Notas de prensa

Mostrando o intervalo 291 - 300 de 857 resultados.

A Casa acolleu hoxe a presentación de "El estornudo de la mariposa" de José de Cora, a que asistiron máis dun centenar de persoas

1. De esquerda a dereita Romero Fontao, Conde de Fontao; o director xral. do Grupo El Progreso, José de Cora; o pte. do Consello de Estado, José Manuel Romay; o delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega e o editor e pte. de Edhasa, Daniel Fernández.

A novela do xornalista e escritor lucense José de Cora, "El estornudo de la mariposa. Los Garbo contra Hitler" presentouse hoxe na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia e no acto, ao que asistiron máis dun centenar de persoas,  interviñeron, ademais do autor, o delegado da Xunta en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega; o editor e presidente de Edhasa, Daniel Fernández, e o avogado e profesor universitario, José Manuel Romero Fontao, conde de Fontao.

A Fundación Barrié inicia hoxe na Casa de Galicia en Madrid a edición nacional do Programa Formativo Más Social

1. O delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega (terceiro pola dereita) con Mª Isabel Pérez (cuarta) e algúns dos representantes das Federacións.

A Casa de Galicia/Delegación da Xunta en Madrid acolle a edición nacional do Programa Formativo Máis Social Fundación Barrié dirixido a confederacións nacionais do Terceiro Sector, con temas de estratexia e liderado orientado a resultados, comunicación e márketing, captación de fondos, xestión de proxectos e xestión de persoas... Na xornada inaugural, o delegado da Xunta en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega, deu a benvida á directora de Acción Social da Fundación, María Isabel Pérez e valorou moi positivamente este tipo de accións. "Desde a Casa sempre apoiaremos todas as iniciativas que supoñan progreso e proxección para Galicia e neste campo, a Fundación Barrié é un referente indiscutible", dixo. "Por tanto, vai ter sempre as portas abertas desta Institución".

A Casa acolleu a presentación da novela "El códice de Clara Rosenberg" da xornalista Magdalena del Amo

1. De esquerda a dereita o escritor Enrique Gallud Jardiel,o delegado da Xunta en Madrid José R. Ónega, o pte. do Consello do Estado José Manuel Romay, o presidente do Parlamento de Galicia Miguel Santalices, o escritor Salvador Freixedo e Magdalena del Amo, a autora co seu libro.

A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acolleu esta tarde a presentación do libro "El  códice de Clara Rosenberg", de Magdalena del Amo, publicado por La Regla de Oro. No acto, presidido por José Manuel Romay, presidente do Consello de Estado, interviñeñeron o delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega; os escritores Enrique Gallud Jardiel e Salvador Freixedo; o presidente do Parlamento de Galicia Miguel Santalices; e a propia autora, Magdalena del Amo.

 

A Asociación Cultural As Ortigas presentou o proxecto "Estrugas", de aproveitamento e divulgación das propiedades das ortigas

O delegado da Xunta, José Ramón Ónega, e parte do público seguen algunhas explicacións dos promotores do acto sobre os seus produtos.

A Asociación Cultural As Ortigas, con sede no municipio ourensán de Celanova, presentou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia o proxecto "Estrugas. Unha opción máis para a economía galega", dirixido á recuperación, divulgación e aproveitamento gastronómico, homeopático, cosmético e fitosanitario das propiedades da planta, en especial da súa variedade "Urtica dioica". A presentación foi realizada por membros da directiva da Asociación e polo delegado da Xunta de Galicia en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega López. No acto, a Asociación deu a coñecer catro libros que teñen como protagonistas esta planta e produtos e elaboracións culinarias cuxo ingrediente principal é a ortiga, tales como cervexa, licor e ortigas enlatadas, entre outros, que foron degustados polos asistentes ao finalizar o acto.

A actriz pontevedresa Mercedes Castro e o guitarrista David González ofreceron o espectáculo "Contando con Roald Dahl"

David González, Mercedes Castro, o delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega, e Ramón Jiménez.

Con motivo do centenario do nacemento do escritor británico Roald Dahl, o dúo composto pola actriz pontevedresa Mercedes Castro e o guitarrista David González ofreceu hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia o espectáculo de música e voz "Contando con Roald Dahl", no que se lembrou a figura e obra do escritor. Dous das súas narracións, "Desexo" e "Cordeiro asado" chegaron ata o público a través da voz de Castro e a guitarra de González e potenciadas polas imaxes creadas para a ocasión polo videoartista Eduardo Yagüe, a música tamén composta para este proxecto polo músico Jorge M. González, o labor documentalista de Ana Martín Puigpelat e a de produción de Ustapiti.

A Casa acolleu a presentación do libro "Cartas de buena amistad. Epistolario de Emilia Pardo Bazán a Blanca de los Ríos (1893-1919)", de Ana Mª Freire e Dolores Thion-Soriano

1. De esquerda a dereitaa, Dolores Thion, o pte. do Consello de Estado, José M. Romay, el delegado de la Xunta en Madrid José Ramón Ónega, Ana Mª Freire y José Manuel G. Herrán.

 A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acolleu esta tarde a presentación do libro "Cartas de buena amistad. Epistolario de Emilia Pardo Bazán a Blanca de los Ríos (1893-1919)", de Ana Mª Freire López e Dolores Thion-Soriano Mollá, publicado por Iberoamericana Editorial Vervuert. No acto, que estivo presidido por José Manuel Romay Beccaría, presidente do Consello de Estado, interviñeron o delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega López; o catedrático da Universidade de Santiago de Compostela, José Manuel González Herrán e as autoras, a catedrática de Literatura Española da Universidade Nacional de Educación a Distancia (Madrid), Ana Mª Freire López; e a catedrática de Literatura Española da Université de Pau, Dolores Thion-Soriano Mollá.

La Casa acolle hoxe a xornada informativa "Túnel do viño da D.O. Monterrei" con presentación e cata de máis de 50 etiquetas

1. Luis Paadín,Isabel Mijares, Asunción R. Zarraquiños e o delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega brindando pola prosperidade do viño D.O. Monterrei.

A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acolle durante o día de hoxe a xornada informativa denominada "Túnel do viño D.O. Monterrei", para dar a coñecer e difundir, entre medios e profesionais do sector, máis de medio centenar de etiquetas correspondentes a 18 adegas da zona. No acto de presentación, que se realizou ao mediodía, interviñeron o delegado da Xunta en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega; o enólogo e organizador Luís Paadín; a vicepresidenta da Federación Internacional de xornalistas e escritores de viño, Isabel Mijares; e a presidenta do Consello Regulador da Denominación de Orixe, Asunción Rodríguez Zarraquiños.

A Casa inaugura a nova tempada coa exposición "Retallos de melancolía" de Ángeles Mera

1. A pintora viguesa Ángeles Mera ante un dos seus óleos.

A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia inaugura a nova tempada coa exposición "Retrincos de melancolía" de Ángeles Mera, na que a pintora viguesa ofrecerá a súa obra máis recente. Na ampla mostra, composta por un total de 42 óleos que ocupan as Salas A e B  da Casa, predominan as paisaxes, especialmente as galegas, que a artista logra plasmar coa súa cálida e persoal percepción, dacabalo entre o impresionismo e o realismo.

A mostra de pintura e gravado "De costa a costa" de Pepa Domingo, na Casa de Galicia este mes de xullo

1. Pepa Domingo cunha das súas obras.

A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acolle durante este mes de xullo a exposición de pintura e gravado "De costa a costa" de Pepa Domingo, artista multidisciplinar que ofrece nesta mostra dúas expresións complementarias con numerosas técnicas creativas para difundir a súa persoal percepción do mundo.

No acto de inauguración interviñeron o coordinador de Actividades da Casa, Ramón Jiménez, -quen o fixo en nome do delegado da Xunta en Madrid e director da Casa, José ramón Ónega-; a poeta Victoria Cuenca Gñeco; así como a propia autora, Pepa Domingo.

A Casa acolleu esta tarde a presentación de "Solo Rivas Fontán. Memorias de un político lejos del rebaño", de Adrián Rodríguez.

1. Henrique Alvarellos, Rivas Fontán, o delegado da Xunta en Madrid José Ramón Ónega, Adrián Rodríguez e Manuel Jabois.

"Este libro ten un enorme relevo fóra do que podería ser o seu ámbito natural, que é Galicia. Porque explica como funciona a política de partido, como funciona a administración, e iso homologa o libro a toda España", dixo na presentación o xornalista galego e prologuista da obra Manuel Jabois. "Solo Rivas Fontán explica como é por dentro o sistema, e o texto é pura dinamita", engadiu. No acto, que se celebrou na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia, interviñeron o delegado da Xunta en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega; o editor Henrique Alvarellos; o autor, xornalista e escritor Adrián Rodríguez; o xornalista e autor do prólogo Manuel Jabois; e o protagonista da obra, José Rivas Fontán.

Mostrando o intervalo 291 - 300 de 857 resultados.