DescargaMedios

  • (2848x4288px., 1010 Kb.)
  • (2848x4288px., 950 Kb.)
  • (2848x4288px., 1092 Kb.)

Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Mostra antolóxica retrospectiva de Antón Abreu Bastos na Casa de Galicia en Madrid

Nela están representadas as distintas etapas da súa traxectoria artística
30 de novembro de 2011

A Casa de Galicia-Delegación da Xunta de Galicia en Madrid acolleu esta noite a inauguración da exposición antolóxica retrospectiva do pintor galego Antón Abreu Bastos, falecido en 2004, na que están presentes distintas etapas da súa traxectoria artística, en cuxa temática existen paisaxes, pedras, figuración, etc. No acto estiveron presentes a súa viúva, a tamén pintora Elsa Pérez Vicente, e os seus fillos, Alejandra e Juan Sebastián, acompañados polo coordinador de Actividades da Casa, Ramón Jiménez. A exposición, que pode verse ata o próximo día 29, ocupa dúas salas da Casa.

Madrid, 30 de novembro de 2011. - A Casa de Galicia-Delegación da Xunta de Galicia en Madrid acolleu esta noite a inauguración da exposición antolóxica retrospectiva do pintor galego Antón Abreu Bastos, falecido en 2004, na que están presentes distintas etapas da súa traxectoria artística, en cuxa temática existen paisaxes, pedras, figuración, etc. No acto estiveron presentes a súa viúva, a tamén pintora Elsa Pérez Vicente, e os seus fillos, Alejandra e Juan Sebastián, acompañados polo coordinador de Actividades da Casa, Ramón Jiménez. A exposición, que pode verse ata o próximo día 29, ocupa dúas salas da Casa.

Segundo os seus familiares directos, con esta exposición preténdese mostrar as distintas e variadas etapas da obra de Antón Abreu Bastos dende os anos 50 ata os seus últimos días, a finais de 2004, nas que achega o seu persoal visión da ideosincrasia galega, mesmo na súa etapa de emigrante en Arxentina. "O seu tratamento especial da cor e da forma definen o seu estilo", valoran. Elsa Pérez recordou a súa vocación pola pintura, que en Arxentina sentía a Galicia intensamente, con cores agresivas que ao volver se tornaron máis prácidas e que se sentía moi agradecido a Arxentina, onde se formou. "Analizou moito a forma de facer as cousas, non era un espontáneo", observou.

Abreu Bastos naceu en Matamá (San Pedro), Vigo, en 1927 e emigrou a Arxentina aos vinte anos de idade. En Bos Aires completaría a súa formación plástica e foi tamén nesa cidade profesor de Artes Plásticas e asesor artístico do Instituto Galego de Argentina. Nela coñeceu a súa muller, tamén de orixe española, e relacionouse con outros galegos ilustres, entre outros cos pintores Colmeiro, Laxeiro e Seoane e co escritor Eduardo Blanco Amor, a cuxo faladoiro asistiu. Tratou ademais con arxentinos distinguidos, e non só pintores, como Ernesto Sábato, Atahualpa Yupanqui, Mercedes Sosa, Juan Gelman, González Tuñón e Borges. E entre os pintores, a Carlos Cañás, Rossi, Spilimbergo, Castagnino e Urruchúa. Retornou a Galicia en 1973. O seu labor en España foi recoñecido coa terceira medalla no Salón de Outono de Madrid en 1977 e a segunda na Bienal Nacional de Pontevedra en 1979.

Como recordou Jiménez, na súa traxectoria artística pode falarse dunha primeira etapa, ata 1958, que podería denominarse literario-social, de paisaxismo postimpresionista, con mundos desolados en ocres e azuis e interiores humildes. E dunha segunda etapa que permitiría encadralo dentro dun expresionismo humanizado, con visións do mar, de praias desertas, de barcos e redes en que se serve para a súa representación de planos, diagonais ou franxas. Entre as súas influencias artísticas están as de Luis Seoane e Picasso. Tamén recibiu, segundo el mesmo confesou, a influencia dos muralistas mexicanos Rivera e Orozco.

Nos anos 70, Abreu Bastos aproximouse á obra de Valle-Inclán con trazos totalmente expresionistas e recolleu o seu particular mundo nos seus cadros arxentinos. En 1973, en que regresa a Vigo para establecerse en Gondomar, inicia, xa dende a óptica da madureza, a representación do mundo rural da súa infancia, porque desexaba recobrar o seu mundo infantil e de paso a realidade a través deste, como chegou a declarar. Antes disto, e durante uns cinco anos reflectira nos seus cadros un paisaxismo persoal, idealizado, que conformou quizais a súa etapa máis abstracta. Tamén se lle chamou a Antón Abreu Bastos o pintor das pedras, pois a súa pintura máis xenuína, creada en torno aos anos 80, foi a das paisaxes de pedras e grandes soles.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes