DescargaMedios

  • (2848x4288px., 796 Kb.)
  • (2848x4288px., 711 Kb.)
  • (2848x4288px., 782 Kb.)

Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

A Casa de Galicia acolle a presentación da plataforma e a revista Galiciademoda

A firma xurdiu como unha plataforma única en Galicia que se situou ata alcanzar as 20.000 visitas mensuais e a petición dos seus usuarios naceu a revista
14 de novembro de 2011

A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia acolleu hoxe a presentación da revista e a plataforma web Galiciademoda, acto no que interviñeron o delegado da Xunta de Galicia en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega, a directora de Galiciademoda, Belén Correa, e a directora de Yagly e responsable do desenvolvemento da plataforma Galiciademoda, Patricia Ferrol.

Madrid, 14 de novembro de 2011. - A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia acolleu hoxe a presentación da revista e a plataforma web Galiciademoda, acto no que interviñeron o delegado da Xunta de Galicia en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega, a directora de Galiciademoda, Belén Correa, e a directora de Yagly e responsable do desenvolvemento da plataforma Galiciademoda, Patricia Ferrol.

Ónega valorou moi positivamente o atractivo do rótulo empresarial que se presentou, que invita á dobre lectura de escaparate de produtos e de mensaxe sobre a Comunidade autónoma pois, destacou, "aspiramos a que Galicia estea no ranking principal da moda en todos os aspectos".

Correa explicou o nacemento de Galiciademoda como única plataforma de moda en Galicia, que se facía eco tanto das noticias do sector téxtil coma das súas empresas satélites e que se foi posicionando ata alcanzar máis de 20.000 visitas mensuais. Froito desta iniciativa e a petición dos usuarios naceu despois a revista Galiciademoda, un apéndice da plataforma, que destaca por ter contidos propios e sempre galegos, publícase cada dous meses e xa chegou a Madrid.

Segundo a súa directora, a plataforma Galiciademoda aspira a dar a coñecer todo o que está a acontecer en Galicia, mesmo máis alá da moda, como no ámbito do cine e a artesanía, pois "Galicia ten cada vez máis talento" e, apreciou, nos últimos anos cambiou a forma de presentar e vender a moda, considerando a rede como unha ferramenta indispensable nestes momentos.

Patricia Ferrol, a responsable dos contidos da web destacou que este é un proxecto dirixido e capitaneado nun 99% por mulleres, que recolle en internet todos os contidos que Galicia necesita que teñan unha proxección no exterior e que conseguiu un bo posicionamento na rede. De feito, dixo, é doado que calquera contido que vertan estea ben posicionado en Google en 24 horas. Referiu ademais que teñen unha gran comunidade en Twiter e Facebook composta por xente nova que se está a encargar de difundir os contidos volutariamente.

 "En Galiciademoda non permanecemos impasibles ante o inxente e extraordinario talento que xorde na nosa Comunidade con respecto á moda, dende as máis novas promesas ás firmas xa consolidadas. Somos a voz de deseñadores, bloggers, fotógrafos que están nos viveiros e que queren crear un verdadeiro sector que nunca fora tan profesional e competente," din os seus responsables.

 A presentación de Galiciademoda estivo acompañada por unha mostra de artesanía galega, con innovadores deseños de zocos, e unha degustación de viños galegos, que son algúns dos produtos que se potencian dende esta firma.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes