o delegado da Xunta de Galicia en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega López, para recordar, hoxe, 17 de xullo ás 19 horas, a Festa Maior de Galicia que se celebra o 25 de Xullo en honor a Santiago Apóstolo. A celebración contou coa asistencia dunhas docientas cincuenta persoas, entre elas autoridades como, a ministra de Fomento, Ana Pastor Julián; o presidente do Consello de Estado, José Manuel Romay Beccaría; o deputado por Ourense, Guillermo Collarte; o delegado do Goberno de Navarra, Salvador Estébanez Eraso; a secretaria xeral de Sanidade e Consumo, Piar Farjas Abadía; o concelleiro-presidente do Distrito Moncloa del Ayuntamiento de Madrid, Álvaro Ballarín Valcárcel..., algunhas das cales colaboraron entregando galardóns.

O acto iniciouse cos sons da música popular das gaitas, bombo e tamboril do grupo Vagalume de la Asociación Galega do Corredor do Henares, que ataviados co traxe típico de gala, reservado ás grandes ocasións, interpretaron pasacalles, alboradas, marchas, mazurcas, muiñeiras e pasodobres.

Seguidamente, o delegado e os anteriores directores desta Institución procederon a inaugurar a "Galería de Retratos dos Presidentes e anteriores Directores da Casa" en palabras de Ónega, "un pequeno homenaxe e recoñecemento a quenes traballaron e se esforzaron para construír o que hoxe significa esta Casa".

 Unha vez inaugurada a Galería de Retratos, Ónega, xunto coas autoridades asistentes, fixeron entrega a quince personalidades (achégase listado alfabético) que se caracterizaron por "os seus méritos persoais e profesionais e polo afecto e colaboración coa Casa de Galicia. Tras nomear cada un dos diplomados e ler un breve currículo fíxoselles entrega da distinción, seguida dunhas breves palabras por parte de cada galardoado.

O punto final púxoo a actuación do Dúo Sons-Nús (Sons nus), formado pola cantante MAITE DONO e o contrabaixista BALDO MARTÍNEZ e en cuxo repertorio non faltou o sempre emocionante Himno Galego capaz de trasladar a mesma Galicia coas súas notas, especialmente se a interpretación é tan especial como a que ofrecen Sons-Nús e é en Madrid, a máis de cincocentos kilómetros da Terra.

 RELACIÓN DE DIPLOMADOS

 Excmo. Sr. D. JOSÉ MANUEL BARREIRO FERNÁNDEZ, Portavoz del Grupo Parlamentario Popular en el Senado

 Sr. D. JOSÉ LUIS BARRERA MORATE, Xeólogo. Conselleiro Delegado das empresas do Grupo Barrera en Madrid

 Sr. D. OVIDIO CADENAS QUEIPO, Presidente de FAGAMA

 Sra. Dña. PILAR FALCÓN OSORIO, Presidenta do Clube de Xornalistas Galegos en Madrid

Excma. Sra. Dña. MARTA FERNÁNDEZ CURRÁS, Secretaria de Estado de Presupostos e Gastos do Ministerio de Facenda e  Administracións Públicas do Gobierno de España

Excmo. Sr. D. CÉSAR ANTONIO MOLINA SÁNCHEZ, Escritor y Ex ministro de Cultura

 Excmo. Sr. D. PEDRO NÚÑEZ MORGADES, Deputado da Asamblea da Comunidade de Madrid

 Excmo. Sr. D. MANUEL PÉREZ GONZÁLEZ, Catedrático emérito de Dereito Internacional da Universidade Complutense

 Sr. D. FERNANDO RAMOS RODRÍGUEZ, Conselleiro Delegado/Director xerente de CLINER

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes