DescargaMedios

  • (2848x4288px., 658 Kb.)
  • (2848x4288px., 627 Kb.)
  • (2848x4288px., 638 Kb.)
  • (2848x4288px., 801 Kb.)

Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Rueda destaca na Casa de Galicia a figura de Modesto Seara por ser "un dos gallegos máis polifacéticos do último século"

O conselleiro da Presidencoa asistiu esta tarde á presentación do libro de Enrique Beotas e Sergio Casquet, "Modesto Seara: La Mirada Universal"
Madrid, 16 de decembro de 2011.

O delegado da Xunta en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega López deu a benvida á institución galega tanto aos integrantes da mesa: "Alfonso Rueda Valenzuela, conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza; Jorge Zermeño Infante, Embaixador dos Estados Unidos Mexicanos en España; Modesto Seara, Reitor do Sistema de Universidades Estatais de Oaxaca; Julio Lage González, director xeral da Fundación Innovación España, presidente do club da Sexta Provincia, e presidente de AEGAMA; Senén Barro Ameneiro, presidente de Rede Emprendia. Ex reitor da Universidade de Santiago de Compostela e responsable de Iniciativas Culturais do Club da Sexta provincia", así como como ás distintas personalidades que citou no seu saúdo por encontrarse na sala. No acto, Rueda agradeceu á institución "o seu compromiso de unir lazos entre a capital española e Galicia; do mesmo xeito que Beotas contribuíu coa súa carreira a reforzar esta unión a través das súas persoais entrevistas aos galegos que viven lonxe da terra, é dicir, "radiografando a galleguidade".

O libro "Modesto Seara: A Mirada Universal" é unha radiografía profunda do intelectual da localidade ourensana de Allariz organizado como un dicionario, recollendo e ordenando as vivencias e reflexións do recentemente galardoado coa Medalla Castelao 2011. En relación a este dato, o conselleiro recordou que cando o pasado xuño o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, lle entregou a condecoración a Seara e outros ilustres galegos, quixo rescatar aquel propósito da 'Xeración Nós' que concibía a Galicia como unha "célula de universalidade".

Rueda explicou que o carácter universal e cosmopolita de Seara o levou a abandonar o seu Allariz natal aos 19 anos e que, tras pasar por Madrid e Londres, chegou a París e, na Sorbona, lanzou a súa tese doutoral que se dirixiu cara ao dereito do espazo exterior. "A súa primeira ollada de galego universal", sinalou Rueda. "E do universo pasou á Universidade", continuou explicando o conselleiro, cando Seara se instalou en México e emprendeu o seu proxecto máis grande: educar e formar xeracións de estudantes mexicanos como reitor do importante Sistema de Universidades Estatais de Oaxaca, que hoxe en día continúa estendendo coñecemento nesa rexión. Rueda finalizou destacando que só con personaxes como Modesto Seara, Galicia poderá ser esa célula de Universalidade que propugnaron os históricos pais da patria. Exemplos de galegos universais que conseguiron ser recoñecidos tanto nos seus lugares de orixe (Medalla Castelao), coma no seu lugar de destino (Aguia Azteca do Goberno de México).

Pola súa banda, Seara falou das súas inquietudes de sempre: A literatura, a política Internacional e tamén apaixonado pola aviación. Agora ten ás súas costas ter sido creador e impulsor de oito universidades, 15 campus con mil profesores, seiscentos edificios nos que se imparten máis de corenta carreiras especialmente de ciencia e técnica. A iso hai que unir hospitais, xardíns botánicos... con todo iso evitase a emigración, crea riqueza na zona... e todo iso o fixo e segue facendo Modesto Seara.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes