Presentación do cómic "La espada de San Eufrasio. Un pacto con Satanás", de Pepe Rey, Miguel Fernández e Manuel López Poy, publicado por Diábolo Ediciones

Eventos
02/27/2020
02/27/2020
27/02/2020

Presentación do cómic "La espada de San Eufrasio. Un pacto con Satanás", de Pepe Rey, Miguel Fernández e Manuel López Poy, publicado por Diábolo Ediciones

-

Intervirán no acto: Pepe Rey, Miguel Fernández e Manuel López Poy, autores da obra; e Lorenzo Pascual, editor de Diábolo Ediciones.

Os guionistas Pepe Rey e Manuel López Poy e o debuxante de Baralla Miguel Fernández regresan coa terceira entrega do cómic A espada de San Eufrasio. Un pacto con Satanás. A obra leva aos lectores ás loitas polo control do territorio e do Camiño de Santiago nos anos previos á Revolta Irmandiña.

Neste terceiro tomo avanza a conspiración que dá lugar á Revolta Irmandiña e introdúcense novos personaxes, como o mercenario don Nuño e o seu escolta, o mouro Mahmid.

Primavera de 1495. Mentres no Reino de Castela sucédense as intrigas pola sucesión de Enrique IV, en Galicia a guerra entre os señores feudais tórnase máis cruel e desapiadada cada día. O Bispo de Lugo, o Arcebispo de Santiago e os condes de Lemos e Benavente pelexan encarnizadamente polo control do territorio e sobre todo pola posesión do Camiño de Santiago e as riquezas que por el circulan. No medio de todo iso, Rosendo e a súa familia, uns campesiños expulsados das súas terras e obrigados a converterse en bandoleiros, loitan por recuperar a súa casa e sobrevivir na contorna hostil da montaña galega, atrapados nunha guerra de todos contra todos na que irrompen con forza dous novos personaxes: o mercenario Don Nuño e o seu escolta, o mouro Mahmid.

Pugnan por este itinerario porque telo era unha fonte de poder, ademais era unha vía de comunicación con Castela, onde hai un rei "moi débil". Doutra banda están os bandoleiros, para os que o roteiro xacobeo supón unha fonte de recursos, unha vía para facerse con cartos e mercadorías.

"Un pacto con Satanás" está ambientado en Lugo, Monforte, Os Ancares, o Camiño de Santiago e Sarria. Precisamente a nova entrega comeza no interior da catedral de Lugo, cidade que cobra especial protagonista. Sarria tamén ten un papel importante na pelexa entre o bispo de Lugo e o conde de Lemos. O guionista destaca o traballo de recreación levado a cabo por Miguel Fernández.

27 Febrero 2020
Eventos
Imaxes