Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Notas de prensa

Mostrando o intervalo 121 - 130 de 848 resultados.

O profesor mercantil e auditor de contas Jorge Borrajo presenta na Delegación da Xunta o seu libro "La empresa explicada a jóvenes de todas las edades"

O autor do libro, Jorge Borrajo, o delegado da Xunta, José Ramón Ónega, a presentadora Silvia Jato e o editor Juan Mariñas, na presentación.

O profesor Mercantil e auditor de contas Jorge Borrajo Prego, coruñés, presentou na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia o libro da súa autoría "La empresa explicada a jóvenes de todas las edades", publicado por Lautana Editorial. Nel afírmase que a nosa relación coas empresas ao longo da vida empeza no hospital no que nacemos e finaliza na funeraria/o cemiterio, pasando pola escola, a universidade, o traballo e a xubilación.

EFA Piñeiral celebra na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia unha xornada de traballo para mellorar a cualificación profesional de mozos deste ámbito en comercio e "marketing"

O delegado da Xunta, José Ramón Ónega -en primeira fila, terceiro pola izda-, con estudantes da EFA- Piñeiral, o representante de Aegama, José Cerdeira, o coordinador de Actividades da Casa, Ramón Jiménez, e as formadoras Rocío Agra e Mary Espiñeira.jpg

A entidade Galicia-EFA Piñeiral, de Arzúa (A Coruña) pertencente á Federación de Escolas de Formación Agraria ( EFA) celebrou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia unha xornada de traballo do seu programa "Emprendemento con mozos do medio rural" cuxo obxectivo é mellorar a cualificación profesional dos mozos deste ámbito na área de comercio e "márketing" e coñecer outras experiencias que lles poidan achegar ideas para desenvolver nas súas zonas de orixe.

O pediatra e profesor Francisco Ruza abordou hoxe na Delegación da Xunta en Madrid a humanización da Medicina desde o ámbito da Pediatría e a Musicoterapia

O doutor Francisco Ruza impartindo a conferencia, seguido con atención polo presidente do Consello de Estado, José Manuel Romay Beccaría, os doutores Julio Ancochea e Miguel Carrero e o delegado da Xunta, José Ramón Ónega.jpg

Esta tarde tivo lugar na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia unha nova conferencia do ciclo "Medicina e Humanidades", organizado pola Asociación de Médicos Galegos en Madrid (Asomega). Baixo o título de "Humanización na asistencia médica desde a miña experiencia en Pediatría. O valor da musicoterapia", o conferenciante, santiagués, expresidente de Asomega, pediatra e profesor emérito da Universidade Autónoma de Madrid, Francisco Ruza analizou a situación actual da asistencia nese campo da Medicina e expuxo o papel que a Musicoterapia ten no contexto dunha asistencia máis humana. Un centenar de persoas, que completou o aforamento da sala, seguiu con atención as súas explicacións.

Presentación en Madrid da "XXVII Feira do Requeixo e Mel" que se celebrará na localidade pontevedresa de As Neves o venres de Semana Santa

1. De esquerda a dereita, o coordinador de Actividades Ramón Jiménez, o alcalde de As Neves Xosé Manuel Rodríguez Méndez, o chef Fran Sotelino e Alejandro Martínez da Cooperativa de Requeixo de As Neves.

A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acolleu hoxe a presentación da XXVII edición da "Feira do Requeixo e Mel" declarada Festa de Interese Turístico de Galicia que se celebrará na localidade pontevedresa de As Neves o día 30 deste mes, venres de Semana Santa, unha cita ineludible da gastronomía galega que enriquece o seu amplo patrimonio natural, cultural e gastronómico.

A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acolle unha homenaxe á memoria do escritor, pintor e cineasta ferrolán Juan Antonio Cadenas

José Ignacio Cadenas atentamente escoitado polos seus compañeiros de mesa, Ramón Jiménez, Vicente Araguas e Antonio Polo.

A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia acolleu esta tarde unha homenaxe á memoria do escritor, pintor e cineasta ferrolán Juan Antonio Cadenas, falecido en Madrid o 22 de decembro de 2017, no que se leron algúns dos poemas e escritos do homenaxeado e proxectouse un das súas curtametraxes e ao que, a pesar das dificultades da xornada para moverse por Madrid, asistiron numerosos familiares, amigos e coñecidos que quixeron renderlle este tributo.

 

Fagama celebra na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia a súa Asemblea Xeral Ordinaria

Responsables das entidades que compoñen Fagama pousan antes de comezar a Asemblea.

A Federación de Asociacións Galegas en Madrid ( Fagama) celebrou esta tarde na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia a súa Asemblea Xeral Ordinaria correspondente a 2018, na que aprobou as actividades e orzamentos executados en 2017 e as previsións en ambos os ámbitos para 2018.

O pintor santiagués José Manuel Méndez, Pitelos, exhibe na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia a mostra "Míticos no leito"

J. Méndez ante unha das súas obras.

O pintor santiagués José Manuel Méndez Rodríguez, Pitelos, inaugurou hoxe na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia a mostra "Míticos non leito", unha colección de pinturas nas que coñecidos actores do teatro, a televisión e o cinema galegos pousan recreando un personaxe da mitoloxía grega (Antígona, Asclepios, Circe, Dánae, Dédalo, Gerión, as Moiras, Pandora, Ulises, etc.) que están acompañadas por bosquexos ao grafito e cartela explicativa do momento en que se desenvolve a acción mitológica. A exposición, que constitúe unha selección de obras da que xa tivo lugar co mesmo título no Museo do Pobo Galego, pode verse nas nosas instalacións, nas que ocupa dúas salas, ata o próximo 30 deste mes de marzo.

Pilar Cernuda: "Volveré a buscarte é a miña primeira novela e con ela quero render unha homenaxe ás mulleres galegas que fixeron país mentres os home emigraban"

1. De Esquerda a dereita, Fernando Ónega, Carlos Alsina, Pilar Cernuda, Ana Pastor, Fátima Báñez, José Ramón Ónega.Ymelda Navajo, Margarita Robles, Javier Arenas e José Manuel Barreiro.

A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acolleu esta tarde a presentación do libro VOLVERÉ A BUSCARTE, primeira novela da xornalista e escritora Pilar Cernuda, editada por Esfera de los Libros, e que conta no seu haber máis dunha vintena de títulos. Con esta obra, protagonizada polas mulleres dunha saga galega nos longos anos da emigración, a autora quere "render unha homenaxe tanto aos que cruzaron o mar para perseguir un soño como ás que quedaron esperando as promesas que non sempre viron cumpridas".

O xornalista e escritor José de Cora presenta na Delegación da Xunta en Madrid a súa última novela, "Te llamaré Muerto. Valle Inclán y Acevedo en la Casa del Demonio", publicada por Edhasa

O deputado Jaime de Olano, o editor Daniel Fernández, os escritores Ramón Pernas e José de Cora, o delegado da Xunta, José Ramón Ónega, o conde de Fontao, José Manuel Romero, e o escritor Carlos G. Reigosa.

O xornalista -director xeneral do diario El Progreso, de Lugo- e escritor José de Cora presentou hoxe na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia a súa última novela, "Te llamaré Muerto. Valle Inclán y Acevedo en la Casa del Demonio", unha novela publicada por Edhasa que está dacabalo entre o histórico, o costumista e o esotérico, baseada en feitos reais e que transcorre na Galicia profunda de principios do século XX. Acompañaron ao autor na presentación José Manuel Romero, conde de Fontao; Daniel Fernández, editor e presidente de Edhasa, e o delegado da Xunta e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega López, e entre os numerosos asistentes ao acto achábanse os deputados por Lugo Joaquín García Díez e Jaime de Olano e os xornalistas e escritores Carlos G. Reigosa, Ramón Pernas e José María Carrascal.

José M.ª Peláez Valle: O Marqués de Salamanca era un personaxe de novela que pasou de nobre revolucionario a empresario e político internacional na España do XIX

1. O coordinador de Actividades da Casa Ramón Jiménez (centro) co relator José M.ª Peláez (cuarto pola esquerda) e o xerente de Llardy Daniel Marugán (á dereita) con membros do Club de Esgrima Ateneo, que acudiron á Casa de Galicia para escoitar ao conferenciante que tamén é especialista en armas e que nesta ocasión falou sobre o enigmático Marqués de Salamanca.

A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acolleu esta tarde a Conferencia: "Un personaxe de novela: o Marqués de Salamanca", que ofreceu o escritor e profesor José María Peláez Valle, un percorrido pola vida, obra, fantasías, realidades e relacións cos principais personaxes da época de José de Salamanca, quen pasou de nobre revolucionario na súa mocidade a político e empresario con importantes e decisivas actuacións para España en asuntos internacionais. Entre as cuestións expostas, algunhas "absolutamente inéditas", tal e como destacou, foron as "aclaracións sobre a intervención de José de Salamanca nos acordos co xeneral Cabrera en Londres para propiciar o final das Guerras Carlistas estudadas por un grupo de investigación español que desvelou aspectos descoñecidos".

Mostrando o intervalo 121 - 130 de 848 resultados.