DescargaMedios

  • (2848x4288px., 769 Kb.)
  • (2848x4288px., 789 Kb.)
  • (2848x4288px., 764 Kb.)
  • (2848x4288px., 836 Kb.)

Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Os xornalistas e biógrafos de Fraga Pilar Falcón e Fernando Jáuregui recordaron ao político galego na Casa de Galicia

Na mesa redonda "Fraga visto polos seús biógrafos". No acto tamén presentouse un busto de Fraga asinado y doado polo el escultor Santiago de Santigo
14 de marzo de 2012

Os xornalistas Pilar Falcón e Fernando Jáuregui, biógrafos de Manuel Fraga, recordaron hoxe na Casa de Galicia-Delegación da Xunta de Galicia en Madrid a figura do político galego, que foi fundador do Partido Popular e presidente da Xunta, na mesa redonda "Fraga visto polos seus biógrafos", que tivo lugar esta tarde. Previamente presentouse un busto de Manuel Fraga asinado polo escultor Santiago de Santiago, que o doou á Casa, da que Fraga foi fundador.

Madrid, 14 de marzo de 2012. - Os xornalistas Pilar Falcón e Fernando Jáuregui, biógrafos de Manuel Fraga, recordaron hoxe na Casa de Galicia-Delegación da Xunta de Galicia en Madrid a figura do político galego, que foi fundador do Partido Popular e presidente da Xunta, na mesa redonda "Fraga visto polos seus biógrafos", que tivo lugar esta tarde. Previamente presentouse un busto de Manuel Fraga asinado polo escultor Santiago de Santiago, que o doou á Casa, da que Fraga foi fundador.

Conduciu o acto o delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, que dió a benvida e presentou os intervenientes no acto, que comezou co descubrimento do busto de Fraga doado por De Santiago, quen sinalou que a obra chega á Casa no vinte aniversario da súa inauguración por parte do homenaxeado e recordou algúns dos seus encontros. Interveu a continuación Francisco Díaz Rey, primeiro director da Casa de Galicia, que recordou o multitudinario acto de inauguración e a súa afirmación de que "Galicia abría Casa en Madrid" e o facía como escaparate de "a súa gozosa realidade".

Pilar Falcón, presidenta do Club de Xornalistas Galegos en Madrid, é autora de ¨Fraga e Galicia¨ (2002), onde desentraña as claves íntimas da última etapa da carreira política do enérxico dirixente, na que sempre estudo presente a súa orixe galega.

Segundo Falcón, en Fraga hai moitos Fragas, e dominaba o que quería ver a xente, “aquel cuxa personalidade marcou o seu partido para ben e para mal, o home ´auctocritas´ por riba de todo; o home con capacidade mínima de aguante... ese aspecto que creou ao mito"; pero, indicou, estaba despois o coñecedor da Administración, do Estado “e que sabía polo tanto onde debía conducirse para facelo sempre de acordo á orde establecida”. Identificou mesmo a "un terceiro Fraga, que correpondía ao feito de ser galego, membro dunha familia humilde e relixioso, un ser sen muruxas onde o esforzo e a constancia estaban no punto de referencia do seu conducta”.

Fernando Jáuregui, director de Diariocritico.com é autor de varios libros sobre Fraga - "A dereita despois de Fraga" (1987), "Cinco horas e toda unha vida con Fraga" (2004), "Manuel Fraga, historia dun fracaso admirable" (2005) e "Eloxio a Fraga dun antifraguista. A sexta hora que non puiden pasar con Fraga", de recente publicación-, político ao que seguiu activamente como xornalista en grande parte da súa vida política e ao que fixo numerosas entrevistas persoais.

Jáuregui defínese como "un antifraguista que foi evolucionando cara ao cariño persoal e a comprensión cara ás súas posicións políticas", a pesar do rexeitamento que lle producía "o seu autoritarismo" e de que, recordou, el era unha persoa que cabreaba o político, aínda que sempre tivo o seu respecto. Referiuse en especial ás cinco entrevistas recollidas no seu último libro, as entrevistas, di, nas que Fraga se mostrou máis humano e que recompilou "en homenaxe ao mellor Fraga, que foi o último".

Entre o numeroso público que encheu as dúas salas de actos da Casa achábanse Elisa e Margarita Fraga, irmás do político, os ex ministros Robles Piquer e Romay Beccaría e o deputado por Lugo Joaquín García Díaz, ademais de representantes das asociacións galegas en Madrid.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes