DescargaMedios

  • (2848x4288px., 681 Kb.)
  • (2848x4288px., 651 Kb.)
  • (2848x4288px., 734 Kb.)

Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

A conselleira do Mar da Xunta convoca a seus homónimos autonómicos na Casa de Galicia para achegar posturas ante Bruxelas

Rosa Quintana ten a representación este semestre nos Consellos de Ministros da UE en materia pesqueira
Madrid, 5 de decembro de 2011

 

A Casa de Galicia en Madrid, acolleu hoxe a reunión convocada pola conselleira do Mar, Rosa Quintana, aos representantes das comunidades autónomas para debater o documento elaborado desde Galicia no que se analiza a proposta da Comisión Europea de establecemento de TACs e cotas para o ano 2012 e que se negociará en Bruxelas o próximo día 15. O delegado da Xunta en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega recibiu, pola súa condición de anfitrión á conselleira do Mar e aos seus homónimos e deulles a benvida á Casa, “que tamén é vosa para o que necesitedes e que estaremos encantados de pola a disposición da consellería para cantos encontros sexan precisos”. O obxectivo desta reunión era consensuar unha proposta das comunidades autónomas para facerlla chegar a través do MARM á Unión Europea. A idea é a de achegar posturas para negociar unha posición única e forte ante Bruxelas para defender os intereses xerais de frota española en xeral e da galega en particular.

 

-Galicia considera pouco axeitado que o sector pague a redución do 25% da cota de determinadas especies por falla de datos científicos

-Discrepa da proposta da Unión Europea de reducir a cota da pescada do norte que choca frontalmente coa proposta de aumento que fan os biólogos do ICES

-Tamén rexeita a baixada "preventiva" do 25% que propón Europa para o rape e cigala no banco de Porcupine alegando que a información que se ten sobre o estado da especie édeficitario

Madrid, 5 de decembro de 2011.-Deste xeito, Galicia propón que se rexeite a idea preventiva da UE de reducir o 25% as cotas daquelas especies das que non se conte con informes científicos e oponse ademais á arbitrariedade da porcentaxe do recorte que oscila entre o 15 e o 25% sen sustentarse, aparentemente, en ningunha base. Defende, en cambio, un sistema de recollida de datos de especies pesqueiras máis exhaustivo e coordinado pola Comisión Europea que permita contar cunha base real da situación dos caladoiros que dea pé a tomar decisións acordes coa realidade e que se teñan en conta, ademais, os factores sociais e económicos dun xeito equilibrado.

Galicia rexeita, así mesmo, que a proposta de TACs e cotas eleborada pola Comisión Europea sexa realizada na procura do rendemento máximo sostible (RMS) para o ano 2015, posto que entende que este horizonte é totalmente inasumible por parte das frotas españolas.

No caso da frota que faena no caladoiro do Cantábrico Noroeste, discrepamos coa redución dos días de actividade para a frota afectada polo plan de recuperacion da pescada que pasarían de 158 a 142 para todo o ano e que suporían unha merma que se ven a engadir á limitación que impoñen os TACs. A maiores, pídeselle á Unión Europea que a zona de veda do banco de Porcupine continúe sempre e cando esta veda sexa utilizada, coma ata o de agora, como unha medida de conservación que favoreza ao recurso e que non acabe convertindose nunha pura restricion de acceso

Especies

No relativo ás especies, Galicia rexeita a proposta da Unión Europea de reducir a cota da pescada do norte que choca frontalmente coa proposta de aumento que fan os biólogos do ICES. O mesmo ocorre co rape e coa cigala no banco de Porcupine, do que Europa propón unha baixada do 25% alegando que a información que se ten sobre o estado da especie é deficitario.

O caso do aumento das cotas da pescada sur nun 15%, do rape nun 110% e do gallo nun 8% son valorados positivamente se ben se agarda con interese que Europa faga pública a súa proposta en relación á cabala, ao xurelo e ao lirio. Neste sentido cabe lembrar que os informes dos biólogos son optimistas e permitirían un mantemento das cotas de cabala e xurelo e un incremento importante do lirio que se alonxaría do brusco recorte padecido na cota desta última especie o ano pasado.


Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes