Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Notas de prensa

Mostrando o intervalo 11 - 20 de 842 resultados.

"Hasta los andares", de Laura Orens, presentada hoxe na Delegación da Xunta en Madrid

1. De esquerda a dereita, Albahaca Martín da editorial, Ramón Jiménez coordinador da Casa de Galicia, a autora Laura Orens e o esccritor Juanjo Ramírez.

Chámase Fraguiña de Bergantiños. É unha aldeíña imaxinaria que cae pola Costa da Morte. Nela, calquera dos seus habitantes podería ser o asasino do primeiro morto do novo milenio. É o enigma que expón aos axentes do orde, e por extensión ao lector, a novela de xénero policíaco editada por Grupo Tierra Trivium, "Hasta los andares", de Laura Orens, e que esta tarde se presentou na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia.

María Xosé Porteiro presenta na Casa de Galicia "Sándalo", novela ponte entre Galicia e Cuba a través de historias das migracións

A doutora en Ciencias Sociais Ángeles Sallé, a ex directora xeral da Cidadanía Española no Exterior Pilar Pin, a xornalista, política e autora da novela, María Xosé Porteiro, o escritor e xornalista Alfonso S. Palomares, a secretaria de Estado de Migracións en funcións, Consuelo Rumí, o delegado da Xunta, José Ramón Ónega, e dous familiares dos intervenientes no acto.

María Xosé Porteiro, xornalista, política e escritora de ascendencia galega, vinculada á emigración galega a Cuba, onde se criou, e gran coñecedora da Galicia Exterior, presentou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia a súa última novela, "Sándalo", publicada 17 anos despois da primeira, " Covardes". " Sándalo" preséntase como unha nave que percorre douscentos anos de historia entre Europa e América, "alberga feitos históricos, ulises galaicos, orixes afrocubanos, secretas sociedades de figuras públicas, independencias políticas e pendencias eróticas" e tende unha ponte entre Galicia e Cuba, unha relación antiga pola que fai un percorrido sentimental a través de diversas historias das migracións. A obra está escrita en galego e foi publicada por Editorial Galaxia.

O escultor coruñés Miguel Couto expón na Casa de Galicia a retrospectiva "dous mil dezanove" de esculturas en bronce

Miguel Couto xunto á súa obra "En femenino IV".

O escultor coruñés (Malpica de Bergantiños, 1971) Miguel Couto exhibe ata o próximo día 28 na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia a mostra de esculturas en bronce "dous mil dezanove", unha retrospectiva (2008-2018) de estilizadas pezas de tamaño menor e medio. Acompañou ao escultor na inauguración da exposición o coordinador de Actividades da Casa, Ramón Jiménez, quen interveu en representación do delegado e director da mesma, José Ramón Ónega.

A exposición de pintura "EVOCACIÓNS" de Victoria Ramírez Escudero, na Delegación da Xunta en Madrid no mes de xuño

1. Victoria Ramírez ante unha das súas obras.

Monumentos e lugares emblemáticos da Coruña, Madrid, Eivissa ou Venecia, xunto con escenas de mar e bodegóns compoñen a maior parte da exposición de pintura "Evocacións" da artista coruñesa afincada en Madrid, Victoria Ramírez Escudero e que poderá verse na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia durante todo o mes de xuño. Unha obra elegante, equilibrada e que busca a beleza grazas á súa depurada técnica ao óleo, que se reflicte nun perfecto dominio da cor e o uso da luz, achegando lirismo ás súas composicións.

I Seminario do Programa de Formación "Más Social" da Fundación Barrié

1. De esquerda a dereita, a coordinadora de Programas da Fundación Greta Fábregas, o delegado da Xunta en Madrid José Ramón Ónega e o director de formación Carlos Cortés.

A Delegación da Xunta en Madrid acolle durante o día de hoxe o primeiro seminario de traballo da nova edición do "Programa Formativo Más Social" da Fundación Barrié na súa extensión a nivel Nacional, dados os excelentes resultados obtidos en Galicia. Un programa que se exporta fóra da comunidade de orixe porque tamén a nivel nacional está a dar moi bos froitos.

Francisco Rodríguez Pastoriza presenta na Delegación da Xunta o seu último libro, "A obra xornalística de José Gómez de la Cueva (Johan Caballeira)"

O xornalista e escritor Francisco Rodríguez Pastoriza, na presentación do seu último libro, "A obra xornalística de José Gómez de la Cueva (Johan Carballeira)", en primeiro plano.

O xornalista, profesor e escritor pontevedrés (de Bueu) Francisco Rodríguez Pastoriza presentou hoxe na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia o seu último libro, "A obra xornalística de José Gómez de la Cueva (Johan Carballeira)", publicado por Edicións Laiovento, co que rende homenaxe ao xornalista, escritor e último alcalde republicano de Bueu José Gómez de la Cueva, coñecido polo pseudónimo de Johan Carballeira, co que asinaba a súa obra poética e moitos dos seus artigos xornalísticos. Nel, Rodríguez Pastoriza analiza, en galego, moitos dos artigos e temas tratados por Gómez de la Cueva en castelán e rescata a súa obra "para que non caia no esquecemento".

Xornada Empresarial de AEGAMA: "Intelixencia Artificial e Big Data aplicados ao eCommerce"

1. De esquerda a dereita Víctor Cortizo, José Luis Martínez, o delegado da Xunta en Madrid José Ramón Ónega, a directora de AEGAMA Isabel Noriega, Carolina Arroyo e Carlos Trujillo.

"INTELIXENCIA ARTIFICIAL E BIG DATA APLICADOS AO ECOMMERCE: Como seleccionar os produtos gañadores", é o título da Xornada Empresarial que AEGAMA, Asociación de Empresarios Galegos en Madrid, celebrou esta tarde na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia para os seus socios e colaboradores. No acto, ao que asistiron máis de medio centenar de profesionais estivo presidida polo delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega, e nel interviñeron: Isabel Noriega, directora de AEGAMA; José Luis Martínez Arana, presidente de EMPRESARIO 2.0; Carlos Trujillo e Carolina Arroyo, ambos os vendedores en Amazon; e o avogado Víctor Cortizo.

ASOMEGA celebra o seu 25 Aniversario

1. Dr. López, Dra. Ana Fernández-Tojeiro, o delgado da Xunta José Ramón Ónega, Dr. Ancochea e de pé, Dr. Ruza, Dr. Álvarez de Mon e Dr. Charro.

A Asociación de Médicos Galegos en Madrid ASOMEGA, cumpre 25 anos da súa fundación e para celebralo realizou na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia un "Acto Conmemorativo do XXV Aniversario" no que participaron diferentes personalidades do ámbito da medicina, socios e directivos destes anos. O encontro estivo presidido polo delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega e nel interviñeron casi todos os presidentes que tivo ASOMEGA ata a data: Dr. Julio Ancochea Bermúdez, presidente actual; o Dr. Aniceteo Luís Charro Salgado, presidente de Honra; o Dr. Francisco Javier Ruza, expresidente da institución e o tamén expresidente Melchor Álvarez de Mon.

A Secretaría Xeral da Emigración felicitou a FAGAMA pola defensa da lingua no Día das Letras

1. De esquerda a dereita, Clodio Gzlez biógrafo de Fraguas, Ovidio Cadenas, presidente de FAGAMA, o delegado da Xunta en Madrid José Ramón Ónega, Antonio Casas subdirector xeral da Emigración e Fernando Gómez secretario de FAGAMA.

A Secretaría Xeral da Emigración felicitou esta mañá os centros e asociacións galegas con sede na capital de España pola defensa e a firme aposta que fan desde hai décadas pola preservación e difusión da nosa lingua durante un acto organizado pola Federación de Asociacións Galegas en Madrid (FAGAMA), que tivo lugar na Casa de Galicia madrileña, e á que asistiron o director de esta entidade, José Ramón Ónega López, e o subdirector xeral da Emigración e das Comunidades Galegas, Antonio Casas Calviño, quen quixo agradecer o seu labor aos asistentes a esta celebración do Día das Letras Galegas.

A Conferencia de Directores e Decanos de Enxeñería Química (CODDIQ) celebra a súa Asemblea Xeral na Casa de Galicia en Madrid

1. Pousado dos asistenetes á Asemblea co delegado da Xunta en Madrid José Ramón Ónega.

A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acolleu esta mañá a celebración da Asemblea Xeral da CODDIQ á que asistiron máis dunha vintena de profesionais. Este acto, de carácter anual, reúne aos representantes das súas institucións asociadas, centros universitarios onde se imparten os estudos de Enxeñería Química, para informar sobre o estado desta rama da Enxeñería, tanto no ámbito profesional como académico.

Mostrando o intervalo 11 - 20 de 842 resultados.