Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Notas de prensa

Mostrando o intervalo 871 - 880 de 890 resultados.

A presentación da XLIII edición do Cocido de Lalín en Madrid estivo presidida por Ana Pastor, Carmen Pardo, o alcalde José Crespo, José Ramón Ónega e o empresario Manuel Domínguez

O delegado da Xunta de Galicia en Madrid durante a presentación

"Lalín é a capital de Galicia", dixo o delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega López, na presentación da XLIII edición da Festa do Cocido, declarada de Interese Turístico Nacional, "polo menos iso é o que desexa o seu alcalde, para o denominado Kilómetro Cero da Comunidade galega", engadiu. No acto interviñeron a vicepresidente do Congreso e comendadora da festa, Ana Pastor Julián; a secretaria xeral de Turismo da Xunta de Galicia, Carmen Pardo; o alcalde da localidade, José Crespo e o empresario galego afincado en Madrid, Manuel Domínguez.

"Mureando", exposición colectiva de dez artistas, funcionarios da Xunta, que se exhibe na Casa de Galicia

Momento durante a presentación

As obras artísticas -pinturas e fotografías- dunha decena de funcionarios da Xunta de Galicia compoñen a exposición colectiva "Mureando", inaugurada hoxe na Casa de Galicia en Madrid, onde poderá contemplarse ata o próximo día 25. Os artistas son Matilde del Castillo, Luis Cerviño, Piar Feás, Amparo Fernández, Rafael Lampón, Alberto Lorenzo, Xosé Luis Louzao, Jaime Muinelo, Amparo Ribeiro e Amelia Rivera, que foron coordinados para a mostra por Pepa Mariño, tamén funcionaria da Adminsitración pública galega.

A casa de galicia en madrid acolle a mostra de pintura "gaiteiros" do arquitecto pontevedrés Ernesto J. Muntaner

Mariano Rajoi co autor das obras

A Casa de Galicia, delegación da Xunta en Madrid acolleu a inauguración da mostra de pintura do arquitecto e artista de Pontevedra Ernesto J. Muntaner, que baixo o título "Gaiteiros" ofrece ata o 25 deste mes un total de 37 obras de diferentes formatos. Ao acto, presidido por Mariano Rajoy, Ana Pastor e José Ramón Ónega asistiron preto de dous centenares de persoas, moitas das cales acudiron dende Pontevedra para asistir ex profeso á inauguración.

O almirante Ángel Sande defende que Ramiro Fonte é a Pontedeume o que Novoneyra é ao Caurel

Intervención de Angel Sande

"Se Uxío Novoneyra é a esencia ao Caurel rudo e apartado e Manoel Antonio o canto do mar solitario e misterioso que dende Rianxo se outea, Ramiro Fonte representa o sentir dunha bisbarra na que a fraga pon acentos telúricos e na que o mar, aínda domada ao fondo da ría, a saír fóra dun mesmo invita", valorou o almirante retirado José Ángel Sande referíndose ao poeta Fonte e á súa vinculación con Pontedeume (A Coruña) na conferencia "Un poeta eumés: Ramiro Fonte... e compañía", que ofreceu hoxe na Casa de Galicia en Madrid.

O xornalista e investigador pronunciou na Casa a conferencia "Galicia, un observatorio do exército nazi durante a II Guerra Mundial"

Momento durante a conferencia

O xornalista lucense Miguel Cabana falou hoxe na Casa de Galicia en Madrid de "unha primicia, pois é algo do que ata hoxe, moi poucas persoas teñen coñecemento", dixo. Ademais de datos históricos xa coñecidos, Cabana tivo acceso, en exclusiva, a testemuños reais de pilotos alemáns que clandestinamente voaban dende Galicia en avións facilitados pola administración de Franco para "espiar" ás frotas aliadas no Atlántico na II Guerra Mundial".

O presidente da Xunta é nomeado Socio de honor da Asociación de Juristas Gallegos en Madrid

Intervención do presidente da Xunta de Galicia

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe, durante o acto no que foi nomeado Socio de honor da Asociación de Juristas Gallegos en Madrid, que "a liberdade non é posible máis que naqueles países nos que o dereito predomina sobre as paixóns". Durante o acto, o mandatario galego avogou así por "velar activamente polo Estado de Dereito" desde as súas responsabilidades e "confiar sempre en que tamén outros o fagan".

A Casa de Galicia segue ofrecendo o segundo ciclo de clases-conferencia "O espertar da mirada: Obras mestras da arte occidental"

Momento durante a presentación do ciclo de conferencias

A Casa de Galicia, delegación da Xunta de Galicia en Madrid, acolleu a segunda clase-conferencia do ciclo titulado "O espertar da mirada: obras mestras da arte occidental", ofrecida hoxe polo profesor de Arte e director de cine, Diego Diz quen analizou os retratos femininos de Palma o Vello, Degas e Beckman. O ciclo programado inaugurouse o 15 de decembro de 2010 cun tratado sobre retratos masculinos realizados por Rafael, El Greco e Kokoschka que expuxo o profesor Diz, autor anteriormente na Casa do ciclo "Tradición e Modernidade: O diálogo permanente".

Ángeles Caso amadriña na Casa de Galicia a presentación do libro "99 cartas a Kafka", da escritora coruñesa Cristina Fufé

A autora da obra

A escritora Ángeles Caso amadriñó hoxe a presentación na Casa de Galicia de Madrid do libro "99 cartas a Kafka", primeira novela da escritora coruñesa Cristina Gufé, editado por Sial Ediciones. No acto participaron tamén Miguel Anxo Fernán Vello, poeta e prologuista do libro, Basilio Rodríguez Cañada, editor e presidente do PEN Club de España, e a autora da obra, que foron presentados polo coordinador de Actividades da Casa, Ramón Jiménez.

"Creando Especies", singular exposición do artista Herikberto M. Quesada na Casa de Galicia en Madrid

O autor das obras expostas

Herikberto M. Quesada, artista conceptual galego interesado na ficción e na evolución biolóxica, que se define como "un creador de especies", inaugurou hoxe nas instalacións da Casa de Galicia en Madrid unha singular e inquietante exposición de pintura, escultura e fotografía dixital na que recrea estrañas criaturas e deseños biolóxicos, mesmo a autopsia dun extraterrestre, seres que protagonizan gran parte da mostra, que poderá verse ata o 29 de xaneiro de 2011.

"Arousa", do artista de Ribeira Antonio Pérez, primeira mostra pictórica do ano na Casa de Galicia en Madrid

O autor con unha das súas obras

A delegación da Xunta de Galicia en Madrid acolleu hoxe a inauguración da mostra "Arousa", do artista de Ribeira Antonio Pérez, a primeira do ano. O acto correu a cargo do coordinador de Actividades Culturais, Ramón Jiménez, quen recordou nas súas palabras como o autor naceu no seo dunha familia mariñeira e xa dende pequeno traballou co seu pai nunha dorna aprendendo distintas artes de pesca. De aí vénlle a súa paixón polo mar.

Mostrando o intervalo 871 - 880 de 890 resultados.