Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

A Casa acolleu hoxe a presentación de "El estornudo de la mariposa" de José de Cora, a que asistiron máis dun centenar de persoas

A novela, editada por Edhasa, recrea a historia de Garbo e a súa esposa a lucense Araceli González, que xuntos derrotaron a Hitler
Madrid, 26 de setembro de 2016

A novela do xornalista e escritor lucense José de Cora, "El estornudo de la mariposa. Los Garbo contra Hitler" presentouse hoxe na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia e no acto, ao que asistiron máis dun centenar de persoas,  interviñeron, ademais do autor, o delegado da Xunta en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega; o editor e presidente de Edhasa, Daniel Fernández, e o avogado e profesor universitario, José Manuel Romero Fontao, conde de Fontao.

A novela, editada por Edhasa,  recrea a trepidante historia de Garbo e a súa esposa, a lucense Araceli González, que xuntos, pola súa pericia e capacidade de convicción contribuíron a provocar a derrota de Hitler.

Para Ónega, "a estirpe dos Cora está ligada á prensa galega, pois El Progreso foi e será a comuñón dos lucenses ou lugueses" e lembrou que el mesmo aprendeu a ler no Progreso, que "na miña casa era como a Biblia". E citando a Walt Whitman sinalou que "a Literatura está chea de aromas. Aromas dunha época, dunha sociedade e da Historia", como ocorre co libro de Cora, que "funde realidade e ficción e alcanza poderosos horizontes creativos".

Para o editor, Daniel Fernández, "El estornudo de la mariposa" é "case unha novela de non-ficción, porque o realismo máxico do boom e autores suramericanos sen dúbida ten un parente ou antecedente claro coas cousas que pasan ou teñen que ver con Galicia...". Explicou que nela, un catalán de orixe humilde e unha lucense de boa familia conseguen que triunfe o desembarco de Normandía, "quizais a operación militar máis transcendental da historia, e enganar ao mismísimo Adolf Hitler". O autor consegue explicar non só a confusa trama de espionaxe, senón que desvela o enorme papel que xogou Araceli á beira de Juan Pujol Garbo para logo vivir moitos anos tranquila no seu amado Lugo natal".

Para José Para José Manuel Romero, a novela é "un exemplo extraordinariamente atrayente no seu estilo, narrando como os galegos que parecen normais, son capaces de conquistar novos mundos, ou facer que os bos gañen unha guerra mundial. Cora soubo empaparse desta apaixonante historia e zambullirnos con intensidade nela".

Pola súa banda o autor, José de Cora, director xeral do Grupo O Progreso, co seu característico humor, sinalou que tratou "de dar luz á historia de Garbo e Araceli con imaxinación", pois lle interesaba mostrar "como dúas persoas normais e correntes deciden facer o que fixeron con éxito, e como levaron a cabo o imposible". Subliñou que, "Pujol non chegase a ser Garbo sen Araceli" porque hai unha serie de pasos, sobre todo ao principio, que "non podían ser posibles sen a súa decisión e a súa desenvoltura". Ademais, "nin foron axentes secretos nin espías; eles en realidade fan un papel de desinformación ao lograr ser cridos cando só manexan mentiras", dixo e que, realmente, "foron dous pillos mentireiros que o pasaron bomba".

O acto asistiron galegos e lucenses de pro como o presidente do Consello de Estado, José Manuel Romay, ou os xornalistas José María Carrascal, Cristino Álvarez, Isabel Corbacho ou o director de Informe Semanal, Jenaro Castro.

Xosé de Cora Paradela, nado en Lugo, é xornalista e escritor galego. Foi redactor da axencia Efe (1970-79) en Madrid e correspondente alí de El Progreso, Ferrol-Diario, Región de Oviedo e La Voz de Avilés. Tivo colaboracións en Lui, Doblón, Tiempo, Galicia Internacional, Radio Lugo, Radio Nacional e Radio 80. Director da revista En Punta, especializada en medios de comunicación, e redactor xefe de El Indiscreto Semanal. En 1980 foi nomeado director de El Progreso, cargo que ocupa ata o ano 1994, no que pasa a ser director xeral do Grupo El Progreso. Profesor convidado na Facultade de Comunicación de Santiago de Compostela. Presidiu a Asociación da Prensa de Lugo, a Asociación Galega de Televisións Locais e foi tesoureiro do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia. Pertence á Asociación de Empresas Galegas do Audiovisual. É autor de obras en galego, castelán e guións de cine. A través de Lugopress, a produtora do Grupo El Progreso, dirixiu numerosas series de televisión.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes