Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Manoel Bonabal inaugura en Madrid a súa mostra "Pingas Gravados"

A exposición do artista de Compostela poderá verse ata o día 30 deste mes
Madrid, 11 de setembro de 2012.-

O son dunhas gotas de auga con eco inundou a Sala L da Casa para ambientar o acto de inauguración da mostra "Pingas Gravados", de Manoel Bonabal coas que rende homenaxe á súa cidade, Compostela. "O motivo que hoxe nos reúne aquí é un dos máis nobres que poidan alegarse. Chámase A ARTE, con maiúsculas, pois de cando en vez un ten a satisfacción de encontrarse polo camiño da vida cun verdadeiro artista e entón paga a pena facer unha pausa e conversar un anaco con el e coas súas obras", dixo o coordinador de Actividades da Xunta en Madrid, Ramón Jiménez no acto de presentación da obra de Manoel Bonabal. Trátase dunha orixinal exposición inspirada na chuvia de Santiago e das súas rúas, como unha resposta á identidade da cidade e as súas xentes. As gotas son as protagonistas, de aí o seu título pinga, gota en galego.

Jiménez explicou que "Bonabal, é un artista garantido "gota a gota" que traballa coa insistencia deste fenómeno da Natureza nos seus gravados que el chama pingas quizais por isto. E é que se a plenitude dos ríos e dos mares é posible diariamente grazas ao milagre da suma das gotas das súas augas, a pintura de Manoel se fai idea e cor a base de conformar nebulosas de pigmentos, unidos un a un, sobre a inmensa superficie que é sempre un cadro, por pequeno que sexa. Un esforzo enorme, tamén sen dúbida, o que desprega o noso artista invitado nos seus traballos, a forza de intervir neles coa perseveranza dunha gota de auga, un traballo de chineses simbolizado por esa famosa gota -como o raio- que non cesa. E estou seguro de que esta palabra que acabo de pronunciar referida aos seus cadros, intervención, lle gusta, porque estará de acordo en que a arte debe ser intervención constante, psicodelia, descubrimento de novos mundos para que xamais decaia a transmisión do espírito que a comunicación deste supón".

Bonabal tomou a palabra e tras os agradecementos de rigor, explicou dun modo moi didáctico e expresivo cómo realiza os seus gravados e o longo proceso que para iso precisa.

Despois de tomar notas e apuntamentos nas rúas, "coa impotencia que xorde ás veces por non lograr plasmar no papel coas mans o que ve e sente o corazón", se traslada ao taller, onde xa con calma estuda, traballa, elabora e realiza cada idea, de forma meticulosa, cada un dos pasos. "Co gravado logro a quietude", di. Aínda que esta técnica permite multiplicar as copias, Bonabal fai só unha ou dúas de cada creación.

O artista opina que a auga é a esencia. "A auga éo todo, todos somos auga e en Compostela, a chuvia forma parte da indentidade. Chove, pois claro. Os esquimós non se formulan que neva, é así", dixo con toda a naturalidade.

Outro aspecto que destacou é que para él as gotas nunca se superpoñen, son únicas, están separadas unhas doutras porque cada unha, ao igual que as persoas son irrepetibles, por moito que se parezan.

Explicou ademais que algunhas das obras da exposición xurdiron "como unha busca de complicidade" cuns textos compostos por Iria, unha das súas fillas e que se mostraron na sala nunha carpeta sobre un atril. "Espero que algún día o valore, porque nós pasaremos, pero a arte, a arte quédase e permanece para a posteridade".

Máis información en http://manoelbonabal.blogspot.com.es/.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes