Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Notas de prensa

Mostrando o intervalo 851 - 860 de 890 resultados.

O profesor Alonso Montero presentou en Madrid a súa última publicación, dedicada ao lingüista Aníbal Otero, a súa época histórica e as súas circunstancias persoais

O profesor Alonso Montero xunto con José Ramón Ónega e o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo M. Lorenzo no acto de presentación

Ónega: "É un libro imprescindible, esencial e necesario. Alonso Montero regálanos un tesouro para coñecer mellor Galicia, aos que sufriron polas súas ideas e aos que loitaron pola súa terra".

"Aníbal Otero estaba chamado a ser un dos alicerces da moderna filoloxía galega, mestre e guía das seguintes xeracións de investigadores da lingüística galega dende a Universidade de Santiago de Compostela, papel que non puido cumprir", dixo Anxo Lorenzo.

A Casa de Galicia acolleu a presentación en Madrid do I Festival Internacional Rias Baixas, de música, danza e teatro

Participantes de la presnteación del I Festival Internacional Rias Baixas

A Casa de Galicia acolleu esta mañá a presentación en Madrid do I Festival Internacional Rías Baixas, de Música, Danza e Teatro, que terá lugar na provincia de Pontevedra entre os días 1 e 23 do próximo mes de xullo, unha iniciativa do actor Sancho Gracia, o produtor Celestino Aranda e o director de escena, Miguel Narros, que codirixen o evento. O Festival conta co apoio institucional da Deputación de Pontevedra, da Consellería de Turismo e Cultura da Xunta de Galicia, do Ministerio de Cultura e da Secretaría Xeral Iberoamericana.

Feijóo subliña que Galicia é pioneira adoptando medidas que xeran confianza porque quere ser recoñecida como unha comunidade solvente e crible

O presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo na conferencia organizada pola Confederación Española de Asociacións de Xóvenes Empresarios

Asegura que en España a crise económica derivou nunha crise de confianza no país e nas súas posibilidades debido ao errático xeito en que foi afrontada, mediante unha reforma acometida "con présas e sen planificar adecuadamente", e a través de medidas "de escaso impacto, erráticas e impopulares"

Resalta que Galicia é pioneira en aprobar un proxecto de Lei de disciplina orzamentaria, que establece un teito de gasto non financeiro e blinda a sustentabilidade das contas públicas a curto, medio e longo prazo

A Casa de Galicia acolleu a presentación oficial en Madrid do "VI Congreso Mundial do Xamón" que se celebrará en Lugo o próximo outono

Mesa principal do acto de presentación

Medios e profesionais do sector alimentario déronse cita esta mañá na Casa de Galicia para coñecer os pormenores do VI Congreso Mundial do Xamón, un evento bianual que, por primeira vez celebrarase nunha cidade galega. Será en Lugo, os días 21, 22 e 23 de setembro. Na presentación oficial interviñeron o delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega López; o tenente de alcalde e concelleiro de Deportes e Turismo do Concello de Lugo José Manuel Díaz Grandío; a directora de Mercadotecnia do Grupo COREN, María Gómez Franqueira; o director do Centro Tecnolóxico da Carne de Galicia e presidente do Comité Científico do Congreso Miguel Fernández; o coordinador de Asociación de Criadores de Gando Porcino Celta (ASOPORCEL) e secretario do Comité Científico e Organizador do Congreso José Antonio Carril, e Eduardo J. Núñez Torrón, presidente do Comité Organizador do Congreso e presidente da Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Lugo.

Gabriel Elorriaga presenta na Casa de Galicia o seu último libro, 'La maldita oposición'

Mesa principal da presentación do libro de Gabriel Elorriaga, 'La maldita oposición'

O político, avogado e xornalista Gabriel Elorriaga Fernández presentou hoxe na Casa de Galicia en Madrid o seu último libro, 'La maldita oposición', unha recompilación de artigos publicados no xornal dixital Diariocrítico.com, prologado polo editor do medio, Fernando Jáuregui, e publicado pola editorial Pigmalión, que dirixe Basilio Rodríguez.

O pintor Gil Cerracín expón na Casa de Galicia unha selección de obras baixo o título xenérico de "Estampas de Galicia"

Pintor e arquitecto técnico, Rafael Gil Cerracín

Na Sala B da delegación da Xunta en Madrid, e ata o 29 deste mes, a Casa acolle unha selección de obras do pintor e arquitecto técnico, Rafael Gil Cerracín que leva por título, "Estampas de Galicia", xa que son precisamente, as paisaxes, recantos de cidades e lugares galegos os que protagonizan as súas obras. Obras, por outra parte, realizadas coas máis diversas técnicas: óleo, acuarela, técnicas mixtas, fotografía, debuxo a pluma, gravado e programas de ordenador, disciplina da que é docente.

Cristina Fernández Núñez expón na Casa de Galicia en Madrid "LISTEN:SILENT", unha selección das súas últimas creacións

Acto de inauguración da mostra de pintura da artista viguesa Cristina Fernández Núñez

A Casa de Galicia en Madrid acolle ata o 29 de abril, nas súas salas A e L, a mostra de pintura da artista viguesa Cristina Fernández Núñez, co título "LISTEN:SILENT", unha selección con preto dunha trintena de cadros de diferentes formatos. A moza creadora xoga coas palabras "escoita e silencio", que en inglés soan moi similar e ademais utilizan case os mesmos carácteres. "Para escoitar, é necesario o silencio e tamén dito ao revés ten sentido", di.

A delegación galega acolleu a "Lor Emsemble" aproveitando o seu paso por España e a amizade que une aos seus representantes

Lor Ensemble durante a actuación

Case duascentas persoas acudiron a gozar dun espectáculo moi pouco habitual en Madrid.
A formación musical naceu hai só dous anos no Kurdistán Irakí.
Coincidindo co Ano Novo curdo o grupo realiza unha xira por España para dar a coñecer a súa música e a súa arte.
A delegación da Xunta en Madrid brindou a Casa para que "Lor Ensamble" puidese ofrecer unha pequena mostra do seu rico e amplo repertorio.

A Casa de Galicia continua ofrecendo o segundo ciclo de clases-conferencia "O espertar da mirada: obras mestras das artes occidentais"

Diego Diz durante a conferencia

A Casa de Galicia, delegación da Xunta de Galicia en Madrid, segue ofrecendo as clases-conferencia do ciclo titulado "O espertar da mirada: obras mestras das artes occidentais", ofrecidas polo profesor de Arte e director de cine, Diego Diz quen nesta xornada analizou cadros de Degás, Dix e Chagall. O ciclo programado inaugurouse o 15 de decembro de 2010 cun tratado sobre retratos masculinos realizados por Rafael, El Greco e Kokoschka.

Alfonso Philippot: "Colón e Pedro Madruga son a mesma persoa"

Alfonso Philippot durante a presentación

O capitán de Mariña Mercante, Historiador e Investigador vigués, Alfonso Philippot pronunciou na Casa de Galicia en Madrid a conferencia "A identidade de Cristóbal Colón". Nela concluíu, que, despois de máis de corenta anos de investigacións as pezas do puzzle encaixan e posúe documentos e datos para asegurar categoricamente que "Cristóbal Colón e Pedro Madruga eran a mesma persoa".

Mostrando o intervalo 851 - 860 de 890 resultados.