Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Notas de prensa

Mostrando o intervalo 71 - 80 de 856 resultados.

O pintor pontevedrés Raúl Velloso expón na Delegación da Xunta en Madrid a mostra "Galicia no país das marabillas"

Raúl Velloso ante o cadro "Gaitero".

O pintor pontevedrés Raúl Velloso (Cangas do Morrazo, 1965) inaugurou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia a exposición "Galicia no país da marabillas" composta por 46 obras con imaxes curvilíneas e cheas de colorido, de estilo moi persoal, que retratan edificios, paisaxes e personaxes de Galicia ben identificados. A exposición, coa que a Casa abre as actividades públicas deste novo ano 2019, móstrase en dúas salas e estará aberta ao público ata o próximo día 31.

O galego Dúo Rivera presentou na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia o seu disco "En el medio del camino"

As musicas Raquel Rivera e María Luz Rivera (Dúo Rivera), o expresidente do Consello de Estado, José Manuel Romay, o delegado da Xunta, José Ramón Ónega, o coordinador de Actividades da Casa de Galicia, Ramón Jiménez, a xestora cultural Juana Escudero e a musicóloga e filósofa Marina Hervás.

O galego Dúo Rivera, composto polas músicas ourensás, residentes en Madrid, María Luz Rivera (piano) e Raquel Rivera (violín), presentou esta tarde na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia o seu CD "En el medio del Camino", nun acto que contou coa colaboración da Deputación Provincial de Ourense e no que as artistas interpretaron algunhas pezas do repertorio do disco. O CD contén obras de autores galegos -Marcial de Adalid-, de temática galega -" Aureana do Sil", de Federico Mompou- e doutros autores españois (Falla e Turina).

O escritor Blanco Corredoira presentou na Delegación da Xunta/Casa de Galicia o seu último libro, "El secreto de Amarante. Misterios y leyendas al borde del Camino de Santiago"

Manolo Castro, Mercedes Martel, Ramón Jiménez, José María Blanco Corredoira e Basilio Rodríguez Cañada.

O escritor José María Blanco Corredoira, madrileño de ascendencia galega, presentou hoxe na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia a súa última obra, "El secreto de Amarante. Misterios y leyendas al borde del Camino de Santiago", publicada na colección Narrativa do Grupo Editorial Sial-Pigmalión.

"Lume de Biqueira: 20 anos de música", exposición retrospectiva na Casa de Galicia no mes de decembro

1. Directivos e músicos de Lume de Biqueira pousan co delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega, Pilar Falcón e Carlos de Blas.

Países como Irlanda, Francia, Reino Unido, Italia, Lituania, ou China, ademais de multitude de cidades en España converteron a Lume Biqueira nunha das bandas celtas máis internacionais e activas do panorama actual. A súa xa longa traxectoria queda recollida na exposición fotográfica retrospectiva "LUME DE BIQUEIRA: 20 ANOS DE MÚSICA", que se inaugurou esta tarde e coa que a banda pecha os actos conmemorativos do vixésimo aniversario da súa fundación, en 1998; e que poderá verse na Casa de Galicia ata o día 30 deste mes.

O delegado da Xunta, José Ramón Ónega, participou na 7ª Edición do Nadal Galego en Madrid

No centro, el subdirector xeral de Emigración de Galicia, Antonio Casas Calviño, a presidenta do Club de Xornalistas Galegos, Pilar Falcón, e o delegado da Xunta, José Ramón Ónega.

O delegado da Xunta e director da Casa de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, participou onte á noite na celebración da 7ª Edición do Nadal Galego en Madrid que tivo lugar no madrileño Teatro La Latina organizada polo Club de Periodistas Gallegos en Madrid, que preside a xornalista lucense Pilar Falcón, en colaboración coa Xunta de Galicia. O acto contou coa presenza de, entre outros, o subdirector xeral de Emigración e da Comunidades Galegas da Xunta, Antonio Casas Calviño.

"Intencións" de María Luisa Rojo Grandío NOVAIS, na Casa de Galicia no mes de decembro

1. A artista NOVAIS ante unha das súas coloridas obras.

"Intencións" é o título da exposición de pintura da artista de Ponte do Porto, Camariñas, María Luisa Rojo Grandío que asina as súas obras como Novais e que poden verse durante o mes de decembro nas salas A e B da Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia. Na mostra, Novais plasma a súa vitalidade a través dunha paleta na que predominan laranxas e violetas, con gamas fortes e un estilo que pode ser, abstracción, expresionismo, cubismo, surrealismo e novaísmo, que sería o seu propio, resultado dalgunha das múltiples combinacións posibles entre os demais.

Na inauguración, o coor

A Fundación Barrié, en colaboración con SocialCo, celebrou na Delegación da Xunta en Madrid o "Taller de intercambio de experiencias en marca e comunicación interna 2017-2018"

Participantes e organizadoras do taller pousan co delegado da Xunta, José Ramón Ónega.

A Fundación Barrié, en colaboración con SocialCo -axencia de comunicación dixital especializada en ONG-, celebrou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia o "Taller de intercambio de experiencias en Marca e Comunicación interna 2017-2018". Este taller realizouse nel marco do proceso de Consultoría, do Programa Más Social, desenvolto entre 2017 e 2018 pola Fundación Barrié, dirixido á realización dun plan de acción que axude a mellorar a comunicación interna das confederacións participantes con todas as súas entidades federadas.

A Fundación Barrié celebra na Casa de Galicia dúas xornadas de formación sobre Habilidades de Negociación e o taller de Experiencias en Marca e Comunicación Interna

1. O delegado da Xunta en Madrid José Ramón Ónega pronuncia unhas palabras de benvida a organizadores e participantes nas xornadas da Fundación Barrié.

Durante dous días, hoxe 29 e manaña 30 de novembro, a Fundación Barrié celebra na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia dúas xornadas de formación, unha sobre desenvolvemento de habilidades de negociación, e a outra un taller de Intercambio de Experiencias en Marca e Comunicación Interna. Ambas accións intégranse dentro do programa Máis Social, da Fundación, que ten como obxectivo promover as sustentabilidade das entidades sociais en Galicia, e que grazas aos excelentes resultados, o formato realízase tamén a nivel nacional desde 2016.

Baltar na Casa de Galicia: "Non veño vender Ourense. Veño compartilo"

1. O presidente da Deputación José Manuel Baltar, o delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega e o presidente de AEGAMA Julio Lage.

"Non veño vender Ourense. Veño compartilo", dixo o presidente da Deputación José Manuel Baltar, para iniciar a conferencia "Ourense a provincia termal" que pronunciou na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia, acto organizado pola Asociación de Empresarios Galegos en Madrid, AEGAMA especialmente para os seus membros e amigos, aínda que aberta ao público en xeral. "Ourense é a segunda cidade termal de Europa, despois de Budapest, pero é a primeira provincia, pola cantidade de mananciais que hai en todo o territorio", destacou. "Dos seus 92 concellos, 12 teñen vilas termais e rexistramos a maior temperatura, 77 graos, en Río Caldo, en Lobios.

Conferencia na Xunta en Madrid; "O feminino e o político na novela Adeus para sempre Adeus", por Ana María Forneas

1. A relatora, Ana Mª Forneas, co coordinador de Actividades da Casa, Ramón Jiménez.

A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acolleu esta tarde a conferencia "O FEMININO E O POLÍTICO NA NOVELA ADIÓS PARA SEMPRE, ADIÓS, DE ANA MARÍA FORNEAS FERNÁNDEZ", pola propia autora, Ana María Forneas Fernández. No relatorio, a xornalista madrileña de ascendencia lucense analizou a difícil situación española a través da protagonista do libro, Clara, unha muller que a unha idade inoportuna debe enfrontarse a un despedimento debido á crise e dicir adeus ao benestar da súa vida anterior.

Mostrando o intervalo 71 - 80 de 856 resultados.