9º Outono Gastronómico. Ven a gozar da gastronomía galega nas casas de Turismo Rural

Dende o 11 de setembro ao 13 de decembro *  de 2015, as casas de Turismo Rural de Galicia celebran o seu 9º Otoño Gastronómico, patrocinado por Turismo de Galicia.

Cada unha das casas rurais particpantes nesta promoción ofrecerá dous menús diferentes, exclusivamente concibidos para a ocasión.

A oferta do "Menú Outono gastronómico" inclúe os entrantes, primeiros e segundos pratos, sobremesas, cafés ou infusións, viños de denominación de orixe galega ou outras bebidas polo global de 30 €/persona (ive incluído).

Tamén se ofrece a posibilidade de adquirir o "Paquete Outono Gastronómico" que permite degustar o menú outono gastronómico e pernoctar na casa de turismo rural elixida, incluíndo os almorzos do seguinte día dentro da oferta. O paquete inclúe:

1 menú outono gastronómico por persoa + aloxamento e almorzo nunha das casas de turismo rural participantes nesta promoción (noite de venres ou sábado a escoller). O prezo é de 120 € /2 persoas en cuarto dobre ou de 80 €/1 persoa en cuarto individual (ive incluído).


Pero a mellor opción é a oferta completa da "Fin de semana Outono Gastronómico", que inclúe:

2 menús outono gastronómico por persoa + aloxamento e almorzos nunha das casas de turismo rural participantes nesta promoción (noite de venres e de sábado). O prezo é de 200 €/2 persoas en cuarto dobre ou de 140 €/1 persoa en cuarto individual (ive incluído). 
 

E se queres compartir coa familia esta fin de semana tan especial podes apuntarte á oferta da "Fin de Semana Familiar Outono Gastronómico"que inclúe dúas posibilidades:

Familiar con 1 nen@ (ata 14 anos): 2 menús outono gastronómico por cada adulto e dous menús infantís por nen@, aloxamento en cuarto dobre con cama supletoria (noites de venres e de sábado) e almorzos para toda a familia os dous días. O prezo é de 260 €/dous adultos + 1 nen@ (ive incluído). 

Familiar con 2 nen@s (ata 14 anos): 2 menús outono gastronómico por cada adulto e dous menús infantís por cada nen@, aloxamento en dous cuartos dobres (noites de venres e de sábado) e almorzos para toda a familia os dous días. O prezo é de 300 €/ 2 adultos + 2 nen@s(ive incluído). 

(*) Ofertas válidas en venres, sábados e domingos do 11 de setembro ao 13 de decembro de 2015, agás as fins de semana do 30 de outubro ao 1 de novembro e  a do 4 ao 6 de decembro.

 

Consulta a Guía de menús e casas de Turismo Ruralparticipantes, no enlace: http://www.turgalicia.es/presentacion-outono-gastronomico-2015?langId=gl_ES

Imaxes