Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Notas de prensa

Mostrando o intervalo 691 - 700 de 887 resultados.

Carlota Lama presenta a súa novela "O encontro das aguas" en la Casa de Galicia en Madrid

Jiménez, Lama e Cintado.

A escritora coruñesa Carlota Lama presentou hoxe na Casa de Galicia-Delegación da Xunta de Galicia en Madrid a súa última "O encontro das augas" publicada por Edicións Atlantis e ambientada na desembocadura do río Miño, en "unha paisaxe sen igual, que arrepía", onde "as augas doce e salgadas están en perpetua loita, como as almas de Susana e Miguel, cuxas vidas parecen perseguidas pola sombra dun home que deu renda solta aos seus instintos aproveitando a súa posición: don Eusebio, o cura da aldea, que está a punto de morrer". En "O encontro das augas" os personaxes analizan as súas vidas nunha apaixonada busca interior e mostran a perspectiva da súa existencia, dando, ás veces, os seus puntos de vista dos mesmos feitos.

Presentado na Casa de Galicia en Madrid un libro sobre a posible coincidencia de diseño de seres vivos no cosmos

Herikberto M.Q., Jiménez e Aguirre Cebeiro.

A Casa de Galicia-Delegación da Xunta de Galicia en Madrid acolleu esta tarde a presentación do libro "A teoría dos deseños coincidentes", do autor ourensano Herikberto M. Quesada, que desenvolve nel a teoría de que a evolución no cosmos pode producirse por camiños adaptativos converxentes, desenvolvéndose seres vivos moi similares aos do noso planeta, mesmo ao ser humano.

A Casa de Galicia acolle a presentación do libro "Un vulto na mama. Ti elixes cómo abordalo"

Teresa Ferreiro co seu libro.

A Casa de Galicia en Madrid-Delegación da Xunta de Galicia, acolleu hoxe a presentación do libro da xornalista galega Teresa Ferreiro "Un vulto na mama. Ti elixes como abordalo", editado por Edicións Obelisco e baseado na experiencia persoal da autora e a súa forma de posicionarse ante a enfermidade.

A relixión, o ritual e o simbolismo, trazos culturais da celticidade en Galicia

García Fdez-Albalát, Jiménez e Cerdeira.

A celticidade de Galicia, demostrada pola lingua, consiste en trazos culturais que inclúen parámetros máis amplos que a tipoloxía arqueolóxica, como é a profundidade da relixión, o ritual e o simbolismo. Así o sostivo hoxe a arqueóloga coruñesa especialista en relixión celta e membro de "Os Amigos da Cultura Celta" Blanca García Fernández-Albalát na conferencia "A celticidade de Gallaecia: Discusións e estado da cuestión", que impartiu na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia.

Luisa Rubines inaugura na Casa, con máis de cen persoas, a mostra fotográfica "As árbores do bo camiño", composta por impresionantes imaxes da Ribeira Sacra en caixas de luz

De esquerda a dereita, a xornalista Pilar Rubines, a artista Luisa Rubines, José Ramón Ónega e Ramón Jiménez

Un total de 35 fotografías, delas máis dun terzo en caixas de luz e o resto enmarcadas e en bastidores, compoñen a exposición "AS ÁRBORES DO BO CAMIÑO" da lucense Luisa Rubines que acollerán as salas A e B da delegación da Xunta de Galicia en Madrid ata o día primeiro de marzo. As protagonistas das imaxes son as árbores da Ribeira Sacra do Miño, que permanecen mergulladas gran parte do tempo e só poden verse cando baixa a canle do río.

Galicia, Castela-A Mancha e Andalucía únense en defensa da intensidade das axudas europeas no marco 2014- 2020

Esteban, Rueda e Ávila.

·         As tres administracións ratificaron en Madrid unha declaración conxunta en defensa da intensidade da axuda transitoria e dunha rede de seguridade

·         Adiántanse ao Consello Europeo do 7 e 8 de febreiro, onde se pretende alcanzar un acordo definitivo sobre o presuposto comunitario dos próximos sete anos

·         Esperan conseguir que se manteña a proposta da Comisión apoiada polo Parlamento Europeo e o Comité de Rexións

Ónega participa nun acto de promoción da Mancomunidade Terra Chá, en Fitur

Ónega, Arias e Castosa.

O delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, participou hoxe nun acto de promoción da Mancomunidade Terra Chá que tivo lugar en Fitur. Ónega resaltou as bondades desta bisbarra xunto ao seu presidente, Armando Castosa, que tamén fixo unha ampla exposición sobre ela, e a delegada da Xunta de Galicia en Lugo, Raquel Arias.

A Asociación Española de Cidades da Pesca (Aecipe) celebrou a súa Asemblea Xeral na Casa de Galicia en Madrid

Os membros da Asemblea con Ana Rodríguez.

A Asociación Española de Cidades da Pesca (AECIPE), celebrou hoxe na Casa de Galicia-Delegación da Xunta de Galicia en Madrid, en sesión ordinaria, á súa Xunta Directiva e Asemblea Xeral, como xa fixese coas últimas reunións da Asociación.

"O pausado Camiño Inglés": Outra forma de chegar a Compostela

Jesús Asorey, Aser Álvarez, JR Ónega, José Manuel Otero e CarlosTardáguila

A delegación da Xunta en Madrid acolleu esta mañá, coincidindo coa maior Feira Internacional de Turismo (FITUR) a presentación  da Guía “O pausado Camiño inglés; The Slow English Way”, edición bilingüe de peto e divulgativa sobre unha das rutas xacobeas máis atractivas e a máis descoñecida e menos transitada de todas. Esta publicación, que inclúe códigos QR que permiten descargar material audiovisual sobre cada unha das etapas desta ruta, é un dos froitos do convenio de colaboración da Deputación da Coruña coas Asociacións de Hostalería de Ferrol, A Coruña, Santiago e Hospeco en 2012, para a desestacionalización do turismo nesta provincia.

Nava Castro: "O custo do posto galego en Fitur será un 30% menos que en 2012"

Pita, Castro y Ónega.
  • A Secretaria Xeral de Turismo, Nava Castro, acompañada do director da Casa de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega e da xerente de Turgalicia, Carmen Pita, explicou as principais novidades da participación de Turismo de Galicia na edición número 33 da Feira de Turismo de Madrid.
  • Galicia apostará en Fitur pola introdución da marca turística nos diferentes mercados emisores, a promo-comercialización e o apoio ao empresariado turístico galego.
  • Ademais dos dez novos modos de descubrir Galicia, o posto galego -que este ano ocupa menos espazo para racionalizar o custo- contará con módulos dedicados a todos os xeodestinos de Galicia, o Camiño de Santiago e o Turismo de Cidade.
Mostrando o intervalo 691 - 700 de 887 resultados.