Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

A Casa de Galicia acolle a presentación en Madrid do "Proxecto de accesibilidade aplicada produtos alimentarios. Conservas 1884"

A empresa conserveira galega pon no mercado latas con "abremuyfácil" e linguaxe braille para chegar a un amplo sector da poboación que o precisa
Madrid, 12 de junio de 2014.

A Casa de Galicia, delegación da Xunta en Madrid acolleu esta mañá a presentación do "Proxecto de accesibilidade aplicada" a produtos alimentarios: Conservas 1884". Un proxecto innovador impulsado pola empresa galega "1884 Especialidade Alimentaria" e desenvolvido dende os seus inicios en colaboración co Consello Territorial da ONCE, e as empresas do Grupo Fundosa: "Vía Libre" e "Technosite". O resultado é unha liña de conservas con "abremuyfácil" e linguaxe braille para chegar a un amplo sector da poboación formado por persoas con problemas de accesibilidade, (cegas ou con minusvalidez visual, así como con dificultades para o manexo de obxectos).

No acto, dirixido a medios, bloggers, profesionais do sector alimentario e persoas con problemas de accesibilidade, interviñeron o delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega López; o codirector xeral do grupo Cerdeimar, Andrés Cerdeiras Lemus; o director comercial de 1884 Especialidade Alimentaria, S.L. Isidro Vázquez Palacios; o conselleiro delegado das empresas Vía Libre e Technosite do grupo Fundosa, Severino Rodríguez Rodríguez; e a presidenta do Consello Territorial da ONCE en Madrid, Leonor Pérez Lucas.
Nas súas palabras, Ónega, tras a benvida e os saúdos, quixo felicitar aos promotores da presentación "por este avance tecnolóxico que vai facilitar a moitas persoas o que poidan gozar das nosas conservas galegas, as mellores do mundo", e engadiu, en nome da Xunta e dos galegos, "sentímonos orgullosos, que proxectos e produtos como este son un exemplo a seguir". 
Para Andrés Cerdeiras de Industrias Cerdeimar "empresa familiar de cuarta xeración con 130 anos de vida" apostou pola "diferenciación". Esta liña de conservas accesibles, postas no mercado pola empresa 1884 Especialidade Alimentaria, dispón do sistema de apertura "abremuyfácil", que evita os bordos cortantes e facilita o seu uso ás persoas con minusvalidez e mesmo aos nenos. Ademais, integra a identificación en braille do produto que contén o envase, tanto na parte dianteira e na traseira, para que sexa accesible a persoas con minusvalidez visual. A empresa de accesibilidade Vía Libre deseñou estes envases tendo en conta tamén o tamaño dos tipos de letra utilizados. Así mesmo, Technosite, especializada en accesibilidade tecnolóxica, participou no proxecto certificando en accesibilidade a páxina web e tenda online da empresa galega.
Pola súa parte, o conselleiro delegado da área de accesibilidade do grupo de empresas da ONCE e a súa fundación, que foron as responsable do deseño e execución do proxecto, Severino Rodríguez, destacou a importancia de iniciativas como a emprendida pola compañía 1884 Especialidade Alimentaria, "que non só benefician ás persoas con minusvalidez, senón que melloran o uso dos produtos para calquera consumidor", ademais de permitir "un acceso á información do produto de forma normalizada e autónoma", concluíu.
Para Leonor Pérez, presidenta do Consello Territorial da ONCE en Madrid, organismo que avalou esta iniciativa. "As persoas cegas e con deficiencia visual", sinalou, "queremos ser autónomas na nosa vida cotiá e isto é máis doado se os produtos dispoñen de etiquetaxe en braille. Aproveitou o acto para destacar que a accesibilidade é unha vantaxe competitiva e animou outras empresas a "que tomen exemplo desta boa práctica porque todos somos cidadáns de pleno dereito e, ademais, consumidores".
Na xornada -que foi de 11:30 a 14 horas e ás 12 se realizou o acto informativo coa intervención dos máximos representantes das empresas que integran o proxecto- os asistentes con minusvalidez puideron comprobar de primeira man as vantaxes do produto nunha 'mesa de experiencias'.
"É unha boa idea, tamén para os maiores. A miña nai, que está enferma, non pode abrir unha conserva e este sistema está moi ben," dixo na Casa unha das blogguers con máis visitas dentro do ramo alimentario. E coa súa opinión coincidiron outros compañeiros.
 
Estes produtos accesibles pódense comprar por medio dunha tenda online que obtivo o selo de accesibilidade Technosite 2.0, emitido pola empresa Technosite.
 
Para máis información:
Contacto Servimedia: Beatriz García -91 545 01 98 bgarcia@servimedia.net

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes