DescargaMedios

  • (2848x4288px., 956 Kb.)
  • (2848x4288px., 1089 Kb.)
  • (2848x4288px., 1637 Kb.)

Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Lagasca dá a coñecer na Casa de Galicia a súa nova liña de expresión en obras pictóricas de temática galega

Recrean escenas da Ría de Arousa, retratos e rosas
1 de decembro de 2011

 A Casa de Galicia-Delegación da Xunta de Galicia en Madrid acolleu hoxe a inauguración da exposición de pintura de Enrique Parra Lagasca, polifacético burgalés -profesor do a Universidade Pontifica de Comillas, enxeñeiro, músico, escritor e pintor- que dá a coñecer a súa nova liña de expresión en obras de temática galega que recrean escenas da Ría de Arousa, onde goza das súas vacacións dende hai moitos anos, ou a Lonxa de Vigo, ás que se engaden retratos e flores, que son outros temas habituais en Lagasca, nome artístico deste pintor, que tamén dá nome á exposición. A mostra pode visitarse ata o próximo día 29.

Madrid, 1 de decembro de 2011. - A Casa de Galicia-Delegación da Xunta de Galicia en Madrid acolleu hoxe a inauguración da exposición de pintura de Enrique Parra Lagasca, polifacético burgalés -profesor do a Universidade Pontifica de Comillas, enxeñeiro, músico, escritor e pintor- que dá a coñecer a súa nova liña de expresión en obras de temática galega que recrean escenas da Ría de Arousa, onde goza das súas vacacións dende hai moitos anos, ou a Lonxa de Vigo, ás que se engaden retratos e flores, que son outros temas habituais en Lagasca, nome artístico deste pintor, que tamén dá nome á exposición. A mostra pode visitarse ata o próximo día 29.

Ademais do pintor, no acto interviñeron o coordinador de Actividades Culturais da Casa, Ramón Jiménez, que destacou a luminosidade das súas paisaxes galegas, e o xornalista Antonio Valverde Alonso, que foi o encargado de presentar o artista.

Valverde explicou que esta exposición na Casa de Galicia mostra os últimos traballos realizados por Lagasca cunha técnica pictórica, derivada do coñecemento por parte do artista das técnicas de dixitalización, coa que descompón os motivos, a xeito de pixeis que agrupa en áreas as cores dominantes dentro de cada zona, compoñendo un conxunto de manchas de cor que encaixan como un crebacabezas a xeito de mosaicos ou de taraceados de madeira. Traballos nos que sobresaen escenas das paisaxes mariñeiras das rías galegas, cheas de luminosidade, retratos, "onde a expresión resalta máis a alma que o rostro", e bodegóns que teñen por único motivo a flor da roseira.

Lagasca usa técnicas de dixitalización, cálculo e interpolación de espazos e cores que conseguen un alto nivel de expresión e transmisión nos retratos, ademais de movemento e viveza. O seu especial tratamento do mar fai que os reflexos da luz na auga recreen o efecto óptico polo que esta invade os contornos da figura humana, ofrecéndonos perfís indefinidos.

Segundo explicou el mesmo, tamén desenvolveu outros estilos e o seu forte é o debuxo. Para a liña actual inspirouse na arte pop, nun dos retratos de Marilyn en serigrafía coloreada, buscando tamén facer algo orixinal a partir desa idea. Referiu así mesmo que máis que as ondas lle gustou meterse no traballo da xente do mar, compoñendo escenas que realmente lle gustou pintar.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes