Presentación do primeiro poemario en galego "O DONO DO DERRADEIRO MINUTO. Cincuenta poemas en galego", de Luis García Montero

Eventos
01/20/2020
01/20/2020
20/01/2020

Presentación do primeiro poemario en galego "O DONO DO DERRADEIRO MINUTO. Cincuenta poemas en galego", de Luis García Montero

-

Trátase dunha antoloxía da súa poesía onde hai poemas de case todos os seus libros, versos escritos ao longo de máis de trinta anos.

É, pois, unha mostra da súa poesía traducida ao galego por Isaac Xubín.

Participarán no acto de presentación: Pablo Bonet, secretario dos libreiros de Madrid, poeta e escritor; Isabel Patiño Amboage, directora de Tulipa Editora; e Sabela García, que acompañará ao autor recitando en galego unha selección de poemas.

LUIS GARCÍA MONTERO naceu en Granada en 1958. Poeta, crítico literario e profesor da Universidade de Granada. Desde o 2018 é Director do Instituto Cervantes.

Recibiu numerosos premios, entre eles, o premio Federico García Lorca, o premio Loewe, o premio Adonáis, o Premio Nacional de Poesía en 1995 e o Premio Nacional da Crítica en 2003.

Publicou máis de cincuenta libros de poesía desde Y ahora ya eres dueño del puente de Brooklyn en 1980 ata La puerta cerrada no 2017.

Tamén editou numerosos ensaios e tres novelas. Traducido a numerosos idiomas, este é o seu primeiro libro traducido ao galego.

20 Enero 2020
Eventos
Imaxes