DescargaMedios

Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Os profesores Mourelle de Lema e Blázquez Martínez clausuraron as XXX Xornadas de Cultura Galega de Grugalma

Madrid, 28 de maio de 2014

A segunda e última sesión das XXX Xornadas de Cultura Galega que se celebraron na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia, organizadas polo Grupo Cultural Galicia en Madrid (Grugalma) en torno ao tema "España: unidade histórica e diversidade sincrónica", tivo como relatores aos profesores José María Blázquez Martínez, co relatorio "Unidade histórica de Hispania na época romana", e Manuel Mourelle de Lema, presidente do Grugalma, que interveu co relatorio "A evolución da Marca Hispánica". Estiveron acompañados polo coordinador de actividades culturais da Casa, Ramón Jiménez, que presentou a sesión e dió a benvida en nome do Delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega.

Mourelle de Lema, profesor emérito da Universidade Complutense e membro da Real Academia da Historia, trazou un desenvolvemento histórico da actual Cataluña partindo do momento en que, pasado os mandatos "dos condes franceses (seis en total), empezaron a gobernar condes independentes por espazo de 260 anos, dende o ano 871,". "A Marca Hispánica foi inicialmente provincia do Imperio de Carlomagno, estando unida ao reino galo de Aquitania e comprendendo os territorios daquela cornixa peninsular situados entre os Pireneos e o Ebro. Dividiuse en ´ Marca de Gotia ´ ou de Septimania e ´ Marca de Gascuña´, comprendendo esta última parte de Aragón e Navarra", explicou. Tamén fixo referencia á orixe da voz que "secesión", que vinculou á chamada Guerra de Secesión americana.

Pola súa banda, Blázquez Martínez, excatedrático da Universidade Complutense e membro da Real Academia da Historia e do Colexio Libre de Eméritos Univesitarios, expuxo que os romanos concibiron a Península Ibérica como unha unidade dende a súa chegada, no ano 218 a. de C. ata as invasións de alanos e bárbaros no 409 d. de C. Blázquez Martínez mantivo que dende a súa chegada os romanos consideraron a toda a Peníncula Ibérica e o archipiélgo balear como unha unidade á que chamaron nación. Explicou que no século I a. de C. o grego Posidonio de Apamea chegou á península para estudar as mareas e interesouse por varios aspectos da xeografía peninsular que máis tarde Estrabón recollería a súa Xeografía. Posidonio pasou despois á Galia e constatou que dos Pireneos cara a abaixo se constituía unha unidade distinta, o que os romanos chamaban nación, palabra que aparece por primeira vez, dixo, nun documento romano no que se di dunha persoa que é "de nación hispana". Tamén o bispo Dacio se referiu a Teodosio dicindo del que era "de nación hispana". Precisou ademais que ese concepto de nación  se mantivo durante a época romana, aínda que constituída por distinto número de provincias en diversas etapas.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes