Presentación do libro, publicado por Ophiusa Editorial, "UNA AVENTURA EUROPEA", de Domingo Goás Chao

Eventos
11/13/2012
11/13/2012
13/11/2012

Presentación do libro, publicado por Ophiusa Editorial, "UNA AVENTURA EUROPEA", de Domingo Goás Chao

-

Domingo Goás Chao foi o primeiro avogado español que interveu en Estrasburgo diante da Comisión Europea dos Dereitos Humanos. Precisamente, o libro aborda, entre outros temas, a súa experiencia no lonxano ano 1980.

DOMINGO GOÁS CHAO realizou os seus estudos primarios en Vilalba e o bacherelato en Vigo. Estudou Dereito na Universidade Complutense de Madrid e especializouse en Dereito Urbanístico. Desempeñou os cargos de asesor da Dirección Xeral de Promoción do Turismo no Ministerio de Información e Turismo, asesor da Comisión Central de Saneamento do Ministerio da Gobernación, colaborador de Tecniberia S.A. no Planeamento de Sudesul en Brasil, asesor do Ministerio de Información en Venezuela e director do Departamento Inmobiliario da Unión Resineira Española S. A.

Interveu profesionalmente nuns 200 Plans de Ordenación Urbana, tanto xerais como parciais, turísticos, especiais, PERIs e proxectos de compensación. Foi vocal da primeira Asamblea hispano-luso-americana de Turismo.

Foi o pregoeiro das Festas de San Ramón e Santa María en Vilalba en 1989. Foi nomeado Lucense do Ano 2007. É fundador e presidente da "Cofradía del Capón de Villalba", que promove e financia degustacións do capón nos mellores restaurantes de España.

Nesta obra cóntase a historia dunha posible inxustiza cometida pola Comisión Europea dos Dereitos Humanos, cuxa Resolución o autor abstense  de comentar por agora a fin de que o lector opine con libertade de espírito sobre aquela.

Segundo palabras do autor no prólogo do libro, "a obra está baseada en feitos reais. O cronista, presente en moitos lugares onde ocorreron os feitos, coñeceu persoalmente aos personaxes e, sobre eles, novelou canto lle veu á mente".

13 Noviembre 2012
Eventos