Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Notas de prensa

Mostrando o intervalo 661 - 670 de 878 resultados.

Patricia Martínez de Vicente presenta na Casa de Galicia a súa última novela histórica, "Paso Dobre. Salvados do Holocausto vía España"

Martínez de Vicente posa co seu libro.

Patricia Martínez de Vicente, autora das novelas históricas "Embassy e a Intelixencia de Mambrú" e "A clave Embassy", sobre os salvamentos humanitarios auspiciados dende a Embaixada británica en Madrid a perseguidos polo nazismo, nos que xogou un importante papel o seu pai, o médico galego Martínez Alonso e que tiveron a Galicia como importante escenario de referencia, presentou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia, a súa última obra, "Paso Dobre. Salvados do Holocausto vía España", editada por Amazon. Con ela conclúe a triloxía dese "lado amable das guerras" que define a autora, xa que tamén trata sobre os salvamentos humanitarios e clandestinos a través de España.

Paloma Jaén expón na Casa de Galicia en Madrid "A miña vida a pinceladas", unha mostra naïf con escenas galegas e madrileñas

A pintora explica algunhas dás súas obras, de temática galega.

A artista Paloma Jaén –madrileña afincada en Ferrol- inaugurou hoxe na Delegación da Casa de Galicia en Madrid/Casa de Galicia a exposición de pintura "A miña vida a pinceladas", cuxos cadros, de estilo naïf, representan escenas cotiás e festivas de Galicia e de Madrid, as dúas comunidades de referencia da pintora, que confesa ter o corazón repartido entre os dous sitios. A mostra poderá contemplarse ata o próximo día 31.

O artista alemán Detlef Kappeler expón a mostra pictórica "Costa da Morte" na Casa de Galicia en Madrid

O delegado, o pintor e o embaixador ante un dos cuadros.

  Detlef Kappeler, artista e catedrático alemán residente en Galicia inaugurou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia a súa exposición de pintura "Costa da Morte", organizada coa colaboración da Embaixada de Alemaña en España, que poderá verse ata o próximo día 31. No acto interviñeron, ademais do pintor, o embaixador da República Federal de Alemaña, Reinhard Silberberg, o doutor en Historia da Arte pola Universidade Complutense de Madrid e profesor na Universidade de Vigo Antón Castro e o delegado da Xunta de Galicia en Madrid/director da Casa Galicia, José Ramón Ónega.

Directivos do Club Deportivo Lugo presentaron na Casa de Galicia o seu proceso de transformación en Sociedade Anónima Deportiva

Un momento do acto cunha proxección do Club ao fondo.

 Directivos do Club Deportivo Lugo, encabezados polo seu presidente, José Bouso Alvite, presentaron esta tarde nun acto informativo celebrado na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia o proceso de conversión do Club en Sociedade Anónima Deportiva, requisito esixido para formar parte dunha categoría de fútbol profesional, para o que a entidade debera conseguir un capital de 3.015.000 euros ou, pola contra, descenderá de categoría. Para iso abriu un período de subscrición de accións cuxa última fase finalizará o próximo 31 de maio.

A Casa acolleu a presentación do libro "La felicidad en el trabajo ... y en la vida" de Santiago Vázquez, a que asistiron máis dun centenar de persoas

De esquerda a dereita, Vázquez Blanco, Ónega, Romay, Seco e Vázquez-Pena

Máis dun centenar de persoas acudiron á delegación da Xunta en Madrid, Casa de Galicia, á presentación do libro "La Felicidad en el trabajo... y en la vida" do sociólogo, economista e licenciado en Ciencias Políticas Santiago Vázquez Blanco, publicado por Actualia Editorial. No acto, que presidiu José Manuel Romay Beccaría, presidente do Consello de Estado, interviñeron o delegado da Xunta e director da Casa, José Ramón Ónega López; a editora, Cristina Seco López; o exdirector xeral de Recursos de Unión Fenosa, José María Vázquez-Pena e o propio autor, Santiago Vázquez Blanco.

Pardo Caeiro presentou o seu último libro, "Santiago de Compostela. Un camiño de estrelas á eternidade", na Casa de Galicia en Madrid

Pardo Caeiro mostra a súa obra.

A Casa de Galicia-Delegación da Xunta de Galicia en Madrid, acolleu hoxe a presentación do libro "Santiago de Compostela. Un camiño de estrelas á eternidade", do editor, escritor e fotógrafo José Luis Pardo Caeiro, publicado por Espacio Cultura Editores. Trátase dun libro belo, raro e exquisito, ben editado, aparentemente sinxelo e de gran dimensión espiritual, dirixido máis ao corazón que ao intelecto pero construído sobre unha base de erudición ben asentada, que conxuga texto e fotografías.

O músico tudense Samuel Diz ofreceu o recital comentado "Guitarra clásica galega" na Casa de Galicia en Madrid

Diz nun momento da súa actuación.

 O músico galego -de Tui- Samuel Diz ofreceu hoxe na Casa de Galicia-Delegación da Xunta de Galicia en Madrid o recital comentado "Guitarra clásica galega", no que interpretou unha selección de temas do seu último traballo discográfico que, co mesmo nome, foi editado polo selo Ouvirmos co apoio da Secretaría Xeral de Cultura e a Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic). Este traballo é unha mostra directa do compromiso de Diz co patrimonio musical galego, para o que recupera a identidade histórica da guitarra clásica en Galicia facendo un percorrido polo pasado, presente e futuro do instrumento na cultura galega.

Presentación de "O atraso político do nacionalismo autonomista galego"

Mora, Ónega e Fidalgo

A Casa de Galicia acolleu hoxe a presentación do libro Ou atraso político do nacionalismo autonomista galego" de Félix Rodrigo Mora, publicado por Edições da Terra. A obra ofrece unha visión que foxe dos tópicos e mostra unha terra moi rica e plural, baseándose na investigación realizada sobre o mundo rural popular tradicional galego dende o século XVIII ata a década dos noventa do pasado século, na que practicamente desapareceu.

A Bakin´ Blues Band ofreceu un concerto na Casa

Jiménez presenta o acto

A Bakin Blues Band de Santiago de Compostela, que estará en Madrid toda a semana, ofreceu hoxe na delegación da Xunta en Madrid un concerto para difundir no Foro o seu amplo repertorio no que ademais de recoller as influencias da música afroamericana, jazz, country, funky e soul, adaptan tamén ao seu estilo temas tradicionais do folk galaico. A banda intégrana cinco experimentados músicos, Javier Turnes, voz e guitarra; David “Tato”, guitarra; David Prieto, baixo e voz; Alejandro Casquero, piano; e  Pablo Bárez, batería.

Rosalía volve á Casa ao conmemorarse 150 anos de "Cantares"

Santiago Losada e Ramón Jiménez

A Casa de Galicia conmemora os 150 anos da publicación de Cantares Galegos de Rosalía de Castro coa conferencia "A poesía rosaliana como símbolo da identidade galega" polo profesor de filosofía, Santiago Losada Carregal. No acto, varias persoas recitaron poemas que ilustraron as diferentes explicacións do relator.

Mostrando o intervalo 661 - 670 de 878 resultados.