Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Notas de prensa

Mostrando o intervalo 391 - 400 de 887 resultados.

José Julio Fernández presenta na Casa de Galicia en Madrid o seu primeiro libro infantil, "Astropal. Un cometa con corazón"

Jiménez, Fernández, Serrano e Comas-Mata.

José Julio Fernández, o ata hai pouco Valedor do Pobo de Galicia, presentou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia o seu primeiro libro infantil, “Astropal. Un comenta con corazón”, ilustrado por Laura González e publicado, en galego e en castelán, por Hércules de Edicións.

Emilio Rúa presentou hoxe en Madrid "Querida alegría", sexto disco do cantautor ourensano nun recital de guitarra e voz

1. Emilio Rúa nun momento d a súa interpretación.

"Este é o disco máis sinxelo e o disco máis eu", dixo na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia o cantautor Emilio Rúa do seu último traballo "Querida alegría", o sexto da súa carreira financiado vía crowdfunding, no que mestura cancións inéditas, versións doutros discos e revisións de temas populares, ademais de contar coa colaboración das cantareiras e pandereteiras Xestreu, Carlos Blanco, o músico vasco Kepa Junquera e o guitarrista Daniel Minimalia. Rúa ofreceu esta tarde, na Casa, ante case un centenar de persoas, un amplo recital de guitarra e voz co mesmo nome, cos temas do novo traballo así como outras cancións de discos anteriores.

A Casa de Galicia inicia o Ciclo de conferencias "Galicia á vangarda da investigación mariña" cunha exposición de Uxío Labarta

Os profesores Labarta e Villalba flanqueando ao delegado da Xunta, J.R. Ónega.

A investigación mariña en Galicia é o obxecto do ciclo de conferencias “Galicia á vangarda da investigación mariña” que coordinado polo doutor Antonio Villalba García, do Centro de Investigacións Mariñas de Vilanova de Arousa, da Xunta de Galicia, iniciouse hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia. Inaugurouno a conferencia “A investigación mariña en Galicia, vocación histórica de vangarda”, impartida polo profesor Uxío Labarta Fernández, do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC, de Vigo. A ela seguiranlle outras cinco ata finais de abril, todas a cargo de prestixiosos especialistas que desenvolven o seu labor en centros de Galicia.

O escultor Xoán Vila inaugurou na Casa de Galicia en Madrid a mostra "O bulebule dos soños"

Xoán Vila e o delegado da Xunta, J.R. Ónega.

Xoán Vila, escultor lucense, inaugurou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia a exposición de esculturas “O bulebule dos soños”, composta por catorce das súas esculturas en madeira de castiñeiro autóctono de Galicia, policromadas, que poderá verse nas instalacións da Casa ata o próximo 27 de febreiro.

A Casa acolle "Ao meu mundo" de Maica Nöis, ata o día 27

1. Maica Nöis coa súa obra HUELLAS DE LUZ SOBRE LAS ARENAS DEL TIEMPO.

A Casa de Galicia, Delegación da Xunta en Madrid acolle desde hoxe ata o día 27 a exposición de pintura "AO MEU MUNDO- Visións desde o interior, 2011-2016" da polifacética artista Maica Nöis quen toma o seu nome do lugar lucense (entre Foz e Burela) onde pasou a súa infancia, onde volvía cada verán nos primeiros anos e que segue marcando a súa traxectoria creativa e vital.

Preto dun centenar de persoas acudiron ao acto de inauguración no que interviñeron, ademais da autora, o coordinador de Actividades Ramón Jiménez, quen o fixo en nome do delegado da Xunta e director da Casa José Ramón Ónega; a escritora e xornalista Julia Sáez-Angulo, membro da Asociación Internacional de Críticos de Arte e o artista Jaime Galdeano, pintor e ex presidente da Agrupación Española de Acuarelistas.

A Casa de Galicia, escenario dun encontro entre o embaixador de China e directivos e membros da asociación Cátedra China

O delegado da Xunta, José Ramón Ónega, o embaixador Lyu Fan e o presidente de Cátedra Chinesa, Marcelo Muñoz.

A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia foi hoxe escenario dun encontro entre o embaixador da República Popular China en España, Lyu Fan, e destacados membros do Claustro Senior da asociación española Cátedra Chinesa, entre eles o seu presidente, Marcelo Muñoz Álvarez, e o seu vicepresidente, o coruñés Víctor Cortizo Rodríguez. O encontro contou coa presenza do delegado da Xunta de Galicia en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega López, anfitrión do acto, e de diversos cargos da Embaixada chinesa, entre outros.

La Casa acolleu hoxe a presentación de "Cuentos de la Mitología Celta" de Alicia Esteban e Mercedes Aguirre

1. Alicia Esteban, Ramón Jiménez, Mercedes Aguirre e José María de la Torre posan sonrintes cos exemplares do libro CUENTOS DE LA MITOLOGÍA CELTA .

A Casa de Galicia, Delegación da Xunta en Madrid, acolleu hoxe a presentación do libro Cuentos de la mitología celta de Alicia Esteban e Mercedes Aguirre, con ilustracións de Patricia Simón, publicado por Edicións de la Torre.

No acto interviñeron ademais das autoras, o coordinador de Actividades Culturais, Ramón Jiménez, quen o fixo en nome do delegado da Xunta e director da Casa José Ramón Ónega, e o editor José María G. de la Torre.

A Xunta colabora con 1,3 millóns de euros co Colexio de Enxeñeiros Navais no control das axudas comunitarias dirixidas ao sector pesqueiro

Maneiro, Ónega, Quintana, Vilches e Llompart (C. de Enxeñeiros N.).

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, e o decano presidente do Colexio Oficial de Enxeñeiros Navais e Oceánicos de España, Luis Vilches, asinaron esta mañá un convenio de colaboración entre a Consellería e o Colexiopara realizar accións de valoración, seguimento e control de proxectos de investimentos subvencionables a través do Programa Operativo do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca 2014-2020 (FEMP). A esta colaboración a Consellería do Mar destina un importe de 1,3 millóns de euros para as anualidades de 2016, 2017 e 2018.

A Casa de Galicia acolleu a conferencia "As lagoas do éxito", da "coach" Rosa Algarrada

Alonso, Cerdeira, Algarrada, Román e Masager.

A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia acolleu hoxe a conferencia "As lagoas do éxito", organizada pola Asociación de Empresarios Galegos en Madrid (Aegama) e Coaching Lyskam e impartida pola "coach" Rosa Algarrada, directora de proxectos de Coaching Lyskam, que se completou coa introdución á temática "O email na actualidade" e a súa validez xurídica, que estivo a cargo da "country manager" de Alinto Ana Román.

A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, promociona a súa cidade como destino turístico na Casa de Galicia en Madrid

Os intervenientes na presentación con destacados lucenses que acudiron ao acto.

“Mondoñedo como cidade turística” foi o lema da presentación realizada hoxe pola alcaldesa desta cidade lucense, Elena Candia López, na sede da Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia, para promocionala turísticamente e dar a coñecer a súa riqueza cultural, patrimonial, artística e de natureza. A alcaldesa estivo acompañada por delegado da Xunta de Galicia en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega López, nun acto que presidiu o presidente do Consello de Estado, José Manuel Romay Beccaría, e ao que acudiron destacados lucenses radicados na capital como os empresarios Francisco Cal Pardo e José Cerdeira, os xornalistas Jenaro Castro e Elías Rodríguez, os deputados Joaquín García Díez e Jaime Eduardo de Olano e o ex alto cargo do Ministerio de Agricultura Francisco José Simón Vila.

Mostrando o intervalo 391 - 400 de 887 resultados.