Próximos eventos

Luisa Rubines (Lugo, 1967). Licenciada en Arte e Novas Tecnoloxías pola Universidade London College of Printing (1999) e Master en Medios Audiovisuais pola Universidade de Westminster (2001). Paralelamente, realiza as súas primeiras exposicións fotográficas en Londres, España e Alemaña: "A Matanza do Porco", "Los Niños de la Calle" e "Mujeres del Mundo". O seu seguinte traballo, a exposición "De Oca a Oca por el Camino de Santiago" presentouse de forma monográfica no Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela (2004). Algunhas fotografías da citada mostra, forman parte da obra...
Neste acto intervirán o presidente de Hospedaje da Asociación Hostelería Compostela, José Manuel Otero; e o coordinador da guía, Aser Álvarez. O Camiño Inglés é o máis descoñecido de todos os camiños que levan á cidade de Santiago. É o itinerario menos frecuentado e unha das poucas rutas xacobeas aínda por descubrir, debido a un olvido secular que fixo deste itinerario a alternativa ideal para os que buscan unha experiencia auténtica á marxe de masificacións e carreiras para chegar ata o seguinte albergue. Menos do 2% dos peregrinos que chegan a Compostela escollen esta ruta milenaria e...
No acto presentaranse as novidades sobre a participación de Turismo de Galicia na próxima edición de FITUR, que se celebrará en Madrid do 30 de xaneiro ao 3 de febreiro. Os módulos nos que se dividirá o stand de Galicia en Fitur 2013 serán: Xeodestinos; Experiencias; Turismo de Cidade e Camiño de Santiago. Ademais, volverá a instalarse un dos espazos tradicionalmente máis visitados que é o dedicado á gastronomía,  que será atendido polos alumnos do Centro Superior de Hostelería de Galicia. Na sala de actos de stand de Galicia celebraranse case vinte presentacións de...
Durante o acto farase entrega da distinción "Mestre de Periodistas" a Antonio D. Olano a título póstumo, que será recollida pola súa familia. ANTONIO DOMÍNGUEZ OLANO (Villalba, Lugo) traballou nos diarios El Alcázar e Pueblo. Como autor teatral estreou trinta obras en España e noutros países. Foi corresponsal de guerra, colaborador da Cadena Ser durante 40 anos, guionista de cine e radio, poeta e biógrafo e amigo persoal de Pablo Picasso a quen dedicou parte da súa obra literaria, e Salvador Dalí.  Foi comentarista taurino e cronista de Madrid. Escribiu, xunto ao seu mestre...
Esta obra, libro-homenaje por parte de los periodistas Enrique Beotas, Sergio Casquet y Pedro Sempere, es una publicación limitada, dedicada al sector especializado y al coleccionismo, e impresa en una cuidada edición. La obra es un diccionario vital en torno a la visión poliédrica del artista, que contiene un álbum con fotos inéditas y una reproducción a color barnizada del tríptico "Casa das sete yemas". .
JOSÉ MARÍA LUGILDE PENA nace en Lugo no Barrio da Ponte, outubro 1944. Estudia debuxo e pintura na Escola de Artes e Oficios da Fundación Bolaño Rivadeneira, en Lugo. En 1968 emigra ao Brasil, traballando como matriceiro en fábricas e continúa os seus estudos artísticos nas Escolas de Arte do Estado de Sâo Paulo (gravado, pintura, escultura e deseño industrial). Socio Fundador da Asociación de Artistas Plásticos de Lugo. A arte de Lugilde é surrealista, pois todas as súas obras teñen unha historia irreal, e todos os elementos que a compoñen, a súa explicación. Non hai nada colocado por...
ESPERANZA LEMA BOUZAS realizou o bacherelato no colexio das Trinitarias de Noia, onde asistiu a clases privadas de debuxo e pintura. Posteriormente cursou estudos no Colexio San Pelaio de Santiago de Compostela e no Instituto Rosalía de Castro da mesma cidade, onde tivo como profesor de debuxo a Rodríguez Roble. Moi nova deixou a actividade artística ata que foi a vivir a Vigo coa súa familia. Alí matriculouse na Universidade Popular (antiga Escola de Artes e Oficios Artísticos) na disciplina de talla en madeira. Mentres tanto volveu a pintar pola súa...
O bisneto e biógrafo do historiador pontevedrés, Celso García de la Riega, impartirá a conferencia "Cristóbal Colón Galego", na que actualizará a teoría do seu bisavó, o cal, hai 114 anos, formulou a posibilidade do nacemento do descubridor de América no veciño municipio de Poio. Nesta conferencia Guillermo García de la Riega fará a actualización da tese coloniana, coincidindo coa apertura dos documentos que utilizou para levar a cabo o estudo da tese, abertos o pasado mes de xuño, tras 98 anos de permanecer pechados por expreso desexo do historiador. Celso García de la Riega estivo...
Con motivo desta homenaxe poderá verse a obra de Isaac Díaz Pardo O crimen de Londres. A criada que estrangulou á súa ama pola música (16 debuxos orixinais de Isaac Díaz Pardo realizados en tinta china sobre papel, 50 x 60 cm, en 1977), nun vídeo que ademais se proxectará en varias pantallas situadas no hall de recepción da Residencia de Estudiantes. Participan neste acto: Manuel Aznar Soler, Antonio Bonet Correa, José García-Velasco, Alfonso Paz-Andrade, Nicolás Sánchez-Albornoz e Ramón Villares.
O vindeiro día 18 de decembro, ás 19:00 horas, a delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia celebrrá o Acto solemne de peche do ano 2012, que foi especialmente abondoso tanto en número de actividades como na relevancia destas. No transcurso do acto efectuarase a entrega de Diplomas a diversas personalidades, onde se recoñecen os valores profesionais e humanos así como a colaboración e apoio recibido a esta Institución. Ese ano reciben a distinción: Darío Villanueva Prieto, secretario da Real Academia Española; Manuel Seixas Calviño, empresario; Antonio Fernández de Buján y Fernández,...