Outros actos de Galicia en Madrid

Nesta sección recóllense outras actividades relevantes realizadas en Madrid por outras entidades.

Mostrando o intervalo 1 - 20 de 26 resultados.
  • 1
  • 2

O escultor galego Miguel Couto presenta a súa obra no hotel Elba Madrid Alcalá

1. Obra COMIGO do escultor galego Miguel Couto.

O escultor coruñés Miguel Couto expón do 5 ao 11 deste mes de novembro no hotel Elba (Rúa Alcalá 476, 28027 Madrid) unha selección das súas obras, especialmente en bronce, o seu material preferido. A mostra, que leva por título "Chegar", reune as de recente creación, todas elas modeladas e fundidas polo artista no seu taller-fundición de Arteixo (A Coruña). Está enmarcada na  2ª edición de Madrid Hotel Week, un evento no que participa Elba e que pretende dinamizar ofértaa hostaleira madrileña e o seu impacto na oferta turística nacional e internacional. Está previsto que o próximo ano Miguel Couto ofrecerá algunhas das súas creacións nas salas da Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia.

A Xuntanza de Galegos en Alcobendas celebra o sábado 3 de novembro o Magosto 2018

Cartel: Magosto 2018 da Xuntanza de Galegos en Alcobendas

A Xuntanza de Galegos en Alcobendas celebra 8 este sábado, 3 de novembro,  a festa da castaña, o Magosto 2018. Farao na Esfera de Alcobendas (Avenida Olímpica, 14) a partir das 19,30 horas, con repartición de castañas asadas acompañadas de viño de ribeiro, a presentación do acto por parte do alcalde da localidade, o concelleiro de Cultura e o presidente da asociación e, de 20 a 21 horas, a actuación do Grupo Folclórico e a Coral de Xuntanza.

 

Luar na Lubre presenta en Leganés o seu último traballo musical dedicado á Ribeira Sacra

1. Grupo Luar na Lubre.

Luar na Lubre, o grupo de referencia do folk galego, presentará o venres, 26 de outubro, ás 20 horas, no Auditorio da Universidade Carlos III de Madrid en Leganés, (Avenida da Universidade 30), o seu último traballo musical dedicado á Ribeira Sacra, cuxa gravación contou con destacados artistas como Víctor Manuel, a cantautora galega Ses, a Coral de Ruada, Nani García, a asturiana Marisa Valle Roso, Juan Antepazo de Astarot, Irma Macías Suárez e Brais Maceiras. Con máis de 30 anos de traxectoria, o grupo de folk coruñés converteuse en embaixador de Galicia por todo o mundo.

 

Para ver algún dos seus vídeos pulsa AQUÍ

Para adquirir entradas do concerto de Leganés pulsa AQUÍ

Concerto de Lume de Biqueira na sala A Riviera, o 13 outubro polo seu "XX Aniversario"

1. Cartel do concerto para celebrar o XX Aniversario da creación de Lume de Biqueira.

A internacional Banda de Gaitas Lume de Biqueira ofrecerá un extraordinario concerto na sala La Riviera o próximo 13 de outubro ás 19 horas, dentro dos actos programados para celebrar o vixésimo aniversario da súa formación. Será un acto ao grande no que tamén contarán co grupo folk Pan de Capazo que quixo acompañarlles en tan sinalada data.

Desde esta páxina queremos unirnos a tan grande acontecemento e difundilo entre todas aquelas persoas amantes da música tradicional pero tamén innovadora, con temas de sempre e outros que formarán parte do novo disco.  En Lume de Biqueira son, ante todo, uns loitadores que conseguiron superar con éxito duras etapas, só con esforzo, traballo e un tesón a proba de titáns, polo que merecen un recoñecemento adicional.

Para escoitar como soan pica AQUÍ

Para coñecer máis sobre Lume de Biqueira pica AQUÍ

Para comprar entradas pica AQUÍ

Estrea do documental MÁIS CA VIDA e a curtametraxe VIDA de Rubén Riós nos Cinemas Callao

INVITACION DO ESTREO EN MADRID. Para asistir é imprescindible confirmar no enderezo ou teléfono que se indican.

"Entrañable, emocionante, auténtico...", foron algunhas das palabras que se escoitaron no mes de abril  na Casa de Galicia tras a proxección do pase privado da curtametraxe "Vida" e o documental "Máis ca vida", dirixidos por Rubén Riós e protagonizados por persoas con discapacidade e actores como Javier Gutiérrez, Cristina Castaño, Luís Iglesia, Mariana Carballal... entre outros. Agora, tal como xa nos adiantaron entón, é a PRESENTACIÓN OFICIAL, con maiúsculas. Vai ser o xoves 27 de setembro nos cinemas Callao de Gran Vía e Rubén Riós comunicounos nunha carta moi agarimosa o seu desexo de que desde a Casa de Galicia convidemos a participar do gran momento a cantas persoas amigas da Casa queiran asistir. Dado que as prazas son moi limitadas é imprescindible solicitalo no correo info@claquetacoqueta.com

A Universidade Autónoma de Madrid organiza o acto "Eduardo Barreiros, emprendedor tenaz"

Cartel.

A Unidade de Emprendemento da Universidade Autónoma de Madrid ( UAM) organiza o acto "Eduardo Barreiros, emprendedor tenaz", de homenaxe ao empresario galego, que terá lugar o martes 25 de setembro de 2018 no seu Salón de Actos (rúa Einstein, 13, Planta Baixa, Pavillón C; Madrid).

 

 

Proxección especial de "A estación violenta", da directora pontevedresa Anxos Fazáns nos Cinemas Yelmo Ideal de Madrid

A estación violenta, cartel da película

Mañá xoves día 21, ás 20 horas e nos cinemas Yelmo Ideal de Madrid  (Calle del  Doctor Cortezo, 6, 28012 Madrid), proxectarase a película "A estación violenta", da  xove directora pontevedresa Anxos Fazáns; "unha obra humilde no económico pero moi valente e fermosa". O acto contará co escritor e xornalista Manuel Jabois, autor da novela na que se basea a película, e tamén do novelista José Ángel Mañas -autor de "Historias del Kronen", novela que se converteu na icona de toda unha xeración e que foi levada á pantalla por Montxo Armendáriz-. Estará moderado por Beatriz Martínez -crítica de cinema en Fotogramas, El Periódico, Tentacións del País, e membro do comité de redacción de Caimán-Cadernos de cinema, Time Out, Rockdelux-.

O Centro Asturiano de Madrid e a Fundación Foro Jovellanos do Principado de Asturias organizan a Mesa Redonda titulada: "O Corredor Atlántico. Cohesión e Converxencia para o Noroeste español".

Invitación á Mesa Redonda.

Presenta D. Valentín Martínez-Otero, Presidente do Centro Asturiano de Madrid e Profesor da Universidade Complutense de Madrid.

Modera D. Francisco Rodríguez, Presidente de Reny Picot e Presidente do Consello Superior do Centro Asturiano de Madrid, e interveñen:

D. Ignacio García-Arango, Presidente da Fundación Foro Jovellanos do Principado de Asturias e Enxeñeiro de camiños, Canles e Portos (Asturias).

D. Anxo Mario Carreño, Exconselleiro de Ordenación do Territorio e Obras Públicas da Xunta de Galicia. Exvoceiro do Grupo de Transportes no Congreso de Deputados.Enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos (Galicia).

D. Avelino Juan Aceiro, Vicepresidente da Fundación Foro Jovellanos do Principado de Asturias e Enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos (Asturias).

D. Aurelio Rubio, Xerente de Agroferba e experto en Loxística (León).

Lugar: O acto será no Centro Asturiano de Madrid C/ Farmacia, 2 pl. 4ª, Salón Príncipe de Asturias (Metro: Tribunal, Chueca e Gran Vía)

Hora: Mércores, 30 de maio de 2018, ás 20 horas.

 

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Instituto Cervantes inauguran a exposición "A verdade entre as mans", de Baldomero Pestana

 Invitación á inauguración da exposición "A verdade entre as mans"

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Instituto Cervantes inauguran o xoves 15 de febreiro de 2018 a exposición "A verdade entre as mans", de Baldomero Pestana, na sala de exposicións do Instituto Cervantes en Madrid.

A Consellería de Cultura e o Instituto Cervantes celebran un acto conmemorativo das Letras Galegas

Convite ao acto.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Instituto Cervantes celebran o martes 19 de decembro, ás 19 horas, un acto conmemorativo das Letras Galegas 2017, que este ano estiveron dedicadas ao escritor Carlos Casares Mouriño.

 

Preséntase en Madrid a novela histórica "Réquiem", da lucense María Dolores Seijas Soto

 Cartel elaborado para a promoción da novela.

Madrid, 24 de novembro de 2017.- A escritora lucense María Dolores Seijas Soto presenta en Madrid a súa novela histórica "Réquiem". O acto terá lugar o próximo 29 de novembro, mércores, ás 18,30 horas, no Instituto Polaco de Cultura ( C/ Felipe IV, 12 -Baixo A, Madrid).

 

Tenda Pop up "GALICIA. SABERES E SABORES", no Palacio de Santa Bárbara

InvitaciónPopUpSaberesESabores.

O Palacio de Santa Bárbara, situado na zona de Tribunal, (rúa Hortaleza, 87) acollerá do 15 ao 26 deste mes de novembro a TENDA POP UP GALICIA. SABERES E SABORES na que se mostrará unha ampla selección de pezas de máis de 50 artesáns de diferentes puntos de Galicia e que se acompañarán con degustacións e venda de produtos gastronómicos galegos. 

