Presentación do libro de relatos "PASIONES, MISERIAS Y OTRAS NOSTALGIAS", de Luis Miguel Sánchez, editado por El taller del poeta

Eventos
06/25/2015
06/25/2015
25/06/2015

Presentación do libro de relatos "PASIONES, MISERIAS Y OTRAS NOSTALGIAS", de Luis Miguel Sánchez, editado por El taller del poeta

-

En "Pasiones, miserias y otras nostalgias", combínanse situacións cotiás e outras non tanto, que profundan nalgunhas emocións comúns coas que resulta sinxelo sentirse identificado. Relatos e reflexións onde se abordan temas como a paixón por vivir, o amor non correspondido, a loita da muller, as inxustizas, a soidade como compañeira e un pasado que non deixa de supurar recordos.

No acto de presentación do libro intervirán, ademais do autor, Nieves Gallardo Cañaveras, escritora; Beatriz Tante, escritora e guionista; e Fernando Luis Pérez Poza, poeta e editor.

Luis Miguel Sánchez retrata con sutileza poética ou sen andrómenas a vulnerabilidade humana.

Trátase dunha selección de relatos nos cales o autor salta do amor máis puro e apaixonado ao desamor máis traizoeiro; do amor pola vida ao abandono desta á súa mala sorte; da añoranza do ser humano por vivir e non por sobrevivir.

Luis Miguel Sánchez, nacido en Madrid en 1975. Pertence á Asociación cultural PAPEL Y PLUMA de Alcobendas (Madrid). Colaboracións en libros: "Sinfonía de papalbras" e "Sinfonía de palabras 2014" con varios relatos e prosas poéticas, co patrocinio de PAPEL Y PLUMA; "Alas para todo el trayecto" cun relato e "Grito de Mujer 2015", con varios poemas.

25 Junio 2015
Eventos
Imaxes