Oficina de Turismo

Asesorámoste a fondo
 

Quen somos

A Oficina de Turismo de Galicia en Madrid é unha dependencia da Axencia Turismo de Galicia, organismo adscrito á Consellería de Presidencia da Xunta, e responsable da promoción dos recursos turísticos da Comunidade de Galicia. O labor desta oficina é desenvolver esa promoción na Comunidad de Madrid e dispensar información turística ao mercado madrileño, polo que ofrece os seus servizos tanto ao público final como a empresas, institucións e axencias de viaxes.

Que che ofrecemos

O noso obxectivo é informarte sobre os atractivos turísticos de Galicia; os seus espazos naturais, o seu patrimonio histórico-artístico, as súas cidades, a súa cultura, gastronomía, festas, tradicións, aloxamentos.

Pero tamén queremos asesorarte sobre as opcións que mellor se axustan ós teus gustos e  necesidades, por eso preferimos atenderte en persoa na nosa oficina. Pero se non dispós de tempo, a través desta web ofrecémosche a posibilidade de que accedas á información que necesitas para preparar a túa viaxe, ou ben nola solicites para que cha remitamos por correo.


Onde atoparnos

Estamos na pranta baixa da Casa de Galicia
En Rúa Casado del Alisal, 8 28014 - Madrid
Moi preto do Museo do Prado e da Igrexa dos Xerónimos
Metro: Banco de España ou Atocha
Teléfono: 91 595 42 14 Fax: 91 595 42 68
Correo: ot.gal.madrid@xunta.es


Horario de Atención ó Público

Luns a xoves: 9:00-14:00 e 16:00-19:00 h
Venres: 8:00-15:00 h

Horario de Atención ó Público durante o mes de agosto

Luns a venres: 9:00-14:00
Pechado polas tardes.