Entrega do Premio "Memorial José Antonio Díaz Reneses aos Valores da Tuna" ao Museo Casa de la Troya (Santiago de Compostela)

Eventos
02/24/2020
02/24/2020
24/02/2020

Entrega do Premio "Memorial José Antonio Díaz Reneses aos Valores da Tuna" ao Museo Casa de la Troya (Santiago de Compostela)

-

No transcurso do acto lembrarase a figura de Alejandro Pérez Lugín no 150 Aniversario do seu nacemento; proxectarase o documental "A Compostela de La Casa de la Troya" e haberá unha actuación musical a cargo de "Troyanos de Compostela" da Asociación de Antiguos Tunos Compostelanos.

O premio "Memorial José Antonio Díaz Reneses aos Valores na Tuna" na súa edición 2019 recaeu no Museo Casa de la Troya, de Santiago de Compostela, polo respecto e o traballo pola conservación e a promoción do patrimonio cultural da nosa irmandade universitaria.

La Casa de la Troya, que é a casa común das Tunas no mundo, actualmente é un museo que recrea a antiga pensión estudantil inmortalizada por Alejandro Pérez Lugín na súa novela do mesmo título.

O premio "Valores na Tuna" foi instituido en 2017 por un grupo de antigos tunos para destacar anualmente ás persoas e institucións que dentro do seu colectivo representan fielmente os valores, actitudes e calidades inherentes ao espírito da tuna que os orgullecen e das que facen bandeira polo mundo como grupo humano. O seu recoñecemento é o obxectivo central deste galardón.

24 Febrero 2020
Eventos
Imaxes