DescargaMedios

Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

"MITIC: De Sinatra a ACDC ao son da gaita", o 24 de abril no Teatro Nuevo Apolo de Madrid

Un proxecto pioneiro dos irmáns galegos Álvaro e Suso Costas que desprega unha nova forma de entender este instrumento que interpretará a Scorpions, Bon Jovi, Edith Piaf, The Mamas & The Papas, Europe ou Carlos Gardel...
Madrid, 24 de abril de 2017

Nestas liñas informamos dun novo espectáculo,que leva por título "MITIC: De Sinatra a ACDC ao son da gaita", que o 24 de abril poderá verse no Teatro Nuevo Apolo de Madrid. É un proxecto pioneiro dos irmáns galegos Álvaro e Suso Costas que desprega unha nova forma de entender a gaita, instrumento capaz de interpretar a Scorpions, Bon Jovi, Edith Piaf, The Mamas & The Papas, Europe ou Carlos Gardel...

As entradas están á venda en atrapalo.com, ticketea, ticketmaster e no propio despacho de billetes do teatro.

MITIC é un novo proxecto de expansión do instrumento máis emblemático de Galicia e da música celta, a gaita, que dentro da súa xira incorpora ao Teatro Nuevo Apolo de Madrid o próximo 24 de Abril. Trátase dun espectáculo único e pioneiro no que se reinterpretan cancións que forman parte da banda sonora das nosas vidas desde un ángulo nunca antes visto.

Os irmáns Álvaro e Suso Costas preséntanse sobre o escenario cun total de 13 reputados artistas nun movemento cara á evolución social dun instrumento que estivo ligado sempre á súa música de raíz desde a súa expansión no século XIII. Desta forma, descobren novos horizontes para o seu son revisitando temas míticos como "Still loving you' de Scorpions, "Show must go on' de Queen, "Thunderstrack' de ACDC, "Living on a prayer' de Bon Jovi, "Sweet child of mine' de Guns N' Roses, "Gabriels Oboe' de Ennio Morricone, "Billie Jean' de Michael Jackson, "Hotel California' de Eagles ou "My Way' de Frank Sinatra, entre outros moitos. Batería, baixo, piano, guitarra, violín, saxofón, trombón ou trompeta únense a gaita e voz para interpretar estas persoais versións que non deixan indiferente a ninguén. O espectáculo vai pasar na súa xira en 2017/18 polas 8 nacións celtas: Irlanda, Escocia, Cornualles, Illa de Man, Bretaña, Galicia, Asturias e País de Gales.

A calidade na interpretación e as personalidade e carisma de MITIC foron recoñecidas polo Ciclo 1906 de Estrela Galicia, quen non dubidaron en incorporar o espectáculo este ano dentro dos Concertos 1906: A nosa Interpretación Máis Persoal; sen dúbida un aval para o traballo destes mozos galegos.

Trailer do espectáculo:https://www.youtube.com/watch?v=ePVCclCrchw

Máis información sobre MITIC en https://www.facebook.com/miticelespectaculo/?fref=ts

Correo electrónico: miticelespectaculo@gmail.comtlasocabezas@gmail.com

ELENCO MITIC

Álvaro Costas: Gaita; Suso Costas: Batería, Percusión; Adrián Saavedra: Baixo; Cris Macías: Piano; Adolfo F H: Guitarra; Lorenzo Boo: Guitarra; Ioana Pérez: Violín; Sarunas Pupelis: Saxos, Clarinete; Luís Caballero: Cello; Eduardo Rey: Violín; Javi GD jazz: Trompeta; Jose Pons: Trombón; Iago Lariño: Frauta; Pau Ferreiro: Coros; Xullo de Llorca: Coros.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes