Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Notas de prensa

Mostrando o intervalo 361 - 370 de 842 resultados.

A Casa de Galicia en Madrid acolle a primeira reunión dos socios do proxecto europeo "Empattics", do que Galicia é coordinadora

O delegado da Xunta, José Ramón Ónega, flanqueado polos representantes de Galicia, cos asistentes á reunión.

A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia acolleu hoxe a primeira reunión dos socios do proxecto europeo "Empattics", do que Galicia é coordinadora, tras asinarse, o pasado venres, día 18, o acordo da súa subvención. "Empattics" conta cun orzamento de cinco millóns de euros na convocatoria H2020.

Os contos infantís, protagonistas dunha conferencia ofrecida hoxe na Casa de Galicia en Madrid

Santín, Jiménez, Falcón e Egea

A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia acolleu hoxe a conferencia “O conto: soñar para vivir”, que pronunciaron a xornalista e escritora lucense Pilar Falcón, o presidente da Asociación Cultural da Vieira, Enrique Santín, tamén lucense, e a deseñadora e ilustradora Cristina Egea, marquesa consorte de la Ría de Ribadeo, que abordaron o mundo da fábula na actualidade. Entre os asistentes ao acto estivo o presidente do Consello de Estado, José Manuel Romay Beccaría.

A Orde do Camiño de Santiago entrega a súa Medalla de Ouro ao embaixador de Xapón en España, na Casa de Galicia en Madrid

Pampin impón a Medalla a Koshikawa ante o delegado da Xunta de Galicia, José Ramón Ónega, e Alejandro Rubín.

A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia foi esta tarde o escenario da entrega da Medalla de Ouro da Orde do Camiño de Santiago, que preside o exsenador Miguel Pampin Rúa, ao embaixador de Xapón en España, Kazuhiko Koshikawa, polo seu defensa dos valores do Camiño de Santiago. A Medalla foille imposta ao embaixador por Pampin Rúa e o diploma que a acredita foille entregado polo secretario xeral da Orde, Alfonso Barcia Raposo, en presenza de, entre outros, o delegado da Xunta de Galicia en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega López.

O delegado da Xunta en Madrid e director da Casa clausura as actividades de 2015 co concerto "Quince músicas, un mundo" a cargo do grupo lucense Batital

1. Batital co delegado da Xunta José Ramón Ónega que fixo un repaso polas actividades da Casa.

"A música purifica as paixóns e provoca nos humanos unha alegría inocente e pura", dixo o delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia José Ramón Ónega citando a Aristóteles na clausura das actividades de 2015; "Un ano no que se celebraron máis de 200 actos entre exposicións, presentacións de libros, ciclos de conferencias, simposios sobre materias moi variadas, presentación de produtos industriais, organización de eventos sociais, reunións empresariais e de todo tipo...". O grupo lucense Batital foi con "Quince músicas, un mundo" o encargado de poñer o broche a todos eles coa fusión entre músicas de diferentes países e a tradicional galega.

Os técnicos da Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos celebran na Casa de Galicia en Madrid a súa segunda reunión anual

Técnicos que acudiron á reunión co delegado da Xunta, José Ramón Ónega, e a xerente de APTE, Soidade Díaz, á súa esquerda.

A rede de técnicos da Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE), na que están integrados os de Galicia, celebrou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia o seu segundo encontro do ano, que se iniciou cunhas palabras de benvida por parte do delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega López.

AEGAMA clausura na Casa as actividades do ano 2015 con máis dun centenar de asistentes

1. O delegado da Xunta en Madrid José Ramón Ónega, no centro, coa xunta directiva de Aegama.

Un ano máis, a delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia, acolleu o acto de clausura de actividades de AEGAMA (Asociación de Empresarios Galegos en Madrid) á que asistiron máis dun centenar de socios, todos eles empresarios de orixe galega que desenvolven a súa actividade na capital de España. O delegado da Xunta de Galicia e director da Casa José Ramón Ónega deu a benvida tanto aos membros da xunta directiva como aos socios de AEGAMA, reiterándolles que "esta é tamén a súa Casa". 

A escritora lucense Elisa Vázquez de Gey presenta na Casa de Galicia a súa última novela, "Una casa en Amargura"

Elisa Vázquez de Gey, pousando co seu libro.

A exitosa escritora e filóloga lucense Elisa Vázquez de Gey presentou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia a súa última novela, “Una casa en Amargura”, publicada por Ediciones B, na que a aborda o inexplorado tema da escravitude doméstica urbana na Cuba española de finais do século XIX e recupera a memoria dos galegos que a padeceron. Xunto á autora, participaron na presentación o director de cinema y guionista Manuel Estudillo Santos e o coordinador de Actividades Culturais da Casa, Ramón Jiménez, que o fixo en representación do delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega López.

Presentado na Casa de Galicia o libro "Relatos de halcones y palomas", do escritor e xornalista Eugenio Feijóo

Eugenio Feijóo, co seu último libro.

A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia acolleu hoxe a presentación do libro “Relatos de halcones y palomas. Historias de la vida misma”, unha obra do escritor e xornalista Eugenio Feijóo editada por Bubok que reúne “pequenas historias” nas que se narran “diferentes tipos de comportamento baixo os conceptos articuladores e xenéricos de ´falcóns´ e de ´pombas´”, no que os primeiros adoptan a lei do máis forte e os segundos un posicionamento pacifista. En total desenvólvense vinte e dúas historias, e seis delas refírense a Galicia ou a personaxes galegos, unha constate na obra deste autor. Os relatos forman tres bloques, referidos ao amor, a empresa e a sociedade, e moitos deles baséanse en situacións, persoas e feitos que o autor viviu de preto.

Lázare rende en Madrid homenaxe á Galicia dos nosos avós

Lázare ante VIVENCIAS COMPARTIDAS, a súa obra de maior formato.

Durante este mes, as salas da Casa de Galicia/Delegación da Xunta en Madrid acollerán a exposición "As imaxes do Século pasado como pretexto", do pintor lucense Jesús López Lázare. Coa materialización deste proxecto longamente pensado e no que estivo a traballar o último lustro, o artista rende homenaxe ás xentes e estampas de entón, "ao mundo do que me falaban os meus avós cando era neno".

Códice Calixtino, tema central da conferencia que clausurou o "XV Seminario José Antonio Cimadevila Covelo de Estudios Jacobeos"

Un momento da conferencia de Díaz Bustamante, con público.

O Códice Calixtino da Catedral de Santiago foi o fío condutor da conferencia “O Códice Calixtino e algunhas curiosidades camiño de Santiago”, ofrecida hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia polo catedrático de Latín da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela José Manuel Díaz de Bustamante. Con ela clausurouse a XV edición do “Seminario José Antonio Cimadevila Covelo de Estudios Jacobeos”, que veu desenvolvéndose na Delegación desde o pasado luns organizado en colaboración coa “Asociación de Amigos de los Caminos de Santiago de Madrid”.

Mostrando o intervalo 361 - 370 de 842 resultados.