DescargaMedios

Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

A Casa de Galicia en Madrid acolleu a presentación do libro "Mi relativo tío Camilo José Cela. Verdades y Mentiras", de Lola Ramírez

Entre os numerosos asistentes ao acto achábase Maruxa Cela Trulock, irmá do escritor
18 de setembro de 2013

A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia, acolleu hoxe a presentación do libro "Mi relativo tío Camilo José Cela. Verdades y mentiras", do que é autora a xornalista coruñesa Lola Ramírez. Participaron na presentación, ademais da autora, José Manuel Rodríguez Gutiérrez, presidente da Sociedade Filatélica de Madrid e académico de número da Real Academia Hispánica de Filatelia, o director xeral da editorial Bubok, Sergio Mejías, e o coordinador de Actividades Culturais da Casa, Ramón Jiménez. Entre o numeroso público que acudiu ao acto, enchendo o aforamento da sala, achábase a irmá do escritor, Maruxa Cela Trulock, e xornalistas como Maribel Escalona, que dirixiu varias publicacións.

Madrid, 18 de setembro de 2013. - A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia, acolleu hoxe a presentación do libro "Mi relativo tío Camilo José Cela. Verdades y mentiras", do que é autora a xornalista coruñesa Lola Ramírez. Participaron na presentación, ademais da autora, José Manuel Rodríguez Gutiérrez, presidente da Sociedade Filatélica de Madrid e académico de número da Real Academia Hispánica de Filatelia, o director xeral da editorial Bubok, Sergio Mejías, e o coordinador de Actividades Culturais da Casa, Ramón Jiménez. Entre o numeroso público que acudiu ao acto, enchendo o aforamento da sala, achábase a irmá do escritor, Maruxa Cela Trulock, e xornalistas como Maribel Escalona, que dirixiu varias publicacións.

Jiménez expresou a satisfacción que para a Casa supón "servir de marco para a presentación deste libro tan íntimo sobre o ilustre Nobel padronés, que en diversas ocasións nos honrou coa súa presenza, como na presentación dos cursos de verán da súa Fundación de Iria Flavia, e tamén na inauguración desta sede, para a que escribiu o discurso inaugural".

José Manuel Rodríguez Gutiérrez, presidente da Sociedade Filatélica de Madrid, afirmou que cando lle pediron que presentase o libro "Mi relativo tío Camilo José Cela. Verdades y mentiras", a súa intención foi aproveitar a ocasión para resaltar un aspecto pouco coñecido do noso premio Nobel: a súa calidade de carteiro honorario. Rodríguez Gutiérrez destacou que entre os moitos méritos que fixeron a Cela acredor a este nomeamento "son os seus múltiples traballos sobre correos", dos que "unha parte moi considerable está relacionada coa xeografía postal".

Como exemplo fixo alusión aos seus libros de viaxes aos que cualificou como "belas leccións de xeografía postal". Tamén falou da obra máis importante relacionada co correo, o Dicionario Xeográfico Popular de España, do que en 1998 se publicou o Tomo I. Na recollida de datos tiveron unha colaboración decisiva todos os carteiros en servizo activo naquelas datas, agora compañeiros de escala de don Camilo José Cela".

E, falando da importante misión que levaron a cabo os funcionarios de correos, Lola Ramírez, a autora de "Mi relativo tío Camilo José Cela. Verdades y mentiras", afirmou que ela chegara a un coñecemento íntimo e persoal do autor de “La familia de Pascual Duarte”, precisamente a través da lectura da correspondencia persoal do destacado e célebre carteiro honorario. Foi a través das cartas que Cela lle escribiu a moitos dos seus amigos, e sobre todo, as dirixidas á súa primeira esposa, Charo Conde Picavea, onde Ramírez descubriu as facetas máis íntimas e persoais dun home educado para ocultar os seus sentimentos ante a indiscreta e curiosa mirada allea.

Tamén dunha carta escrita por Cela, neste caso á autora do libro, con quen compartía parentesco, xurdiu a primeira parte do título, pois o asinoulle a misiva coa fórmula "o teu relativo tío, Camilo José Cela". Ramírez dixo que dedica o libro a Charo Conde porque "no seu día ela foi o grande amor de Camilo José Cela".

Pola súa banda, Sergio Mejías, director xeral de Bubok, fixo fincapé na interesante oportunidade que, nestes tempos de crise, ofrecen as editoriais de impresión baixo demanda aos autores noveis.

 

 

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes