Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Notas de prensa

Mostrando o intervalo 801 - 810 de 887 resultados.

As vías romanas do Camiño de Santiago, obxeto dunha conferencia na Casa de Galicia en Madrid

As magníficas vías romanas do norte da península, no Camiño de Santiago, estaban preparadas tanto para o transporte rodado de grandes cargas como para o tránsito rápido de vehículos lixeiros. Por elas levouse a Roma o ouro da Gallaecia, entraron produtos doutras partes do mundo, transitou o propio Augusto e, entre outras cousas, desprazouse a peregrinación a Santiago. Hoxe foron obxecto dunha conferencia, "Enxeñaría romana nos Camiños de Santiago", impartida na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia polo enxeñeiro técnico de Obras Públicas Isaac Moreno Gallo.

A catedrática Mª Victoria Veguín Casas pronunciou o segundo relatorio do "Seminario José Antonio Cimadevila Covelo de Estudos Xacobeos", co título "Unha mirada matemática sobre o Camiño de Santiago"

No acto, participaron a conferenciante, María Victoria Veguín Casas, catedrática de Matemáticas de Instituto, e José Antonio Ortiz, presidente da Asociación de Amigos dos Camiños de Santiago de Madrid, que é a promotora do "Seminario José Antonio Cimadevila Covelo de Estudios Jacobeos", do que este ano se celebra a undécima edición. O relatorio, segundo do seminario, leva por título "Unha mirada matemática sobre o Camiño de Santiago".

A doutora coruñesa Mª Ángeles Fernández inaugura o ciclo de conferencias "Seminario José Cimadevila Covelo de estudos xacobeos" falando sobre "Saúde e enfermidade no Camiñoo de Santiago"

No acto, presidido polo delegado da Xunta de Galicia en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega interviñeron o presidente da Asociación dos Camiños de Santiago de Madrid, José Antonio Ortiz e a hematóloga e presidenta da Federación Española de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago, nacida en Muros e que desenvolve a súa actividade médica en Valencia, María Ángeles Fernández. A doutora organiza dende 1996 unha viaxe a Santiago con enfermos crónicos de corazón e na Casa falou desta gratificante experiencia.

A Casa de Galicia organizou a Mesa Redonda "A diáspora de galegos e xudeus"

A delegación da Xunta en Madrid acolleu a Mesa Redonda co título "A diáspora de galegos e xudeus". No acto, presidido polo secretario xeral de Emigración da Xunta de Galicia, Santiago Camba, interviñeron: o delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega López, autor do libro "Os xudeus no Reino de Galicia"; o presidente da Comunidade Xudía de Madrid, Samuel Bengio; o presidente da Asociación de Médicos Galegos en Madrid (ASOMEGA), Francisco R. García Fernández; e o arquitecto Julio Touza, descendente das irmás Touza, cuxo comportamento humanitario foi recoñecido pola comunidade xudía.

O director xeral do libro compromete na Casa de Galicia en Madrid o apoio ao desenvolvemento e crecemento da Literatura Galega

A Casa de Galicia en Madrid acolleu este serán a presentación de El libro de los besos y de la niebla, a última obra do escritor Xosé Carlos Caneiro, publicada por Alvarellos Editora. O acto, presidido polo director xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos, Francisco López, e polo delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, contou coa participación do autor ourensán e do director de Alvarellos Editora, Henrique Alvarellos. O acto foi “interactivo” pois contou ca intervención directa do público, quen ía pedindo os anacos que desexaban.

A Casa de Galicia acolle a presentación da plataforma e a revista Galiciademoda

A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia acolleu hoxe a presentación da revista e a plataforma web Galiciademoda, acto no que interviñeron o delegado da Xunta de Galicia en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega, a directora de Galiciademoda, Belén Correa, e a directora de Yagly e responsable do desenvolvemento da plataforma Galiciademoda, Patricia Ferrol.

O catedrático Julián García falou na Casa de Galicia en Madrid das novidades diagnósticas y terapéuticas en Oftalmoloxía

 A introdución de láseres melloraron a cirurxía da córnea, tanto no campo da cirurxía refractiva coma nos transplantes de córnea

A cirurxía da catarata permite a máis rápida incorporación dos pacientes á súa vida normal, diminuíndo o risco de complicaciónsA introdución de láseres melloraron a cirurxía da córnea, tanto no

O glaucoma tamén se viu beneficiado polo desenvolvemento de novas técnicas cirúrxicas

A cirurxía dos defectos de refracción permitiu prescindir dos lentes en numerosos casos e actualmente ten o reto de solucionar a coñecida presbicia ou "vista cansa"

A delegación de la Xunta en Madrid expón as cerámicas de Manuel Fernández "Lolo" ata o 28 de novembro

Madrid, 7 de novembro de 2011-A Casa de Galicia acolleu hoxe a Inauguración da mostra de cerámica titulada "Sonos en cor feitos con terra" de Manuel Fernández López, "Lolo", (Lugo, 1958). Na exposición que poderá verse ata o día 28 de novembro, Lolo, investigador incansable, ofrece unha selección dos seus traballos que fonden tradición, vangarda, sinxeleza e precisión, reflexo da súa terra e das súas inquietudes: paisaxe, tempo, artesanía e experimentación.

Rueda asiste ao acto de imposición da Insignia de Ouro da Asocaición de Xuristas Galegos en Madrid a Xesús Palmou

Protagonistas do acto.

O conselleiro de Presidencia presentou hoxe ao conselleiro de contas da Xunta no relatorio que ofreceu na Casa de Galicia en Madrid sobre o réxime económico do matrimonio

A Comisión Superior de Dereito Civil de Galicia manterá unha nova reunión antes de que remate o ano para estudar os textos e elaborar as súas conclusións

A Xunta remitirá o ano que vén ao Parlamento os relatorios co obxectivo de axudar á Cámara autonómica e orientar aos deputados de cara á reforma da Lei de Dereito Civil de Galicia

"A dor innumerable", exposición de pinturas de Carmen Delaco na Casa de Galicia en Madrid

Na presentación.

"A dor innumerable" é o nome co que a pintora coruñesa Carmen Delaco resume o contido da mostra que expón dende hoxe e ata o próximo día 25 na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia, composta de cadros, na súa maioría de gran formato, que impactan polo dramatismo e a desolación que recrean.

Mostrando o intervalo 801 - 810 de 887 resultados.