DescargaMedios

  • (2848x4288px., 1309 Kb.)
  • (2848x4288px., 1168 Kb.)
  • (2848x4288px., 1091 Kb.)
  • (2848x4288px., 1063 Kb.)
  • (2848x4288px., 942 Kb.)

Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

O director xeral do libro compromete na Casa de Galicia en Madrid o apoio ao desenvolvemento e crecemento da Literatura Galega

A presentación do libro de Xosé Carlos Caneiro asistiron profesionais como Luis Ventoso, ou os escritores Ramón Pernas e Milagros Frías
Madrid, 14 de novembro de 2011

A Casa de Galicia en Madrid acolleu este serán a presentación de El libro de los besos y de la niebla, a última obra do escritor Xosé Carlos Caneiro, publicada por Alvarellos Editora. O acto, presidido polo director xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos, Francisco López, e polo delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, contou coa participación do autor ourensán e do director de Alvarellos Editora, Henrique Alvarellos. O acto foi “interactivo” pois contou ca intervención directa do público, quen ía pedindo os anacos que desexaban.

  • Francisco López presidiu esta noite na Casa de Galicia xunto ao delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega, a presentación “interactiva” de ‘El libro de los besos y de la niebla’, a última obra de Xosé Carlos Caneiro publicada por Alvarellos Editora.
  • Segundo o director do Libro, Caneiro exemplifica “a solidez da nosa literatura” e contribúe a “aportar a nosa perspectiva á cultura mundial”, construíndo unha industria editorial con “niveis de calidade internacional”.
  • Pola súa banda, o delegado da Xunta en Madrid referiuse a Xosé Carlos Caneiro como “un dos escritores máis fecundos de Galicia” e reivindicou a vixencia do papel da literatura como experiencia formativa e vital.

 

Madrid, 14 de novembro de 2011.-A Casa de Galicia en Madrid acolleu este serán a presentación de El libro de los besos y de la niebla, a última obra do escritor Xosé Carlos Caneiro, publicada por Alvarellos Editora. O acto, presidido polo director xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos, Francisco López, e polo delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, contou coa participación do autor ourensán e do director de Alvarellos Editora, Henrique Alvarellos. O acto foi “interactivo” pois contou ca intervención directa do público, quen ía pedindo os anacos que desexaban.

Na súa intervención, o director xeral do Libro asegurou que a calidade “intelectual e literaria” é un motivo para confiar “no traballo que estamos a facer desde a Consellería de Cultura e Turismo a favor dunha literatura que creceu moi rapidamente e desenvolveu o seu potencial en canto tivo unhas circunstancias minimamente favorables”. Neste sentido, Francisco López subliñou o momento que está a vivir o sector editorial galego e fixo referencia “aos nosos grandes clásicos visibles no exterior coas traducións que impulsamos, os públicos do mundo que volven os seus ollos cara a nosa literatura contemporánea e os nosos produtos editoriais que se asentan nos foros internacionais dedicados ao libro”.

Para o responsable do Libro, Bibliotecas e Arquivos, Xosé Carlos Caneiro exemplifica “a solidez da nosa literatura” e contribúe a “aportar a nosa perspectiva á cultura mundial”. “Grazas ao traballo dos creadores e creadoras de Galicia, a nosa industria editorial pode manter niveis de calidade internacionais atendendo ás necesidades dun público galego ben formado e esixente”, apuntou.

Doutra banda, o director da Casa de Galicia e delegado da Xunta en Madrid deu a benvida á presentación a todos os asistentes e reivindicou a vixencia do papel da literatura como experiencia formativa e vital. "Os libros gañaron máis batallas que as armas", dixo citando a Argensola e, en relación ao mesmo, tema tamén recorreu ás palabras doutro sabio, Petrarca: "Os libros ensinan a vivir e a morrer".

 

De Caneiro dixo: "estamos ante un dos escritores máis fecundos de Galicia", e destacou do seu libro unha frase das moitas que o chamaron especialmente a atención: "Pido que non coloques no teu corazón o cartel de non se reciben visitas. Que os teus ollos brillen cada noite noutros ollos. Cada día. Que esperen por ti con flores cando salgas do traballo. Pido luz. Pido liberdade. Pido".

Publicada por Alvarellos Editora, El libro de los besos y de la niebla é aúltima obra do escritor Xosé Carlos Caneiro (Verín, 1963), un dos escritores galegos máis laureados. A súa fecunda obra, traducida a varios idiomas, cativou miles de lectores. Neste libro, co que regresa ás Letras en castelán, que abandonara en 2003 coa biografía de Jorge Luis Borges, transita polo periodismo, o ensaio, a prosa poética e o diario íntimo. Entre a súa obra máis recente figuran as novelas Ámote (2003), A vida nova de Madame Bovary (2008) e Un último destino (2010).

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes