Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Presentación do libro "Artes subversivas para cultivar jardines", da escritora galega Teresa Moure

En La Central de Callao, o xoves 25 de setembro, ás 19,30 horas
-

Madrid, 19 de setembro de 2014. - A editorial Hoja de Lata presenta en Madrid o libro "Artes subversivas para cultivar jardines", da escritora galega Teresa Moure.

O acto terá como presentador o deputado galego Xosé Manuel Beirase estará amenizado cunha perfomancepoética a cargo da propia escritora.


Acto: Presentación do libro "Artes subversivas para cultivar jardines".
Data: xoves, 25 de setembro de 2014.
Hora: 19,30 horas.
Lugar: La Central de Callao (C/ Postigo de San Martín, 8 - Madrid.)