Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Notas de prensa

Mostrando o intervalo 741 - 750 de 890 resultados.

Preto dun cento de persoas acudiron a presentación do libro "Seguindo ao Sol (Unha guía de viaxes o fin do mundo)" do xornalista e fotógrafo Gabriel Fraga de Cal

A Delegación da Xunta acolleu, nesta ocasión, a presentación do libro "Seguindo ao sol. (Unha guía de viaxes o fin do mundo) ", do xornalista e fotógrafo ferrolano afincado en Londres, Gabriel Fraga de Cal, unha obra cunha coidada edición bilingüe (castelán-inglés), publicada pola Deputación de A Coruña. No acto, ao que asistiron preto dun cento de persoas, interviñeron o delegado da Xunta e director da Casa, José Ramón Ónega López; o catedrático de Prehistoria da Universidade Complutense, Gonzalo Ruiz Zapatero; o presidente da Asociación Cultural da Vieira, Enrique Santín Díaz e o propio autor, Gabriel Fraga de Cal.

Cultura promociona o audiovisual galego no mercado internacional con 'Galicia at Madrid de cine"

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria desenvolveu hoxe martes 19 de xuño ás 20.00 horas na Casa de Galicia en Madrid o acto Galicia at Madrid de Cine, no marco da VII edición de Madrid de Cine-Spanish Film Screenings. Este evento, ao que asistiron preto de duascentas persoas de diferentes países, contribuirá a difundir os filmes galegos dentro dun mercado que está considerado como unha das máis importantes plataformas internacionais para o cine español.

O Colexio de Avogados de Madrid convoca letrados de todo o mundo na Casa de Galicia

O Colexio de Avogados de Madrid convocou hoxe na Casa de Galicia en Madrid a avogados de todo o mundo con ocasión dos seus Encontros en Madrid, a actividade internacional máis relevante que organiza o Colexio, na que participan os máximos representantes de Colexios de Avogados de todo o mundo, principalmente de Europa, Asia e Iberoamérica, para departir sobre temas de actualidade de interese común. Nesta ocasión os Encontros, que se están a celebrar os días 14, 15 e 16 de xuño, están orientados a Galicia.

O esplendor celta recreouse hoxe na Casa de Galicia en Madrid, coa colaboración do colectivo " Amigos da Cultura Celta"

O esplendor da cultura celta recreouse hoxe na Casa de Galicia en Madrid na que resultou unha longa e exitosa reunión a través da mesa redonda "O celtismo e a identidade do pobo galego", organizada coa colaboración do colectivo Amigos da Cultura Celta, na que interviñeron como relatores o director da Real Academia de Belas Artes de San Fernando, Antonio Bonet Correa, e o catedrático de Prehistoria da Universidade de Alicante, Alberto José Lorrio Alvarado, e como moderador o anticuario da Real Academia da Historia, Martín Almagro Gorbea, acompañados do director da Casa e delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, na súa calidade de anfitrión.

Preséntase na Casa de Galicia de Madrid "A flor antiga", última novela do escritor galego Franco Taboada

 "A flor antiga", a última novela do escritor galego Arturo Franco Taboada, editada por Pigmalión, foi presentada hoxe na Casa de Galicia-Delegación da Xunta de Galicia en Madrid nun acto no que participaron, ademais do autor, o presidente do Consello de Estado de España, José Manuel Romay Beccaría, o presidente da Fundación Sánchez Ruipérez, César Antonio Molina, o catedrático da Universidade de Alcalá de Henares e escritor José Manuel Otero Lastres, o representante de Pigmalión, editor e escritor Basilio Rodríguez Cañadas e o delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega.

A Casa de Galicia en Madrid acolle o resultado das últimas investigacións pictóricas da artista pontevedresa Chuneta

O resultado das últimas investigacións pictóricas da artista pontevedresa Chuneta -Mercedes Sánchez-Agustino Pita- exhíbese dende hoxe e ata o próximo día 29 en dúas das salas de exposicións da Casa de Galicia-Delegación da Xunta de Galicia en Madrid, nunha mostra que leva o nome da pintora e que recolle os seus últimos traballos en pintura, relacionados coa animación, así como pezas de pintura-escultura nas que a primeira se acha despoxada do soporte.

Escultopinturas de "Zeta" na Casa ata o 29 de xuño

Inauguración da mostra de pintura e escultura de Abelardo Manuel Rodríguez López "Zeta", artista expresivo, xestual e enérxico, cuxas creacións son auténticas "escultopinturas". No acto interviñeron o coordinador de Actividades da Casa, Ramón Jiménez Pérez, a pintora Ana Ferreiro Álvarez e o propio autor, Abelardo Manuel Rodríguez López, coñecido dende a súa infancia como "Zeta" e nome que tamén adoptou no mundo artístico.

"Eu asusteime algo cando vin en directo onte estes grandes cadros con eses pedrolos incrustados ameazando caer e esmagarche un pé, ata que descubrín por pura casualidade que non eran tales pedras senón unha simulación de pedras pintadas, realizadas cun enorme esmero a base de poliespán", desvelou na presentación o coordinador da Casa.

A delegación da Xunta en Madrid colabora coa universidade de Santiago no proxecto Galicia Mundi

A delegación da Xunta en Madrid colaborou activamente esta semana no traballo de campo que os profesores da Universidade de Santiago, Vicente Peña Saavedra e Antonio Rodríguez Martínez están a realizar dende fai dous cursos para analizar o asociacionismo dos galegos no exterior. O delegado da Xunta en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega López, xunto cos coordinadores de Actividades da Casa, Ana Rodríguez Barrena e Ramón Jiménez Pérez mantiveron unha densa reunión cos investigadores para informar e achegar datos das diferentes asociacións profesionais, culturais e centros galegos da Comunidade de Madrid coas que a Casa mantén estreitas relacións. Ónega, tras facer unha breve exposición sobre as funcións da Casa, entre as que están, ademais da institucional, "a de servir de altofalante en Madrid, de todo o galego, tanto cultural e económico empresarial, así como elemento aglutinador dos diferentes colectivos". Para Peña, director do proxecto, "é unha axuda inestimable, a que encontramos aquí, que nos facilitou enormemente a recollida de datos para o estudo que estamos a levar a cabo. Grazas a iso, puidemos concentrar o traballo que desenvolvemos en dúas xornadas, moi intensas pero enormemente frutíferas, algo para o que que noutras circunstancias tivésemos necesitado máis do dobre".

Presentado na Casa de Galicia o proxecto cinematográfico "9 Olas", que se rodará en Ourense e Pontevedra

A Casa de Galicia-Delegación da Xunta de Galicia en Madrid acolleu hoxe a presentación de proxecto cinematográfico "9 Olas" no que o innovador espazo cultural, de comunicación e encontros elcercano.com, que dirixe Moncho Conde-Corbal, e o director e guionista da película Simone Saibene, italiano afincado en Ourense dende hai anos, uníronse para rodar a película nas cidades galegas de Ourense e Pontevedra durante o próximo verán, cun novidoso sistema de financiamento que permite a quen o desexe converterse en coprodutor.

A relación da Constitución de 1812 coa pedagoxía pecha o simposio que Grugalma lle dedicou no seu bicentenario

 A relación da Constitución de 1812 coa pedagoxía foi a temática que centrou hoxe o "Simposio en torno ao Bicentenario da Constitución de 1812, con especial atención á presenza galaica" que se celebrou na Casa de Galicia-Delegación da Xunta de Galicia en Madrid nestes dous últimos días, protagonizando as XXVIII Xornadas de Cultura Galega organizadas polo Grupo Cultural Galicia en Madrid (Grugalma), que preside o profesor Manuel Mourelle de Lema.

Mostrando o intervalo 741 - 750 de 890 resultados.