"Ángeles" exposición de gravados do artista serbio Veljko Mihajlovic, na Casa no mes de outubro

No acto interviñeron o embaixador de Serbia en España, Danko Prokic e o ex ministro de Cultura e actual director da Casa do Lector, César Antonio Molina
Madrid, 4 de outubro de 2016

A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia acolleu esta tarde a inauguración da mostra "Ángeles" do artista serbio Veljko Mihajlovic, un acto que contou coa intervención do delegado da Xunta en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega; do embaixador de Serbia en España, Danko Prokic; do ex ministro de Cultura e actual director da Casa do Lector de Madrid, César Antonio Molina; da responsable cultural da Embaixada de Serbia Ana Milutinovic, e do propio autor. A exposición, que poderá verse na Casa ata o 28 de outubro, está programada con ocasión do Centenario do establecemento das relacións diplomáticas entre España e Serbia.

Para Ónega, tras as súas palabras de benvida, destacou que é "un privilexio contar na Casa coas obras de Veljko Mihajlovic, un dos artistas serbios máis recoñecidos, así como participar dentro dos actos organizados para celebrar o centenario das relacións entre ambos os países. E citando a Balzac dixo que "a imaxinación é a ocasión do xenio e iso está presente nestas obras".

Para o embaixador Danko Prokic, tras os agradecementos, especialmente á Xunta por "acollernos e achegarnos ao público español, e tamén galego", e sinalou que Veljko Mihajlovic, é un dos artistas actuais máis importantes de Serbia. Realizou máis de 200 exposicións individuais tanto en Serbia como no estranxeiro (Hungría, Grecia, Romanía, Bulgaria, Montenegro, Macedonia, Italia, Francia, Suíza, Eslovaquia, Canadá, EE.UU. etc.) e recibiu varios premios ao longo da súa vida creativa. Explicou que esta exposición de gravados sobre os anxos de 38 mosteiros da diocese de Ži?a en Serbia, móstrase aquí na Casa de Galicia grazas tamén a "un gran galego que coñece moi ben Serbia, a nosa cultura e os seus mosteiros, César Antonio Molina, quen inspirado polo famoso fresco do Anxo Branco, despois de contemplalo in situ, escribiu un poema marabilloso que acompaña a esta exposición e que el nos lerá agora". Para terminar, o embaixador lembrou que este acto enmárcase con ocasión do Centenario do establecemento das relacións diplomáticas entre España e Serbia, que evocan o que o Rey Alfonso XIII outorgase, en 1916, o plácet ao primeiro embaixador serbio en España. "Foron 100 anos de excelentes relacións entre os nosos dous países e como os anxos son portadores de boas noticias agora simbólicamente auguran a continuación desta sólida relación hispano-serbia", remarcou.

Para César Antonio Molina, a presenza dos anxos na pintura de Serbia é "excepcional e óbraa cume é precisamente o fresco Anxo Branco do mosteiro de Mileševa ao sur do país", dixo. "Soamente por velo merece a pena viaxar a Serbia", subliñou e tamén recitou en español o poema que compuxo tras contemplalo, mentres que a responsable de Cultura da Embaixada fíxoo logo en serbio.

Para Veljko Mihajlovic, os seus desexos centráronse en "poder trasladar ao público o forte sentimento que os anxos son capaces de transmitir".

A mostra "Ángeles" está formada por preto dunha trintena de gravados, ademais do poema de César Antonio Molina, e poderá ser visitada ata o 28 deste mes; os días laborables en horario de 10:00 a 14:00 e de 16.00 a 20:00 horas. Domingos e festivos de 10 a 14 horas.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes