Hoy
--
La Casa de Galicia en Madrid presenta Seica en Madrid, una exposición del artista gallego Xesús Carballido que invita a descubrir una forma diferente de mirar y entender el arte.A través de collages, ensamblajes y composiciones elaboradas con objetos cotidianos y materiales recuperados, el artista transforma elementos aparentemente olvidados en nuevas creaciones llenas de significado. Una...
Próximos eventos
Non hai próximos eventos
Eventos pasados
No acto presentaranse as novidades sobre a participación de Turismo de Galicia na próxima edición de FITUR, que se celebrará en Madrid do 30 de xaneiro ao 3 de febreiro.
Os módulos nos que se dividirá o stand de Galicia en Fitur 2013 serán: Xeodestinos; Experiencias; Turismo de Cidade e Camiño de Santiago. Ademais, volverá a instalarse un dos espazos tradicionalmente máis visitados que é o dedicado á gastronomía, que será atendido polos alumnos do Centro Superior de Hostelería de Galicia.
Na sala de actos de stand de Galicia celebraranse case vinte presentacións de...
Durante o acto farase entrega da distinción "Mestre de Periodistas" a Antonio D. Olano a título póstumo, que será recollida pola súa familia.
ANTONIO DOMÍNGUEZ OLANO (Villalba, Lugo) traballou nos diarios El Alcázar e Pueblo. Como autor teatral estreou trinta obras en España e noutros países.
Foi corresponsal de guerra, colaborador da Cadena Ser durante 40 anos, guionista de cine e radio, poeta e biógrafo e amigo persoal de Pablo Picasso a quen dedicou parte da súa obra literaria, e Salvador Dalí.
Foi comentarista taurino e cronista de Madrid. Escribiu, xunto ao seu mestre...
Esta obra, libro-homenaje por parte de los periodistas Enrique Beotas, Sergio Casquet y Pedro Sempere, es una publicación limitada, dedicada al sector especializado y al coleccionismo, e impresa en una cuidada edición. La obra es un diccionario vital en torno a la visión poliédrica del artista, que contiene un álbum con fotos inéditas y una reproducción a color barnizada del tríptico "Casa das sete yemas".
.
JOSÉ MARÍA LUGILDE PENA nace en Lugo no Barrio da Ponte, outubro 1944. Estudia debuxo e pintura na Escola de Artes e Oficios da Fundación Bolaño Rivadeneira, en Lugo. En 1968 emigra ao Brasil, traballando como matriceiro en fábricas e continúa os seus estudos artísticos nas Escolas de Arte do Estado de Sâo Paulo (gravado, pintura, escultura e deseño industrial). Socio Fundador da Asociación de Artistas Plásticos de Lugo.
A arte de Lugilde é surrealista, pois todas as súas obras teñen unha historia irreal, e todos os elementos que a compoñen, a súa explicación. Non hai nada colocado por...
ESPERANZA LEMA BOUZAS realizou o bacherelato no colexio das Trinitarias de Noia, onde asistiu a clases privadas de debuxo e pintura. Posteriormente cursou estudos no Colexio San Pelaio de Santiago de Compostela e no Instituto Rosalía de Castro da mesma cidade, onde tivo como profesor de debuxo a Rodríguez Roble. Moi nova deixou a actividade artística ata que foi a vivir a Vigo coa súa familia. Alí matriculouse na Universidade Popular (antiga Escola de Artes e Oficios Artísticos) na disciplina de talla en madeira. Mentres tanto volveu a pintar pola súa...
O bisneto e biógrafo do historiador pontevedrés, Celso García de la Riega, impartirá a conferencia "Cristóbal Colón Galego", na que actualizará a teoría do seu bisavó, o cal, hai 114 anos, formulou a posibilidade do nacemento do descubridor de América no veciño municipio de Poio.
Nesta conferencia Guillermo García de la Riega fará a actualización da tese coloniana, coincidindo coa apertura dos documentos que utilizou para levar a cabo o estudo da tese, abertos o pasado mes de xuño, tras 98 anos de permanecer pechados por expreso desexo do historiador.
Celso García de la Riega estivo...
Con motivo desta homenaxe poderá verse a obra de Isaac Díaz Pardo O crimen de Londres. A criada que estrangulou á súa ama pola música (16 debuxos orixinais de Isaac Díaz Pardo realizados en tinta china sobre papel, 50 x 60 cm, en 1977), nun vídeo que ademais se proxectará en varias pantallas situadas no hall de recepción da Residencia de Estudiantes.
Participan neste acto: Manuel Aznar Soler, Antonio Bonet Correa, José García-Velasco, Alfonso Paz-Andrade, Nicolás Sánchez-Albornoz e Ramón Villares.
O vindeiro día 18 de decembro, ás 19:00 horas, a delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia celebrrá o Acto solemne de peche do ano 2012, que foi especialmente abondoso tanto en número de actividades como na relevancia destas.
No transcurso do acto efectuarase a entrega de Diplomas a diversas personalidades, onde se recoñecen os valores profesionais e humanos así como a colaboración e apoio recibido a esta Institución. Ese ano reciben a distinción: Darío Villanueva Prieto, secretario da Real Academia Española; Manuel Seixas Calviño, empresario; Antonio Fernández de Buján y Fernández,...
En los llamados siglos oscuros del Alto Medievo italiano, entre los años 891-932, tres mujeres se hicieron con el poder en la sombra en Roma y manejaron sin pudor el papado. A lo largo de esos cuarenta años, quince papas ocuparon la cátedra de Pedro; papas que fueron en ocasiones seducidos, en otras embaucados, amados, en ocasiones, y algunos, tal vez, asesinados. Uno de ellos, incluso, fue sacado del sepulcro a los nueve meses de ser enterrado y, vestido con los paramentos pontificales, juzgaron su cadáver en la basílica de Letrán y tiraron sus restos al Tíber, en respuesta a las artimañas...
GABRIEL ELORRIAGA FERNÁNDEZ (Ferrol, 1930) é avogado, xornalista e político. Parlamentario de longa e importante traxectoria desde que, en 1982, fora elixido deputado a Cortes por Castellón. Licenciado en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid, ocupou diferentes cargos: foi responsable de publicacións do Instituto de Estudios Políticos, xefe do Gabinete Técnico do Ministerio de Información e Turismo (1962-1969), gobernador civil de Santa Cruz de Tenerife (1969-1971) e delegado do Servizo de Publicacións do Ministerio de Traballo.
É autor de numerosos libros, entre os que destacan...