Presentación do DVD da película "EL VIENTRE DE EUROPA", de Juan Pinzás

Eventos
10/09/2018
10/09/2018
09/10/2018

Presentación do DVD da película "EL VIENTRE DE EUROPA", de Juan Pinzás

-

No acto intervirá Fernando Alonso Barahona, escritor e analista cinematográfico; Diego Moldes, escritor e historiador de cinema español; e Juan Pinzás, director e guionista de cinema.

Nesta orixinal proposta de cinema europeo de autor, Julián Pintos, alter ego do cineasta Juan Pinzás, no seu universo onírico, realiza unha viaxe introspectiva desde o ventre da nai ao ventre de Europa sen romper o cordón umbilical.

Julián acharase perdido entre o neno que foi, o home que agora é, o amor da súa nai e a dualidade da muller á que ama. Todo iso nas entrañas de dous capitais europeas polas que deambula, Berlín e Madrid, que co seu pasado e presente suscitan os soños e turbacións de Julián.

Preséntase, pois, unha excelente edición da película, con 70 minutos de material adicional que inclúen o "decálogo pinzasiano", comentado polo propio director.

 

09 Octubre 2018
Eventos
Imaxes