DescargaMedios

Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

A Casa acolleu a celebración das XXX Xornadas de Cultura Galega de GRUGALMA

Madrid, 27 de maio de 2014

A Casa de Galicia, delegación da Xunta en Madrid acolleu esta tarde a primeira sesión das XXX Xornadas de Cultura Galega que un ano máis organiza Manuel Mourelle de Lema, profesor emérito da Universidade Complutense de Madrid, membro da Real Academia da Historia e presidente do Grupo Cultural Galicia en Madrid (GRUGALMA), coa conferencia: "Gotia e España en 711" a cargo de Luis Agustín García Moreno, catedrático da Universidade de Alcalá de Henares (UHA), Membro da Real Academia da Historia e premio de Investigación do Consello Social da UHA.

A presentación do acto correu a cargo do coordinador de Actividades da Casa, Ramón Jiménez, quen dió a benvida á Casa en nome do delegado da Xunta en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega López.

Mourelle tomou a palabra para facer unha breve presentación do relator. Pola súa banda, García Moreno iniciou a súa exposición formulando unha pregunta:"¿Por que España e non Gotia? " e tamén a resposta: "Porque os españois son unha entidade étnica con máis de 1300 anos de antigüidade". Neste sentido tamén asegurou, que "os árabes e bérberes de Al-Andalus non eran españois". "A palabra España non foi un invento dos militares, nin dos románticos, nin tampouco dos Reis Católicos", asegurou o disertador, "se acaso a orixe de España remontase aos nosos antepasados do século VIII".

 

A segunda sesión das XXX XORNADAS DE CULTURA GALEGA, de GRUGALMA, incluirá a Conferencia: "Unidade histórica de Hispania na época romana" por José María Blázquez, catedrático da Universidade Complutense de Madrid, membro da Real Academia da Historia e membro do Colexio Libre de Eméritos Universitarios.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes