Presentación do libro "LOS PAVOS TRUFADOS", de VICENTE ARAGUAS, publicado pola editorial Lastura

Eventos
01/23/2019
01/23/2019
23/01/2019

Presentación do libro "LOS PAVOS TRUFADOS", de VICENTE ARAGUAS, publicado pola editorial Lastura

-

O escritor e crítico literario Vicente Araguas presenta unha selección de textos que falan sobre "a idade do pavo" e a súa revolución, nos que os adolescentes son os auténticos protagonistas. O autor promete ao lector emoción, conmoción e diversión.

Acompañarán ao escritor no acto de presentación, Lidia López Miguel, editora.

Vicente Araguas, doutor en Filoloxía Inglesa, poeta, xornalista e narrador, presenta a súa última obra, un libro de relatos e personaxes que viven ou reviven o tempo perplexo indeciso e revolucionario da adolescencia, a febril "idade do pavo" a través da experiencia propia e allea deste momento da vida que transcorre de forma tenra é á vez feroz.

VICENTE ARAGUAS (Neda, Coruña, 1950) É un todoterreo da literatura, ben que con especial atención á poesía. No territorio narrativo é autor de dúas novelas en galego, Agora xa foi e A canción do verán e dun volume de relatos, Xuvia -Neda, do que hai tradución ao castelán co mesmo título. Nos dio por llorar mientras llovía é o seu primeiro volume de relatos escrito directamente en español. Vicente Araguas vén exercendo a crítica literaria, en "El Urogallo", "Revista de Libros" e "Leer", á vez que o xornalismo de opinión e "de batalla" en practicamente toda a prensa galega. En Lastura tamén participou nas obras colectivas Filografías e Esferografías.

23 Enero 2019
Eventos
Imaxes