Lectura dramatizada "O INCERTO SEÑOR DON HAMLET. PRÍNCIPE DE DINAMARCA"

Eventos
01/24/2012
01/24/2012
24/01/2012

Lectura dramatizada "O INCERTO SEÑOR DON HAMLET. PRÍNCIPE DE DINAMARCA"

-

O martes, 24 de xaneiro, ás 20 horas, terá lugar una lectura dramatizada da obra de Álvaro Cunqueiro "O INCERTO SEÑOR DON HAMLET, PRÍNCIPE DE DINAMARCA", a cal estará dirixida por Mercedes Castro.

Nesta obra, Hamlet recibe unha noticia: non é fillo do seu pai lexítimo (o rei envelenado) senón do seu tío Halmar (o asasino e usurpador). A desolación e o vento apoderaranse de Elsinor. Trátase dunha obra única de Álvaro Cunqueiro cun texto lírico, intertextual e complexo que leva implícito ritmo, musicalidade e unha escritura marabillosa. Unha obra na que se equilibran as forzas: amor e morte. Toda a traxedia xira arredor da responsabilidade humana nun mundo en descomposición. A obra establece pontes entre tradicións culturais. Cunqueiro toma o mito de Hamlet e fai del unha reinterpretación orixinal mesturando el mito nórdico de Hamlet co clásico de Edipo e adaptándoo á sociedade actual.

Nesta lectura participan Antón Belmonte, Uxía Gonzálvez, Mikel Insua, Berta Ojea, Pablo Paz, Alber Ponte e María Vázquez.

24 Enero 2012
Eventos