Arde Lucus MMVIII

Mediados de Xuño

Lugo conmemora con esta festa a declaración da súa Muralla romana como Patrimonio da Humanidade.

En xuño, coincidindo sempre co fin de semana máis próximo ao solsticio de verán, a capital máis antiga de Galicia celebra a festa ?Arde Lucus?, na que se recrea o ambiente das orixes romanas da cidade, fundada hai case 2.000 anos por Paulo Fabio Máximo. Esta o a sétima edición da festa, que xa se consolidou como un acontecemento local no que participa sobre todo a mocidade lucense.

Durante estas 3 xornadas, e sempre ao redor da Muralla, única no mundo, personaxes ataviados de romanos, ?castrexos? indíxenas e bárbaros doutras procedencias protagonizarán batallas, ofrendas aos deuses, carreiras de cuádrigas, loitas de gladiadores, un campamento e un circo, xogos malabares, un mercado da época, concertos e mesmo vendas de escravos. Todo iso nunha contorna acondicionada e ambientada na época.

O Concello de Lugo convoca varios concursos de decoración, vestimenta, etc., nos que se pode inscribir todo o mundo coa única condición de ir caracterizado coa temática da festa. Os premios son variados, destacando entre eles a posibilidade de participar no "Comilonum", banquete "á romana" que se celebra o domingo ao redor da Muralla e cuxo menú e ambientación foron acordados por varios restaurantes da cidade.

Lugo volve ser por uns días "Lucus Augusti", e todo o que a visite ten a oportunidade de formar parte dun Imperio.

 Máis información: www.ardelucus.com

Imaxes