A Casa de Galicia acolleu a presentación en Madrid do I Festival Internacional Rias Baixas, de música, danza e teatro

Notas de prensa
04/11/2011
04/11/2011
11/04/2011

A Casa de Galicia acolleu a presentación en Madrid do I Festival Internacional Rias Baixas, de música, danza e teatro

A Casa de Galicia acolleu esta mañá a presentación en Madrid do I Festival Internacional Rías Baixas, de Música, Danza e Teatro, que terá lugar na provincia de Pontevedra entre os días 1 e 23 do próximo mes de xullo, unha iniciativa do actor Sancho Gracia, o produtor Celestino Aranda e o director de escena, Miguel Narros, que codirixen o evento. O Festival conta co apoio institucional da Deputación de Pontevedra, da Consellería de Turismo e Cultura da Xunta de Galicia, do Ministerio de Cultura e da Secretaría Xeral Iberoamericana.

Madrid, 11 de abril de 2011. - A Casa de Galicia acolleu esta mañá a presentación en Madrid do I Festival Internacional Rías Baixas, de Música, Danza e Teatro, que terá lugar na provincia de Pontevedra entre os días 1 e 23 do próximo mes de xullo, unha iniciativa do actor Sancho Gracia, o produtor Celestino Aranda e o director de escena, Miguel Narros, que codirixen o evento. O Festival conta co apoio institucional da Deputación de Pontevedra, da Consellería de Turismo e Cultura da Xunta de Galicia, do Ministerio de Cultura e da Secretaría Xeral Iberoamericana.

Na presentación do Festival interviñeron o delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, os codirectores Celestino Aranda e Sancho Gracia, o director da Axencia Galega dás Industrias Culturais (Agadic), Juan Carlos Fernández Fasero, e o vicepresidente da Deputación de Pontevedra, José Juan Durán Hermida. Entre os participantes no acto estaban o embaixador de Uruguai, Carlos Pita, o cónsul de Uruguai en Galicia, Marta echarte, Miguel Narros, a soprano Carmen Acosta, que abrirá o Festival, as actrices Verónica Forqué e Maite Velasco, os actores Juan Ribó e Carlos Hipólito, o actor e director José María Flotast.

Ónega destacou a importancia do proxecto que celebrará este ano a súa primeira edición e nace que vocación de continuidade no futuro e o apoio que recibiu das institucións galegas, o que tamén agradeceu os seus responsables. Aranda sinalou que a pesar do esforzo que supón un proxecto da magnitude que significa crear un novo festival, o camiño lles resultou máis laborioso que difícil e subliñou que o propósito é convertelo nun evento cultural para Galicia e para España.

Sancho Gracia evocou cando, con once anos, saíu do porto de Vigo con destino a Uruguai como momento no que non podía imaxinarse que chegaría a dirixir un festival de teatro en Galicia. Afortunadamente, dixo, o país ao que se dirixía "é un dos máis cultos do mundo" e tivo todo tipo de facilidades para estudar. Tamén resaltou que a posta en marcha do Festival "logrouse co grande apoio da Deputación de Pontevedra e da Consellería de Cultura de la Xunta de Galicia".

O director de Agadic, Julio Fernández, valorou que o nacemento deste novo Festival é unha boa noticia para a sociedade galega e sinalou que nel se darán cita as propostas máis suxestivas da música e a escena actual, levando a Galicia a oferta que triunfou en todo o mundo, así como que tamén contará con espazo para importantes artístas galegos, entre os que nomeou a Luz Casal e Luis Tosar.

José Juan Durán, vicepresidente da Deputación de Pontevedra, explicou que o festival é un proxecto "que tiña entre cella e cella" Sancho Gracia, "quen quizais sente como poucos a Galicia" e mantivo que "vai marcar un antes e un despois na programación cultural de Galicia". Recordou así mesmo que Rías Baixas é a marca por antonomasia da provincia de Pontevedra, vinculada ao turismo, e que o festival, "unha cita a alto nivel", se desenvolverá nun dos meses de maior afluencia de turistas e contribuirá ao desenvolvemento da provincia.

Entre os artistas e grupos que actuarán no festival están Carmen Acosta, Ross Craigmile, L ´ orchestre d´homes orchestres, Domingo-Wan Im, Luis Tosar, Ballet Nacional de Uruguai, Miguel Narros, Verónica Forqué, Sondeseu, Teresa Berganza, Carolyn Carlson, Jacky Berger, Ballet Nacional de España, La, La, La Human Steps, Sancho Gracia, Ana Belén, Rosa Torres-Pardo, Manolo Matji e Luz Casal. Tamén haberá mesas de debate sobre a cultura e o periodismo e a arte na sociedade.

11 Abril 2011
Notas de prensa
Imaxes