José Ramón Ónega asistiu á presentación de Turismo de Galicia en Fitur que presidiu o titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo

O presidente de Galicia estivo acompañado, entre outros, polo conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro
Madrid, 24 de xaneiro de 2020.

O delegado da Xunta e director da Casa de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, asistiu hoxe á presentación de Turismo de Galicia en Fitur 2020, acto presidido polo titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, acompañado polo conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro.

Ao amplo expositor de Galicia na Feira acudiron numerosas personalidades de todos os ámbitos. Entre eles estaban a vicepresidenta segunda do Congreso, Ana Pastor, o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, directivos nacionais do PP, encabezados polo seu presidente, Pablo Casado, e representantes da Comunidade e o Concello de Madrid, encabezados polos seus respectivos titulares, Isabel Díaz Ayuso e José Luis Martínez-Almeida. Ademais, achegouse ao "stand" de Galicia e intercambiou impresións con Núñez Feijóo o presidente do Goberno, Pedro Sánchez.

A exposición de Feijóo foi seguida, entre outros, por numerosos alcaldes de municipios galegos, o delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, directivos das organizacións de empresarios de Galicia, como o presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo, José Francisco "Cheché" Real, e de galegos en Madrid, como o presidente da Asociación de Empresarios Galegos en Madrid (Aegama), Julio Lage, con outros membros das súas directivas, e deputados como Jaime de Olano, Ana Belén Vázquez e Marta González.

En total, máis de 77.000 visitantes e achegaron ao "stand" da Xunta de Galicia en Fitur para coñecer unha oferta turística que profunda na calidade. Nel, Feijóo mantivo, entre outras cousas, que o Xacobeo 2021 mostrará ao mundo a mellor Marca España e convocou a apostar por un recurso "que nos une a todos".

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes