Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Notas de prensa

Mostrando o intervalo 401 - 410 de 862 resultados.

"Falando para o colo da camisa", gravados de Isabel Somoza na Casa ata o 27 de este mes

Isabel Somoza ante a súa obra de puños realizados por xilografía, auforte e gravado matérico.

A Casa de Galicia, sede institucional da Xunta en Madrid, ofrece ata o día 27 deste mes a exposición de gravados "Falando para o colo da camisa", da artista e investigadora lucense Isabel Somoza que traballa con novos e alternativos soportes como resinas de poliéster, vidro ou tecidos. Esta orixinal mostra está composta por unha selección de obras estampadas en elementos de xastrería, tecidos, puños e colos de camisas.

Presentado na Casa o libro "O Piloto, el guerrillero" de Afonso Eiré

Na mesa, Carlos Reigosa, José Ramón Ónega, Afonso Eiré, e Francisco R. Iglesias, de esquerda a dereita.

A Casa de Galicia, sede da delegación da Xunta de Galicia en Madrid, acolleu esta tarde a presentación do libro “O Piloto, el último guerrillero” de Afonso Eiré, publicado por Hércules de Edicións agora en castelán. A obra é unha biografía novelada e moi documentada sobre o lucense Xosé Luís Castro Veiga, O Piloto, o último guerrilleiro morto en combate, fai diso 50 anos.

A poeta Rosa Mª Milleiro presentou na Casa o seu libro "Amarré la distancia con el cordón de los zapatos"

De esquerda a dereita, Rosalía Castiñeiras, Rafael Permuy, Ramón Jiménez, Rosa M. Milleiro, Julia León e Basilio R. Cañada.

A delegación da Xunta de Galicia en Madrid, Casa de Galicia acolleu esta tarde a presentación do libro "Amarré la distancia en el cordón de los zapatos" da poeta ferrolá Rosa María Milleiro. A obra, publicada polo Grupo Editorial Sial Pigmalión, é un poemario bilingüe español-galego no que a autora mostra e comparte as súas inquietudes e sentimentos.

Vicente Araguas presenta na Casa de Galicia en Madrid a súa obra "Nos dio por llorar mientras llovía", editada por Lastura

Araguas, Jiménez, López e Palomares.

A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia acolleu hoxe a presentación do primeiro libro de relatos en castelán do escritor e crítico literario coruñés Vicente Araguas, “Nos dio por llorar mientras llovía”, editado por Lastura, xa na súa segunda edición. Interviñeron na presentación, ademais do autor, o escritor e xornalista Alfonso S. Palomares, a directora da editorial, Lidia López Miguel, e, en representación do delegado da Xunta, José Ramón Ónega López, o coordinador de Actividades Culturais da Casa, Ramón Jiménez.

Alvarellos Editora presenta na Casa de Galicia en Madrid o libro "No tempo de ´Follas Novas´. Unha viaxe pola literatura universal"

Barquero, Campo, Jiménez, G. Negro, Araguas e Alvarellos.

Alvarellos Editora presentou esta tarde na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia o libro “Non tempo de ´Follas novas´. Unha viaxe pola literatura universal”, do que é coordinadora e coautora María Pilar García Negro, lucense, profesora da Universidade da Coruña e especialista na obra de Rosalía de Castro. No libro colaboran outros dezasete escritores que abordan outras tantas obras e autores contemporáneos de Rosalía, compoñendo esta obra coral.

Summun Delicatessen presenta na Casa de Galicia en Madrid Gastroarte, a suma de productos gourmet e obras de arte

Pérez Pardo, Ónega, Castro e Ebra, antes do acto.

Summun Delicatessen, empresa galega de distribución de produtos emblemáticos de calidade, presentou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia a iniciativa Gastroarte, un novo concepto que desenvolve en colaboración coa marchante de arte Milagros Castro no que se axuntan produtos de exclusivas marcas gourmet galegas e obras de arte de pintores contemporáneos de recoñecido prestixio, tamén galegos. Nesta edición do artista ourensán Manolo Ebra.

Presentado na Casa o libro "Tempo Poético" de Alfredo Puy

Javier Bahamonde, Alfredo Puy, Ramón Jiménez, Julie Sopetrán e Basilio Rodríguez Cañada.

Esta tarde presentouse na delegación da Xunta en Madrid, Casa de Galicia, o segundo poemario de Alfredo Puy, "Tempo Poético", no que "evidénciase unha evolución significativa nos achados estilísticos e nunha pericia métrica tan atrevida como complexa".

No acto, cuxa presentación correu a cargo do coordinador de Actividades da Casa Ramón Jiménez, interviñeron, ademais do autor Alfredo Puy; o historiador e escritor Javier Bahamonde Santiso de Ossorio; a escritora e poeta Julie Sopetrán; e o escritor e presidente do Grupo Editorial Sial Pigmalión Basilio Rodríguez Cañada

A Comisión de Turismo do Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade de España celebra a súa reunión constitutiva na Casa de Galicia en Madrid

Os representantes das ciudades con Ónega, Rivas e Blanco.

A Comisión de Turismo do Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade de España celebrou hoxe a súa reunión constitutiva, tras as eleccións municipais, na delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia, coa presenza, entre outros, do alcalde de Ávila e novo presidente do Grupo, José Luís Rivas Hernández, a directora xeral de Turespaña, Marta Blanco Quesada, e os concelleiros representantes das cidades que forman parte do Grupo. Foron recibidos polo delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega, quen como anfitrión lles dió a benvida á Casa e deséxolles éxito no seu traballo, palabras que foron correspondidas por Rivas.

A Casa de Galicia en Madrid acolle unha exposición de obras da última década do artista pontevedrés Juan Garcés

Soledad Garcés e Ramón Jiménez.

A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia acolle este mes de outubro unha mostra da pintura do desaparecido artista pontevedrés Juan Garcés, que xa exhibiu a súa arte nas súas instalacións en 2003. A exposición, que se inaugurou hoxe e poderá verse ata o próximo día 30, ocupa as salas A e B da Casa e está composta por unha selección de trinta obras da última década do artista de temáticas diversas (figuras, mariñas e paisaxes, sempre presentes na súa traxectoria) e preséntase como homenaxe ao artista e preámbulo a unha retrospectiva antolóxica que sobre a súa traxectoria artística están a preparar os seus achegados.

A Casa acolleu esta mañá a Xornada Empresarial de AEGAMA sobre "Xestión do patrimonio financeiro e inmobiliario" organizada en colaboración con Optima Financial Planners

Alonso, Ónega, Lage e Rey, de esquerda a dereita.

 

A Casa de Galicia, delegación da Xunta en Madrid, acolleu esta mañá a Xornada empresarial “Xestión do Patrimonio Financeiro e Inmobiliario”,  organizada pola Asociación de Empresarios Galegos en Madrid (AEGAMA) en colaboración con OPTIMA Financial Planners, empresa especializada en Planificación Financeiro-Fiscal, para ofrecer aos asociados e interesados as claves sobre asesoramento financeiro. 

Mostrando o intervalo 401 - 410 de 862 resultados.