CONCERTO DA SOPRANO CELICIA LAVILLA, FILLA DE TERESA BERGANZA, NA CASA DE GALICIA

Notas de prensa
05/04/2023
05/04/2023
04/05/2023

CONCERTO DA SOPRANO CELICIA LAVILLA, FILLA DE TERESA BERGANZA, NA CASA DE GALICIA

O director da Casa de Galicia, Juan Serrano participou no concerto ofrecido pola soprano Cecilia Lavilla, filla de Teresa Berganza, mezzosoprano considerada unha das intérpretes máis importantes da súa época de Rossini, Mozart e Bizet. 

Serrano mostrouse agradecido a Román Padín, licenciado en Dereito e doutor en Belas Artes pola Universidade de Vigo, e que colabora con diversos sectores industriais, comerciais e artísticos, e que foi o impulsor desta  desta iniciativa, que é complementaria á  exposición  co que se conmemora o  30 aniversario da estrea das Cancións Xacobeas de Antón García Abril interpretadas por Teresa Berganza.

Cecilia Lavilla fíxose acompañar ao piano por Miguel Ituarte. Xuntos interpretaron composicións de Marcial do Adaíl, Rogelio Groba e Antón García Abril.
 

04 Maio 2023
Notas de prensa
Imaxes