Estrea en Madrid da película "A palabra xusta" este fin de semana no Matadero

A palabra xusta, cartel da versión en castelán.

Este próximo fin de semana, o venres 27, sábado 28 e domingo 29 estréase na sala Estudio do  Matadero de Madrid, -aforamento limitado e entrada gratis ata completalo-, "A palabra xusta" dirixida por Miguel Piñeiro, que mostra a historia dunha mestra e pedagoga de 92 anos que regresa a Muras (Lugo) a unha casa parada no tempo. Alí Antía Cal Vázquez "Tita" inicia unha conversación cos seus recordos, as imaxes dunha vida atrapadas en vellas fotografías, a paisaxe de montaña que rodea a casa e a memoria conservada en vellas cartas do amor da súa vida, Antonio Beiras.

Presentación da guía "A RIBEIRA SACRA", do historiador Manuel Garrido, na Casa do Libro

A guía A Ribeira Sacra de Manuel Garrido recolle, de forma exhaustiva, o amplo territorio situado no corazón de Galicia, a súa natureza, patrimonio monumental e información práctica totalmente actualizada.

O xoves, 19 de outubro, ás 20 horas, preséntase na Casa do Libro (rúa Mestre Vitoria, 3, zona Porta do Sol de Madrid) "A Ribeira Sacra. Guía práctica", do historiador Manuel Garrido. No acto intervén tamén o xornalista Pepe Domingo Castaño. A obra recolle, de forma exhaustiva, o amplo territorio situado no corazón de Galicia, a súa natureza, patrimonio monumental e información práctica totalmente actualizada.

"MITIC: De Sinatra a ACDC ao son da gaita", o 24 de abril no Teatro Nuevo Apolo de Madrid

1. Mitic_Cartel_1906

Nestas liñas informamos dun novo espectáculo,que leva por título "MITIC: De Sinatra a ACDC ao son da gaita", que o 24 de abril poderá verse no Teatro Nuevo Apolo de Madrid. É un proxecto pioneiro dos irmáns galegos Álvaro e Suso Costas que desprega unha nova forma de entender a gaita, instrumento capaz de interpretar a Scorpions, Bon Jovi, Edith Piaf, The Mamas & The Papas, Europe ou Carlos Gardel...

As entradas están á venda en atrapalo.com, ticketea, ticketmaster e no propio despacho de billetes do teatro.

O grupo galego Radio Cos presenta en directo o seu segundo traballo discográfico titulado "Pasatempo"

Cartel do concerto na sala Galileo-Galilei.

O grupo galego Radio Cos presenta en directo o seu segundo traballo discográfico titulado "PasatempoDespois do éxito do primeiro disco (2013), virando por multitude de festivais europeos, Radio Cos son seleccionados na revista Folk in Roots dentro do ránking dos mellores discos do ano. Tamén entran na prestixiosa lista World Charts Music de éxitos musicais ese mesmo ano, e son grupo oficial do Womex 2016.

En "Pasatempo", o seu novo traballo, continúan no empeño de visibilizar as cancións tradicionais de Galicia, repertorio que é froito do seu intenso traballo de investigación de campo, interpretándoas e traéndoas aos nosos días sen renunciar a mesturalas con outras tradicións irmás doutras partes do mundo.

A pintora pontevedresa Lucía Area expón en Madrid

Cartel da exposición.

A pintora pontevedresa Lucía Area (Marín, 1949) expón a mostra "Naturaleza" na sala de Madrid Espacio Cultural SDI (C/ Barceló, 13), desde o 4 ao 31 de marzo. O acceso é gratuíto.

Proxéctase en Madrid "A praia dos afogados" en versión orixinal galega

O próximo 17 de novembro proxectarase en Madrid a película "A praia dos afogados" en versión orixinal galega; será ás 20,30 horas nos Cinemas Princesa. Tras a proxección haberá un coloquio no que participarán o director da película, Gerardo Herrero, e o autor da novela na que se basea, Domingo Villar.

Presentación do libro "Artes subversivas para cultivar jardines", da escritora galega Teresa Moure

Madrid, 19 de setembro de 2014. - A editorial Hoja de Lata presenta en Madrid o libro "Artes subversivas para cultivar jardines", da escritora galega Teresa Moure.

Exposición de fotografías "Arte e ritual na catedral de Santiago de Compostela"

A exposición "Arte e ritual na Catedral de Santiago de Compostela", do fotógrafo Luis Gabú, mostra unha selección de vinte fotografías resultado das experiencia e das investigacións levadas a cabo polo artista sobre o Xacobeo e as peregrinacións a Santiago de Compostela.

Mostrando o intervalo 1 - 20 de 26 resultados.
  • 1
  • 2